Mar 15, 2007 14
Escribo en galego
Neste case ano e medio escribindo este blog unha das preguntas que me fixeron con máis frecuencia foi: Por que escribes en galego? A todas elas a resposta foi “porque me sae”. Pero fai uns días alguén dun xeito moito máis direto, pero non por iso con menos agarimo, chantoume: Recibes algunha subvención da Xunta? Iso, deixome moi pensativa.
Non pretendo dicir que o que eu escriba sexa dun grado de interés tremendo pero son consciente de que se escribise en castelán tería , tal vez, a posibilidade de chegar a outra (seguramente máis en cantidade) xente do que agora en galego -e que conste que non é o normativo-, pero tamén sei que outros compañeiros fan o esforzo (a todos vós, grazas) de ler este blog.
Tiven a tentativa de mudar moitas veces, mais logo decidín seguir como estou. Comencei a escribir grazas a Mentxu e decidín facelo en galego coma unha forma de intromisión nestre gran mundo de Internet. Despois, cando me empezaron a preguntar por qué non escribía en castelán penseino varias veces, e sempre chego a mesma conclusión: Galicia é unha das rexións máis deprimidas actualmente de España no desenrolo de cuestións relativas á Rede, e non creo que eu (ninguén) poida, por moita vontade que teña, solucionar este tema indivualmente, pero cando un pon a súa areíña a cousa pode mellorar. Non me saco da cabeza neste tema a Toni, cando me dixo que pensaba que o galego era máis doado, nin a Iñaki cando me dixo que en galego só le este blog, nin a María, cando me dixo que non era capaz de ler as entradas enteiras, e a outros moitos que sei que, con esforzo, len este blog.
E precisamente escribo en galego porque non me paga ninguén, nin nadie me di que é o mellor para escribir, simplemente trato de divertirme, compartir as cousas que vou aprendendo e que, aseguro, se non escribise nunha lingua minoritaria tería máis coidado ó escribilo. O galego dame a libertade que preciso para dicir as cousas como as penso, sen medo a reprimendas. Non hai nada de nacionalismo, quen está acostumada a andar polo mundo (como boa filla de emigrantes) non pode defender outra cousa máis que o de todos, escribo en galego por unha cuestión de lealtade a min mesma.
Gracias a todos vós por lerme.
Recent Comments