O Parlamento de Galicia estrea páxina web

 

Éncheseme a boca ao dicir que -por fin- o Parlamento de Galicia abre una páxina web onde os foros, os correos electrónicos dos deputados e as conversacións instantáneas non son elementos enrarecidos. Hoxe a cámara galega presentou públicamente o seu espacio web. Polo momento aínda está falto de contidos (os foros non teñen temas, hai páxinas esperando a ser completadas polos usuarios, entre outras observacións) pero ben é certo que ten varios aspectos interesantes, entre eles “lexisla con nós“, onde os cidadáns poden facer aportacións.

Seguiremos atentos a evolución deste sitio web, intentando ver cómo funciona igual que no seu momento fixemos con outros parlamentos (vendo o uso por parte dos deputados do correo electrónico, das páxinas persoais e doutras vías que permiten a interacción). En todo caso, é un bo momento para retomar e renovar o “Wikicracia“, no que Mentxu e eu nos entretiñamos fai un tempo…

Polo momento, vaia o recoñecemento ós impulsores (que non sempre son políticos).

 

Censura de comentarios en bitácoras de políticos

A raíz da última entrada desta bicátora (que por certo foi moi ben acollida no blogomillo) xurdíu un novo tema: Os candidatos borran comentarios dos seus blogs, Como se interpreta? Ese tema, polo que puiden ver, levanta críticas entre os cidadáns que pretenden que os políticos reciban no seu blog todo tipo de comentarios e que, por suposto, non os borren.

Pois ben, creo que é preciso distinguir entre a participación canalizada a través de institucións e a participación canalizada a través de grupos políticos.

É dicir, non é o mesmo un blog (ou otra vía de interacción) que se cree dentro dunha institución (un concello, unha universidade, un parlamento) para dar cabida a tódolos cidadáns (dunha ou outra tendencia ideolóxica, de diferentes pareceres e intereses) é outra cousa moi diferente é unha bitácora dun político onde ésta persona (ou grupo), como autor do mesmo poderá dar resposta ou non a tódolos cidadáns, pero dende logo non ten a obriga de representar a todo o mundo (para algo, na súa orixe, existen os partidos, con diferentes sectores de representados). O que está claro é que, por iso, os seus contidos do blog corresponden unicamente a ese político e é totalmente lícito que eles administren os comentarios que queiran recibir. Queiramos ou non, un blog é persoal, e como tal calquera blogueiro ten o dereito de facer na súa bicátora o que considere oportuno.

Así que, aínda que nos guste máis ou menos, penso que os políticos blogueiros non só non son criticables porque elimen ou non comentarios, senón que ademáis considero que moitas veces é incluso saudable que censuren aqueles comentarios que non aportan debate, nin ideas, só insultos con certa paixón e impulsividade.

Recoñezo que a miña postura pode ser tamén criticable, pero dende logo os que defendemos a participación cidadá somos conscientes de que un dos obstáculos principais parte da mesma cidadanía e da súa actitude (pouco) cívica para enfrentarse a estos procesos.

Os candidatos ás próximas eleccións en Galicia introducen os blogs na pre-campaña electoral

Os políticos están percibindo as oportunidades que ofrece a Rede para achegarse aos cidadáns a través dos blogs ou diarios persoais en Internet. Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta, marcou un fito ao ser o primeiro candidato á Xunta de Galicia cun diario de campaña en Internet, aínda que foi sometido a críticas polos blogueiros porque non permitía comentar os artigos.

Pola súa banda, José Manuel Lage Tuñas, deputado socialista no Parlamento de Galicia, foi nesta comunidade o primeiro parlamentario con blog, no ano 2004: “Ninguén dera pasos nesta dirección, sentíame un pouco raro naquel momento. Agora, tres anos despois, comeza a ser algo moi normal. Animo aos meus compañeiros e compañeras a que teñan o seu espazo weblog e enriquézase así o noso traballo como representantes dos cidadáns”, comentabame Lage Tuñas nun correo electrónico.

A un mes de tres días das eleccións municipais, nas principais cidades galegas algúns dos candidatos estanse apuntando a última hora á moda dos blogs, mentres que outros tratan de actualizar unha bitácora creada non máis alá do ano pasado.

Un dos máis recentes na blogosfera galega é o candidato á alcaldía da Coruña, Enrique Téllez León, que o pasado 28 de febreiro presentou públicamente a súa bitácora persoal en Internet.

Detalladamente, a cidade herculina é a que conta con máis candidatos con blog. O político do PPdeG, Carlos Negreira, ten unha bitácora realizada por un grupo de apoio, pero non polo propio candidato; e o actual alcalde, Javier Losada dispón dunha páxina persoal incluída na web do Concello, pero non dun blog. O resto dos políticos que se presentan á alcaldía nesta cidade teñen presenza en Internet: polo BNG, o mencionado Enrique Tello e o candidato do Partido Independente, Fernando Rodríguez Carcoba. Ningún candidato do PsdeG, PPdeG, BNG e EU ten blog.

