Iso non é participación cidadá

Estaba claro que o máis repetido de “Tengo una pregunta para usted” iba a ser a anécdota do café (que por certo, foi a única pregunta que lle fixo ó presidente baixar á realidade e dar unha resposta minimamente comprensible nun marco netamente retórico). Se ben amosou o lonxe que están os representantes de nós (se  non saben canto vale un café, Como pensar que nos comprenderán co tema de Vivenda, de acceso a postos de traballo e toda esa chea de problemas cos que temos que loitar no día a día?).

Pero o tema non é o cafeciño, que xa lle sae a barola. Senón se podemos crer ou non que ese programa encaixa dentro do que se chama participación cidadá. Ante todo, a min gustaríame saber cales foron os criterios para selecionar a mostra e en segundo lugar quixera coñecer porque non había debate.

 En fin, para min un programa de pregunto e respondo o que queria no é “participación” e unha entrevista clásica, o único é que mudan os actores.

Con calma. Pero aínda non temos o que buscamos.

Democracia electrónica e Neopopulismo

Fai uns días dicíame un colega investigador que podía pasar desanimado varios días lendo un texto sen sustancia pero cando daba cunha idea realmente boa, brincaba de ledicia. Identificándome co descubremento, vou expor unha desas ideas que espero que dé lugar a moito debate: El surgimiento de la democracia electrónica coincide con el del neopopulismo que se está dando en diversos países, os máis soados en América Latina.

Así, pódese comparar a democracia electrónica co neopopulismo?

Basándome nun exemplo que o profesor Dr. Javier del Rey expuso fai poucas semanas nun Ciclo de Comunicación política imos ver:

Del Rey falaba de Venezuela e dicía que había tres puntos claves: Un salvador (o líder presidente), unha víctima (os cidadáns venezolanos) e un perigro (George Bush).

Na democracia electrónica: unha élite (social e política) érguese como mediadora (e salvadora) entre a cidadanía (cansada pola xestión do momento) e os poderes establecidos. Así, esta élite di que a democracia electrónica (que esa élite coñece e está disposta a invertir para a súa aplicación) será a salvadora desa mala xestión política que se está facendo e devolverá ós cidadáns o poder de decisión sobre os seus asuntos públicos.

Entón?

Máis información

Algúns autores comparten a opinión de que a televisión contribúe a facer da política “unha arte menor” e que presentan os asuntos políticos como funcións teatrais (no sentido negativo da palabra): A experiencia dos países occidentais amosa que en momentos de forte tensión entre representantes (por exemplo, en Italia con Berlusconi ou no momento actual da política española) aumenta a oferta televisiva sobre asuntos de política, como resposta a unha necesidade de información ou de identificación por parte da opinión pública, pero que esta información non é múltiple nin variada, senón monótona e reiterativa.

 

A rede non é un instrumento de democracia…

(può anche esserlo, ma del tutto marginalmente) di Rodòta no seu libro Tecnopolitica. Aínda que utiliza esta idea para falar dun novo paradigama da democracia, a “democracia continua”, creo que non está demáis descontextualiza-la para reflexionar sobre outra opinión que xa apuntaron diversos autores:

Seremos máis democráticos con Internet?

A idea parece evocar a un troco máis profundo có instrumental. Antes de falar dunha nova democracia -máis participativa e menos representativa- sería preciso repensar os fundamentos da democracia cidadá para ver se realmente a aplicación das TIC terá o seu lugar ou se, polo contrario, todo este discurso será unicamente un discurso sen sentido.

Que tipo de representación política buscamos?

 

A esperanza de que Internet e outras ferramentas tecnolóxicas poden mellorar a política moderna non amosa outra cousa máis que un gran inconformismo sobre o sistema político que nos rixe. Non vou falar agora desta idea que xa desglosaron outros autores máis precisos ca min neste tema (recomendo as reflexións de Marta Cantijoch sobre a desafección política) pero sí salientar unha idea que normalmente está envolta en abalorios que impiden falar con claridade: Os cidadáns non se sinten ben representandos (idenfiticados) cos seus representantes que elixen.

