Canto vale a miña identidade?

Levo uns días cavilando nun tema que se bem parece obvio preocúpame bastante. Nunca fun moi partidaria de rexistrarme naqueles sitios onde a unha -para enviar unha simple mensaxe ou expor unha opinión- ten que dar un tipo de información totalmente persoal e privada, entre ela o número do DNI.

O tema xa é moi antigo. Os cidadáns / usuarios temos o perigo de cometer atropelios (mentir, difamar…) ós nosos representantes que, indefensos, teñen que permanecer alerta de que esta información non se descontrole. Podo chegar a entender en determinados contextos que os cidadáns sexamos moi agrevisos e, sen unha prepación deliberativa previa, as consideracións sexan máis impulsivas que razoables. Pero aínda así, teño unha grande dúbida:

Que fai esta xente coa nosa información? Se me rexistro nunha páxina web dun municipio para enviar (mediante formulario, non vaia  ser que cun enderezo dun correo electrónico saturemos o buzoncillo do receptor) Quen ve esa información? Anda o meu DNI paseándose nas mans dos operarios de turno que, ó mesmo tempo, pode utilizalo para outras cuestións?

Noutros debates xa falamos de que esta información está protexida pola Lei de Protección de Datos. Pero sinto moito, non creo que sempre se cumpra. Quen controla que tódolos sitios onde se pide esta información se cumpla a Lei? Xa tiven acceso a algúns onde se di que se cumple e logo non é verdade.

Todo esto ven a colofón dunha noticia que saíu onte en relación a China. Obviamente non é comparable o tema pero o que trato de dicir é que nas sociedades coma a nosa, na que se di que a nosa identidade é libre, non é totalmente así. Cómo se xestionan os chamados portáis de participación cidadán onde o cidadán para participar ten que dar toda a información persoal xa mencionada?

Asemella ser unha peza máis que no argumento de que os políticos, polo momento, son os que seguen controlando o xogo da comunicación nesta ciberdemocracia.

Parte hartu! e outras percepcións

O Parlamento Vasco acaba de poñer en marcha unha iniciativa (Parte hartu!, que quere dicir ¡Participa!) para achegar a institución ós cidadáns. A crónica de Iñaki en ‘Administraciones en red’ é realmente boa. A pesar de que a iniciativa non me chega de lonxe vou tratar de dar a miña opinón o máis obxetiva posible.

Ante todo creo que como acostuma a pasar nestes casos a idea sempre xurde por interés duns poucos que, a súa vez, teñen que loitar contra outros moitos. Por tanto, non creo que haxa que dar palmadiñas coma si a iniciativa estivese sendo un absoluto cumio pero dende logo creo que hai que tomala como referencia para poder seguir avanzando neste campo da participación cidadá.

Fai uns anos a Asamblea de Madrid promoveu unha serie de conversacións instantáneas (que duraron un ano) con diferentes deputados. Non tivo moita repercusión e quedou esquencida (así, a nova páxina web da Asamblea nin fala desta interesante iniciativa).

Por iso, imos ver:

É importante que os parlamentos traten de achegarse ós cidadáns. En primeiro lugar porque a maioría de nós non sabemos realmente as importantes funcións que estas institucións teñen para a comunidade. Se se abriran canles realmente interesantes de participación, as leis poderían estar participadas polos cidadáns.

Tamén é certo que esta idea require dar unha percepción de utilidade para o cidadán, que neste  portal pode quedarse pequena.

Pero é preciso lembrar que os principáis axentes que deberían estar implicados non parecen telo moi claro. Empezando polos medios de comunicación, seguindo polos políticos e seguindo polos cidadáns.

Unha das críticas que eu lle faría é que probablemente se esta idea partira do traballo colaborativo dende o principio os diferentes axentes tomaríanna coma unha idea propia e non coma unha allea que lle ven imposta. Cómo coordinar este traballo colaborativo é, obviamente, o verdadeiramente difícil. Pero a rede vennos dicindo que, en xeral, o imposto xera rexeitamento.

En fin, efectivamente podemos cuestiona-los fins, critica-la forma, e, sen dúbida, dicir que hai que mellorar. Pero todo iso recoñecendo o mérito das persoas que, dende dentro desta institución, poñen todo o interés e entusiasmo para que a participación cidadá vaia vendo a luz, sorteando máis obstáculos que incentivos. Sería unha mágoa que esta iniciativa perdera de ser un pasiño máis para seguir mellorando a ciberdemocracia neste país.

De novo

Despois de estar uns días ‘out’ (qué maravilla a ciencia) empezamos o ano con proxectos novos, algúns deles iremos dando conta amodiño… (estas cousas conlevan a súa discrección). O primeiro deles empeza coa preparación do Día de Internet desde 2007. Dicía Mentxu que o ideal sería que non houbese un só día senón que fosen tódolos días.. pero mentras haberá que aproveitar calquera ocasión para zarandear a aqueles que poden facer algo e tratar de disminuir a divisoria dixital.

A Asociación de Usuarios de Internet promoverá este mes de xaneiro unha reunión para empezar a falar do evento mundial (que para que conste coincide co Día das Letras Galegas).

A ver qué sae.