Administración&Cidadanía
Esta mañá estiven na Casa de Galicia en Madrid na presentación da revista "Administración&Cidadanía"
da Escola Galega de Administración Pública. Aínda que posiblemente non estaba previsto falar de goberno electrónico nin participación cidadá, o tema empezou no turno de preguntas e continuou despois.
Teño que dicir que foi moi interesante coñecer personalmente a Ramón Bouzas Lorenzo (que xa mencionábamos no mes de xuño) e, como non, a Guy Petters, con quenes puiden intercambiar algunha impresión da participación cidadá e os novos medios.
O Prof. Petters dixo algunhas ideas que quero apuntar aquí: "O goberno electrónico é un tema de moda [...] pero tampouco é a panacea", neste eido "ten os seus pros e os seus contras, por unha banda é unha forma de relacionarse do mesmo xeito cós cidadáns pero por outra banda" deshumaniza os servizos. "Así, pode ser moi incluinte pero por otro lado tamén pode xerar rexeitamento por parte dos cidadáns".
publicitaba o enderezo dunha páxina web: 
Comentarios Recientes
estou paseándome por algúns blogs d