Benjamin Barber, en Strong Democracy, di: Está moi difundida a idea de que baixo un goberno representativo o eleitor só é libre o día das eleccións, pero incluso este acto pode resultar de dudosa consecuencia nun sistema onde os cidadáns usen esta franquicia só para elixir a unha élite executiva, xudicial ou lexislativa que a cambio vai exercer todas as demáis tarefas de importancia cívica.

Por tanto, en palabras deste autor: O principio representativo róuballe ós individuos a responsabilidade última sobre os seus valores, as súas creencias e as súas accións.

E conclúe: Os homes e mulleres que non se fan directamente responsables das políticas que determinan as súas vidas a través da deliberación, a decisión e a acción comúns non son en absoluto libres.
De todos é sabido ó control mediático que exercen os medios de comunicación en épocas de comicios, como tambén o é o dos propios políticos e, obviamente, non se pode negar a dificultade de acceder ós partidos políticos para tratar de intercambiar información e opinións entre cidadáns anónimos (non comprometidos a través dun papel) e os representantes.
A situación política actual está despertando avidamente este tema: Hasta que punto me sinto representando polos meus representantes? e Que altertivas hai?

Escribo en galego

Neste case ano e medio escribindo este blog unha das preguntas que me fixeron con máis frecuencia foi: Por que escribes en galego? A todas elas a resposta foi “porque me sae”. Pero fai uns días alguén dun xeito moito máis direto, pero non por iso con menos agarimo, chantoume: Recibes algunha subvención da Xunta? Iso, deixome moi pensativa.

Non pretendo dicir que o que eu escriba sexa dun grado de interés tremendo pero son consciente de que se escribise en castelán tería , tal vez, a posibilidade de chegar a outra (seguramente máis en cantidade) xente do que agora en galego -e que conste que non é o normativo-, pero tamén sei que outros compañeiros fan o esforzo (a todos vós, grazas) de ler este blog.

Tiven a tentativa de mudar moitas veces, mais logo decidín seguir como estou. Comencei a escribir grazas a Mentxu e decidín facelo en galego coma unha forma de intromisión nestre gran mundo de Internet. Despois, cando me empezaron a preguntar por qué non escribía en castelán penseino varias veces, e sempre chego a mesma conclusión: Galicia é unha das rexións máis deprimidas actualmente de España no desenrolo de cuestións relativas á Rede, e non creo que eu (ninguén) poida, por moita vontade que teña, solucionar este tema indivualmente, pero cando un pon a súa areíña a cousa pode mellorar. Non me saco da cabeza neste tema a Toni, cando me dixo que pensaba que o galego era máis doado, nin a Iñaki cando me dixo que en galego só le este blog, nin a María, cando me dixo que non era capaz de ler as entradas enteiras, e a outros moitos que sei que, con esforzo, len este blog.

E precisamente escribo en galego porque non me paga ninguén, nin nadie me di que é o mellor para escribir, simplemente trato de divertirme, compartir as cousas que vou aprendendo e que, aseguro, se non escribise nunha lingua minoritaria tería máis coidado ó escribilo. O galego dame a libertade que preciso para dicir as cousas como as penso, sen medo a reprimendas. Non hai nada de nacionalismo, quen está acostumada a andar polo mundo (como boa filla de emigrantes) non pode defender outra cousa máis que o de todos, escribo en galego por unha cuestión de lealtade a min mesma.

Gracias a todos vós por lerme.

Suicidio da democracia?

Este mes Le Monde Diplomatique publica unha reseña do último libro de Saramago cunha reflexión que canto menos merece un comentario. Segundo este periódico en “Ensayo sobre la lucided” Saramago pronostica o suicidio da democracia:

“Las democracias no son sino las fachadas políticas del poder económico. Una fachada con colores, banderas y discursos interminables sobre el carácter sacrosanto de la democracia. Vivimos en una época en la que se puede discutir sobre cualquier tema, menos uno: la democracia. Ocupa este lugar central, es un dogma que hemos adquirido. Está prohibido tocarla [...]. Las elecciones se han convertido en la representación de una comedia absurda, vergonzosa, donde la participación de los ciudadanos es muy escasa, y en la que los Gobiernos representan a los comisiarios políticos del poder económico”.

Será, pregúntome eu, que os que andamos falando e gastando tempo nos cambios da democracia coa aplicación de Internet non nos atrevemos a chamar ás cousas polo seu nome?

