Mar 17, 2007 18
Que tipo de representación política buscamos?
A esperanza de que Internet e outras ferramentas tecnolóxicas poden mellorar a política moderna non amosa outra cousa máis que un gran inconformismo sobre o sistema político que nos rixe. Non vou falar agora desta idea que xa desglosaron outros autores máis precisos ca min neste tema (recomendo as reflexións de Marta Cantijoch sobre a desafección política) pero sí salientar unha idea que normalmente está envolta en abalorios que impiden falar con claridade: Os cidadáns non se sinten ben representandos (idenfiticados) cos seus representantes que elixen.
Benjamin Barber, en Strong Democracy, di: Está moi difundida a idea de que baixo un goberno representativo o eleitor só é libre o día das eleccións, pero incluso este acto pode resultar de dudosa consecuencia nun sistema onde os cidadáns usen esta franquicia só para elixir a unha élite executiva, xudicial ou lexislativa que a cambio vai exercer todas as demáis tarefas de importancia cívica.
Por tanto, en palabras deste autor: O principio representativo róuballe ós individuos a responsabilidade última sobre os seus valores, as súas creencias e as súas accións.

Recent Comments