Mar 28, 2007 5
Iso non é participación cidadá
Estaba claro que o máis repetido de “Tengo una pregunta para usted” iba a ser a anécdota do café (que por certo, foi a única pregunta que lle fixo ó presidente baixar á realidade e dar unha resposta minimamente comprensible nun marco netamente retórico). Se ben amosou o lonxe que están os representantes de nós (se non saben canto vale un café, Como pensar que nos comprenderán co tema de Vivenda, de acceso a postos de traballo e toda esa chea de problemas cos que temos que loitar no día a día?).
Pero o tema non é o cafeciño, que xa lle sae a barola. Senón se podemos crer ou non que ese programa encaixa dentro do que se chama participación cidadá. Ante todo, a min gustaríame saber cales foron os criterios para selecionar a mostra e en segundo lugar quixera coñecer porque non había debate.
En fin, para min un programa de pregunto e respondo o que queria no é “participación” e unha entrevista clásica, o único é que mudan os actores.
Con calma. Pero aínda non temos o que buscamos.
Recent Comments