Interactuar co alcalde?

Que poderían facer os representantes dun muncipio mediano-pequeno para aproveitar Internet e achegarse ós seus cidadáns? Algo tan simple como intercambiar correos electrónicos, facer listas de correo para estar ó tanto de diversos temas ou, incorporar os instrumentos que utilizamos a miúdo na rede para interconectar a unha comunidade de veciños e representantes… En fin, sería interesante que a práctica de Jun  se extendera a outros municipios (o alcalde non só publica o seu enderezo electrónico na portada do web do Concello e, o que é máis importante, respondeos a unha velocidade envexable, senón tamén que se retransmiten os plenos municipais, entre outras iniciativas). Pero sendo conscientes destas limitacións, penso que con pouca vontade os alcaldes deste país poderían ir facendo algunha práctica ciberdemocrática.

Concordo plenamente con Lorenzo Cotino cando di que non hai que empezar a casa polo tellado, senón con pequenas mostras sociais e efectivas (non é preciso que agora todos vaiamos a votar por Internet, de pronto, sen recibir antes unha adecuación do tema, é preciso invertir noutras cuestión moito máis importantes que nunha empresa que faga todo unha infraestructura para emplear nun día). Sen esquencer que o fomentar a formación entre os non usuarios é fundamental para levar a cabo prácticas igualitarias.

En fin, falar de interacción cos representantes municipais cando en Galicia un bo número de concellos non teñen aínda páxina web, sen ir máis lonxe o meu concello, é canto menos irrisorio.

 

Novas esperanzas, vellos mitos

As esperanzas que dende fai uns anos Internet está despertando na nosa sociedade xa non novas. E non porque sexamos pesados repetindo o discurso, senón porque algo similar ó que actualmente está alentado a Rede e outras ferramentas TIC é un sentimento moi similar ó que no seu momento -posiblemente- despertara a prensa, a radio e, como non, a televisión.

Todas estas ilusións de unha democracia na que os cidadáns estean máis implicados e máis activos, xa as motivaron, máis o menos intensamente, os medios antes citados.

Podemos pensar que hai agora algunha diferencia que posibilite un cambio realmente significativo de cara ós cidadáns, sen que se convirta nun instrumento máis para que os políticos determinen e controlen a interacción? Pode Internet facer algún cambio nesta democracia representantiva dos países occidentais? Que expectativas esperan cidadáns-usuarios e políticos con estos novos medios?

Por unha banda que dúbida cabe de que Internet é o novo canal-reto mediático dos políticos, como no seu momento o foron (e son) os medios de comunicación de masas, aínda que as posiblidades de Internet abren novas esperanzas: os cidadáns que dalgún xeito están presionando nesta canle pretenden unha participación continua, durante a lexislatura política, e non só co voto nas eleccións e referéndums. Abre, por tanto, un novo campo político menos tradicional aínda que igual de añorado noutras épocas, con novas ilusións e vellos tópicos.

Por tanto, é posible que no escenario político xurdan novas figuras políticas, como agora están os asesores de imaxen ou xefes de prensa, para dar cobertura ás demandas ciberdemocráticas.

Pero ben é certo que os políticos -nesta democracia competitiva e bipartidista- poden verse desorientados pola información e falta de control, entendido como agora se entende nas campañas electorais- xa que a Internet non copia, polo momento, ese bipartidismo que os medios de comunicación defenden e practican.

Pero tamén é certo que hai que ter en conta que os cidadáns véñense caracterizando pola súa escasa participación: “O talón de Aquiles das experiencias democráticas do noso tempo está constituido -segundo o parecer da maioría- pola apatía do cidadán indiferente á política e despolitizado. A maioría non se interesa pola política [...]“, de Sartori.

Por iso, é preciso profundizar na cuestión e non deixarse levar polo encantamento destos novos medios. É necesaria máis formación política na cidadanía, e non me refiro ás agresivas e pesadas noticias que recibimos a través dos medios tradicionais, e sí no relativo a falta de compresión dos sistemas e funcionamento das institución. Do contrario o cidadán participativo será un cidadán aleatorio ou cuns intereses particulares definidos e ausente do sentido común.