O Parlamento de Galicia estrea páxina web

 

Éncheseme a boca ao dicir que -por fin- o Parlamento de Galicia abre una páxina web onde os foros, os correos electrónicos dos deputados e as conversacións instantáneas non son elementos enrarecidos. Hoxe a cámara galega presentou públicamente o seu espacio web. Polo momento aínda está falto de contidos (os foros non teñen temas, hai páxinas esperando a ser completadas polos usuarios, entre outras observacións) pero ben é certo que ten varios aspectos interesantes, entre eles “lexisla con nós“, onde os cidadáns poden facer aportacións.

Seguiremos atentos a evolución deste sitio web, intentando ver cómo funciona igual que no seu momento fixemos con outros parlamentos (vendo o uso por parte dos deputados do correo electrónico, das páxinas persoais e doutras vías que permiten a interacción). En todo caso, é un bo momento para retomar e renovar o “Wikicracia“, no que Mentxu e eu nos entretiñamos fai un tempo…

Polo momento, vaia o recoñecemento ós impulsores (que non sempre son políticos).

 

Censura de comentarios en bitácoras de políticos

A raíz da última entrada desta bicátora (que por certo foi moi ben acollida no blogomillo) xurdíu un novo tema: Os candidatos borran comentarios dos seus blogs, Como se interpreta? Ese tema, polo que puiden ver, levanta críticas entre os cidadáns que pretenden que os políticos reciban no seu blog todo tipo de comentarios e que, por suposto, non os borren.

Pois ben, creo que é preciso distinguir entre a participación canalizada a través de institucións e a participación canalizada a través de grupos políticos.

É dicir, non é o mesmo un blog (ou otra vía de interacción) que se cree dentro dunha institución (un concello, unha universidade, un parlamento) para dar cabida a tódolos cidadáns (dunha ou outra tendencia ideolóxica, de diferentes pareceres e intereses) é outra cousa moi diferente é unha bitácora dun político onde ésta persona (ou grupo), como autor do mesmo poderá dar resposta ou non a tódolos cidadáns, pero dende logo non ten a obriga de representar a todo o mundo (para algo, na súa orixe, existen os partidos, con diferentes sectores de representados). O que está claro é que, por iso, os seus contidos do blog corresponden unicamente a ese político e é totalmente lícito que eles administren os comentarios que queiran recibir. Queiramos ou non, un blog é persoal, e como tal calquera blogueiro ten o dereito de facer na súa bicátora o que considere oportuno.

Así que, aínda que nos guste máis ou menos, penso que os políticos blogueiros non só non son criticables porque elimen ou non comentarios, senón que ademáis considero que moitas veces é incluso saudable que censuren aqueles comentarios que non aportan debate, nin ideas, só insultos con certa paixón e impulsividade.

Recoñezo que a miña postura pode ser tamén criticable, pero dende logo os que defendemos a participación cidadá somos conscientes de que un dos obstáculos principais parte da mesma cidadanía e da súa actitude (pouco) cívica para enfrentarse a estos procesos.