Tan só un dos candidatos que asisten ás próximas eleccións municipais nos municipios de Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra publicaron unha bitácora. En Ferrol trátase de Juan Juncal, candidato do PPdeG; en Lugo do alcalde, Xosé López Orozco, en Ourense do socialista Francisco Rodríguez; en Pontevedra de Telmo Martín, do PPdeG;e, finalmente, en Vigo, Santiago Domínguez, do BNG.

Destes sete blogs, cinco crearonse dende xaneiro deste ano e tan só dous (o alcalde de Lugo e o candidato do Partido Independente da Coruña) durante o 2006.

Unha das razóns que argumentan os políticos para publicar o seu blog é a intención de comunicarse cos cidadáns. Téllez León explica no seu blog que esta ferramenta “abre un horizonte fascinante” na relación coa xente. Sen embargo, este candidato é precisamente o único dos blogueiros mencionados que non permiten aos seus lectores comentar os seus artigos.

Como ferramentas de interacción, ademáis dos comentarios, todos menos o candidato do PPdeG en Ferrol inclúen un enderezo de correo electrónico ou un formulario, e tan só Francisco Rodríguez, do PSdeG en Ferrol, inclúe outras ferramentas para mediar as opinións dos seus lectores, neste caso unha enquisa.

Está por verse como os representantes galegos evolucionan en Internet durante estas eleccións a través dos blogs, espertan non poucas críticas entre uns cidadáns activos en Internet que esperan dos seus representantes un contacto continuo e non unhas ferramentas creadas en pre-campaña e esquecidas despois das eleccións.

Como somos os usuarios?

Os individuos navegando pola Rede, temos perfis diferentes? Respondemos a unha tipografía concreta e contamos con uns rasgos caracteristicos? Pois parece que si. Uns investigadores Queensland University of Technology (QUT) , da man de Cecilia Castaño, veñen a ofrecernos a seguinte categorización:

* Usuarios Tecno-Optimistas.- Son aqueles que teñen unha visión positiva da Rede, opinan que este medio é válido tanto para atopar información como para comunicarse con outros usuarios, opinan que a Web crea un tipo de relacións interpersoais que antes non era posible. E opinan que Internet pode provocar cambios sociais.

* Usuarios tecno-realistas.- Teñen unha actitude ambivalente cara Internet, por unha banda manifestan unha actitude positiva hacia a Rede pois considerana un medio para obter unha información ampla e establecer relacións persoais, pero por outra banda non esquecen os problemas de exclusión sociais -a fenda dixital-. Non creen que Internet sexa un medio seguro para tratar temas delicados, e prefiren relacións cara a cara.

* Usuarios recopiladores de información.- Representan a antítese daqueles que ven Internet como un medio para establecer comunicacións e comunidades virtuais, o único que ven positivo da Web e que é unha rede de información. É, por tanto, un buscador activo de información e Internet, aproveitanse dela pero non son productores de información.

* Usuarios oportunistas antipoliticos.- Aínda que son uns buscadores activos de información en Internet, e que se aproveitan do potencial informativo da Rede, desconfía enormemente da posibilidade de concienciar socialmente á xente a través da Web. As comunidades virtuais, na súa opinión, non serven para nada.

* Usuario tecno-escéptico.- Consideran que o mundo é moito máis perigoso dende que hai Internet porque o seu uso xeneralizado está aumentando a incertidumbre da vida diaria. Creen que a vida privada das persoas está suxeita a máis riscos cando se está online. En definitiva, opinan que Internet é maís un instrumento de control que unha ferramenta para contribuir ó empoderamento persoal.

“El Arte de la Persuasión”

Mañá terá lugar na Uva de Segovia unha xornada de Comunicación Política na que se darán cita expertos do ámbito académico e analistas da materia para falar de Elecións, Opinión pública e persuasión.

A primeira sesión, a partir das 10 da mañá, estará adicada á Opinión Pública e eleccións, e participarán na mesa Enric Saperas Lapiedra (Catedrático da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid) e José Luis Dader (Catedrático da Universidade Complutense de Madrid).

A segunda sesión tema como tema de discusión o Marketing político como arte de influencia, e estará a cargo de Jorge Rábago Juan-Aracil, Director doDepartamento de Comunicación Audiovisual e Telexenia do Partido Popular e FrancescRomeu Martí, Director da Fundación Jaime Vera (PSOE).

Xa pola tarde participarán consultores políticos, coma Toni Rubi e Rafael Rubio.

En fin, aínda que non tan mediático, será sen dúbida unha xornada moi proveitosa.

 

Uns por un lado e outros como estaban…

Xa non é noticia. Esta mañá fíxose oficial e a Rede non parou de esfumear todo o día: “El Consejo de Ministros ha aprobado la remisión a las Cortes Generales del Proyecto de Ley de Medidas de Impulso de la Sociedad de la Información, que se enmarca en el conjunto de medidas que constituyen el Plan 2006-2010 para el desarrollo de la Sociedad de la información y de convergencia con Europa y entre las Comunidades y Ciudades Autónomas (Plan Avanza)” (La Moncloa.es)

Pola miña banda, pouco queda que engadir ó que se leva dicindo todo o día. Pero preguntonme eu, non sería unha boa forma para extender o uso de Internet baixar o prezo das conexións?

