Os candidatos ás próximas eleccións en Galicia introducen os blogs na pre-campaña electoral

Os políticos están percibindo as oportunidades que ofrece a Rede para achegarse aos cidadáns a través dos blogs ou diarios persoais en Internet. Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta, marcou un fito ao ser o primeiro candidato á Xunta de Galicia cun diario de campaña en Internet, aínda que foi sometido a críticas polos blogueiros porque non permitía comentar os artigos.

Pola súa banda, José Manuel Lage Tuñas, deputado socialista no Parlamento de Galicia, foi nesta comunidade o primeiro parlamentario con blog, no ano 2004: “Ninguén dera pasos nesta dirección, sentíame un pouco raro naquel momento. Agora, tres anos despois, comeza a ser algo moi normal. Animo aos meus compañeiros e compañeras a que teñan o seu espazo weblog e enriquézase así o noso traballo como representantes dos cidadáns”, comentabame Lage Tuñas nun correo electrónico.

A un mes de tres días das eleccións municipais, nas principais cidades galegas algúns dos candidatos estanse apuntando a última hora á moda dos blogs, mentres que outros tratan de actualizar unha bitácora creada non máis alá do ano pasado.

Un dos máis recentes na blogosfera galega é o candidato á alcaldía da Coruña, Enrique Téllez León, que o pasado 28 de febreiro presentou públicamente a súa bitácora persoal en Internet.

Detalladamente, a cidade herculina é a que conta con máis candidatos con blog. O político do PPdeG, Carlos Negreira, ten unha bitácora realizada por un grupo de apoio, pero non polo propio candidato; e o actual alcalde, Javier Losada dispón dunha páxina persoal incluída na web do Concello, pero non dun blog. O resto dos políticos que se presentan á alcaldía nesta cidade teñen presenza en Internet: polo BNG, o mencionado Enrique Tello e o candidato do Partido Independente, Fernando Rodríguez Carcoba. Ningún candidato do PsdeG, PPdeG, BNG e EU ten blog.

Tan só un dos candidatos que asisten ás próximas eleccións municipais nos municipios de Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra publicaron unha bitácora. En Ferrol trátase de Juan Juncal, candidato do PPdeG; en Lugo do alcalde, Xosé López Orozco, en Ourense do socialista Francisco Rodríguez; en Pontevedra de Telmo Martín, do PPdeG;e, finalmente, en Vigo, Santiago Domínguez, do BNG.

Destes sete blogs, cinco crearonse dende xaneiro deste ano e tan só dous (o alcalde de Lugo e o candidato do Partido Independente da Coruña) durante o 2006.

Unha das razóns que argumentan os políticos para publicar o seu blog é a intención de comunicarse cos cidadáns. Téllez León explica no seu blog que esta ferramenta “abre un horizonte fascinante” na relación coa xente. Sen embargo, este candidato é precisamente o único dos blogueiros mencionados que non permiten aos seus lectores comentar os seus artigos.

Como ferramentas de interacción, ademáis dos comentarios, todos menos o candidato do PPdeG en Ferrol inclúen un enderezo de correo electrónico ou un formulario, e tan só Francisco Rodríguez, do PSdeG en Ferrol, inclúe outras ferramentas para mediar as opinións dos seus lectores, neste caso unha enquisa.

Está por verse como os representantes galegos evolucionan en Internet durante estas eleccións a través dos blogs, espertan non poucas críticas entre uns cidadáns activos en Internet que esperan dos seus representantes un contacto continuo e non unhas ferramentas creadas en pre-campaña e esquecidas despois das eleccións.

Category: Uncategorized

Tagged:

16 Responses

  1. Erasmo says:

    Trabucacheste con FranciscoRodriguez é de Ourense…
    Algúns enlaces non fucan… teñen unha paréntese é final que deberas corrixir…
    Eu propóñoche seguir a análise dos candidatos nos seus blogs e para empezar a todos aqueles que NON PERMITEN ENVIAR COMENTARIOS LIBREMENTE que son case todos menos Santi - Orozco - FranciscoRodriguez non sei se me esquezo dalgún máis… A ESES DEBERAMOS DARLLES O QUE SE MERECEN…!

    Vir a Internet e pechar os blogs é cáseque un INSULTO ó CIDADÁN… non cres?

    Envioche algún blog máis por si desexas seguir co tema … Gracias polo teu traballo.

    http://www.abelcaballero.es/blog/index.php NON SE VEN COMENTARIOS POR ALÍ…?

    http://www.corinaxvigo.com/index.php?option=com_content&task=blogsection&id=10&Itemid=138
    CENSURA FORTEMENTE OS COMENTARIOS ADVERSOS É DICIR NON OS PUBLICA E PUNTO

    Sáude…

  2. Erasmo says:

    Copio eiquí a mesma proposta que fixen en CHUZA sobre a túa análise dos Blogs dos candidatos galegos nestas eleccións…

    ==============================
    Este Blog é realmente o único no que os candidados responden directamente a cada post… hoxe ven de abrir un novo servizo de NOTICIAS POR SUSCRIPCIÓN para seguir a campaña…
    http://blog.santidominguez.com/

    Este outro aínda non o investiguei a fondo…
    pero por riba parece que NON SOPORTA OS COMENTARIOS
    http://www.abelcaballero.es/blog/index.php
    (aínda que non sei moi ben para que sirve o rexistro que aparece nel?)