 

Mulleres e homes: a diferenza na Rede

Este ano cúmplese o quinto aniversario da nosa revista Código Cero e nun número especial démonos cita varios colegas. Eu, pola miña banda, tratei de contribuir con un tema que me preocupa e que xa falamos e anteriores ocasiones (lembro unha divertida conversa con Alorza): As mulleres e o uso de Internet.

Internet está na sociedade pero aínda existen grandes diferenzas entre as persoas que poden acceder á Rede e as que non. A chamada divisoria dixital (porque non é realmente unha fenda lineal e uniforme) está cruzada con outras fendas sociais como a educación ou o nivel socioeconómico. Internet require dun dominio de certas destrezas técnicas pero tamén precisa dunha certa capacidade de expresión e de razoamento.

Neste escenario, onde as persoas con menos recursos económicos e con menor nivel educativo (sen obviar o sesgo de idade e o xeográfico), as mulleres resultan aínda o grupo dentro do colectivo de desconectados máis prexudicado. Tal e como marca o Instituto Nacional de Estatística, fronte ó 51,5% dos homes conectados nunha paréntese de tres meses no primeiro semestre do 2006, sitúase o 44,2% das mulleres. A mesma comparativa amosa en Galicia que os homes conectados superan en case sete puntos ás mulleres que acceden a Internet (45,7% fronte ó 38,2%).

E, aínda que o número de usuarios medra cada ano, o ritmo de crecemento das usuarias é máis lento có dos homes. Neste eido, España é un dos países da Unión Europea que conta coas diferenzas de acceso a Internet entre sexo máis elevadas. Actualmente, o panorama español non deixa lugar a dúbidas: só as mulleres da Rioxa se conectan máis cós seus colegas varóns e, sen comparar Ceuta e Melilla, as diferenzas que existen en Murcia ou en Madrid (de máis de 10 puntos porcentuais) resultan cando menos preocupantes. Galicia ocupa o oitavo posto entre as comunidades con máis diferenzas.

Afortunadamente, esta necesidade está a pórse de manifesto vigorosamente no ámbito académico. Cecilia Castaño, catedrática de Universidade, leva varios anos traballando a liña de investigación centrada nas mulleres e as tecnoloxías da información. Na súa opinión, unha das razóns fundamentais desta distancia entre homes é mulleres débese a que á Internet accédese fundamentalmente dende o traballo e o número de varóns con conexión á Rede nos postos de traballo é moi superior ó delas: do total do emprego feminino só un 5% está relacionado coas TIC.

Alén diso, Castaño explica que as mulleres teñen menos tempo: os homes conéctanse a Internet fundamentalmente para o lecer mentres que as usuarias fano para cuestións máis prácticas e normalmente relacionadas coa familia. Mais non se pode esquecer que “Internet axuda ó empoderamento das mulleres, poden conectarse con outras, compartir información e permite ter unha xanela ó mundo”, di Castaño.

Esta catedrática de Universidade engade que os contidos de Internet seguen a ser moi masculinos, moitas das páxinas para mulleres están feitas por homes. Polo que se refire ós instrumentos TIC que lles permiten ás mulleres
xerar contidos na Rede ou ó software libre, Castaño explica que é moi importante librarse dos royalty pero que para que o seu emprego sexa igualitario ten que avanzarse na fluidez e, agora mesmo, non é precisamente doado o manexo destas ferramentas. Isto poténcianse coa presenza de mulleres e homes nas carreiras relacionadas coa materia, onde as primeiras están moi por debaixo dos segundos.

En resumo, aínda que as mulleres estamos cada vez máis conectadas hai que agardar que a diferenza entre sexos continúe a diminuír. E, sen dúbida, esa fenda será paralela á diminución doutras fendas sociais, das que as mulleres representan o colectivo máis prexudicado dos grupos menos favorecidos.

 

Código Cero Número 52

Propaganda anticipada

Veño de chegar dunha ruta polas Rías Baixas e, cos ollos postos na política, non saio do meu asombro: A pegada de Carteis inicíase con máis premura. De volta A Coruña fixeime que a alarma é moito maior no sur de Galicia. Os políticos xa teñen pegados os cartéis: PP, PSdeG e BNG, xa teñen pegados os seus.

Retomando o contido da Ley Electoral (Ley Orgánica 5/1985 do 19 de xullo do Réximen Electoral Xeral, artigo 53): “No puede difundirse propaganda electoral ni realizarse acto alguno de Campaña Electoral una vez que ésta haya legalmente terminado ni tampoco durante el período comprendido entre la convocatoria de las elecciones y la iniciación legal de la campaña [...]“

Quen pode denunciar este feito, se tódolos políticos pecan por igual?