    Neste Blog de Corina - VIGO - ten MODERACIÓN DURA (xa parece Chuza!) e só PUBLICA aqueles post que lles parecen ben a eles… COMPROBADO PERSOALMENTE!

  3. Erasmo says:

    CONTINUACIÓN…
    ==============

    PseudoBlog de Corina:
    http://www.corinaxvigo.com/index.php?option=com_content&task=blogsection&id=10&Itemid=138

    Outro candidato vigués é Manoel Soto e o seu Partido Galeguista… que non ten blog que eu saiba pero contan con un FORO SUPERMODERADO (rexistro previo e levo unha semana para que me publiquen unha pregunta SEN EXITO POLO MOMENTO) claro que este Foro é do Partido Galeguista e non precisamente do candidato á alcaldía de Vigo…?
    http://es.groups.yahoo.com/group/partidogaleguista/

    Se alguén lle apetece facer un seguimento e ten algunha IDEA PARA FACER UNHA WEB COMPARATIVA dos Blogs dos candidatos penso que sería un bo servizo á familia internauta galega…?

  4. Eva says:

    Ola Eramo. Que bem verche por aquí, agora que xa “nos fomos” dos Cadernos (ti vexo que non :-) Moitas gracias polas túas suxestións, tereinas moi en conta. A verdade é que esta busca levoume moito tempo e só conseguín unha aproximación, por iso agradezco as túas aportacións. Vounas incluir en canto me sexa posible.
    Polo que me dis de pechar os blogs, non entendo moi ben a que te refires, pero moitas veces, na miña impresión, os políticos actúan na rede cun “quero pero non podo” (ou tal vez cun “podo pero non quero”). Os cidadáns tamén temos na nosa man algunha chave para presionar sobre estos aspectos.
    Saúdos!
    Eva

  5. YA ERA HORA QUE LO HICIERAN…

    BIENVENIDOS A LA BLOGOSFERA

    José Ramón Mateos Martín
    http://www.mateos.tk
    http://mateosformentera.blogspot.com/

  6. Erasmo says:

    Si Jose Ramón… pero no es oro todo lo que reluce… no podemos picar tan facilmente… os propongo seguir el tema hasta donde sea posible…

    VER COMENTARIOS EN CHUZA…?

    http://chuza.org/historia/blogs-dos-politicos-en-pre-campana

    Sinto non saber como se activan os enlaces neste blog… sorry!

  7. Eva says:

    José Ramón, tú eres un ejemplo en esta rama, como hemos hablado, ojalá muchos de tus colegas se vayan contagiando de tu percepción!

  8. Erasmo says:

    Eva o que quería dicir é que se os políticos ABREN blogs e OS PECHAN ós nosos comentarios NON TEÑEN perdón nin xustificación algunha…? non crés?

    Para permanecer intocables xa teñen os seus aparellos de partido para agocharse tras a oficialidade das institucións… pero se baixan á area da Internet deberamos ensinarlles que aquí non valen PREBENDAS nin MODERACIONS CENSORAS da liberdade de expresión dos cidadáns… Eles poden facer o que lles pete… e nós tamén… claro!

    Por exemplo o Foro do Partido Galeguista AVISA do seguinte:
    NOTA IMPORTANTE: atendendo a numerosas solicitudes dos suscriptores, A DIRECCIÓN DO FORO GALEGUISTA CONSIDERARÁ “SPAM” (e polo mesmo procederáse a súa eliminación) AQUELES MENSAXES NOS QUE SÓ APAREZAN LINKS A WEBS, OUTROS FOROS OU A ARTIGOS. ENTENDEMOS QUE A PARTICIPACIÓN NO FORO DEBE REALIZARSE ENVIANDO OS CONTIDOS ÍNTEGROS DAS COLABORACIÓNS E ASÍ FACILITA-LA LECTURA, SEN NECESIDADE DE IR A A OUTROS ENDEREZOS WEB, DOS INTEGRANTES DO FORO .

    O malo do asunto é a que miña mensaxe a máis de levar catro ou cinco links levoume un tempo precioso escribilo para que non apereza publicado… Vailles votar seu pai…!!!

  9. Eva says:

    Pense que poderíamos facer un wiki e … xa abrin un, empecei e poco a pouco traterei de ir metendo as vosas contribución (gracias Carme… pero dime algo máis de ti, que non conseguin ir ó teu enlace). Deixo a dirección do wiki para a vosa colaboración: http://wiki.chuza.org/wiki/Discusion:Politica

  10. Luis says:

    O bng, agas no caso de Vigo, censura os comentarios críticos.

  11. levo toda a miña vida vivindo en galicia excluenme de peon forestal por non ter o curso de galego ¿que fixen na escola cando tiña isa asignatura ?non chegou? gracias

  12. Eva says:

    Lo incluimos en el wiki ;)

  13. Estamos investigando CAMPAÑAS ELECTORALES SUCIAS en Internet y agradeceríamos noticias, referencias y contactos útiles para lo que se plantea en http://www.cita.es/alerta
    http://www.cita.es/electoral
    lo comunicado a la Junta Electoral Central http://www.cita.es/apedanica/elecciones
    y http://miguelgallardo.es/alerta/electoral

    Un saludo cordial, desde Madrid.
    http://miguelgallardo.es

Leave a Reply