Discurso político do Software libre

Celebro que Galicia se vaia poñendo ó día -aínda que sexa cun pouco de retraso- na adaptación das novas tecnoloxías ó goberno. Neste eido, a Universidade de Santiago oferta este verán un curso que leva por título ‘Goberno electrónico: As novas relacións da administración coa cidadanía‘.

Pero en todo o programa hai algo que non me cadra: o curso está cofinanciado pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia e por Microsoft!

Nos últimos tempos a Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta estaba facendo unha aposta polo Software Libre (ó menos así costa nunha ducia de medios de comunicación: Europa Press, Hispalinux, Softwarelibre.org, Finanzas.com, GaliciaDigital, entre outros) por iso que se sente ó lado de Microsoft parece distorsionar o discursiño que viñan facendo.

Sempre lle tiven un pouco de fobia a que a aposta dos gobernos polo Software Libre fose un mero oportunismo (electoral, como tantos outros) máis que unha verdadeira convicción social.

Agardemos que só fose un lance anecdótico e non unha contradicción política.

Visita ó Congreso

Hoxe estiven no Congreso facendo una visita guiada polo deputado José Ramón Mateos onde tiven a ocasión de ver tódolos experimentos tecnolóxicos que o presidente da Cámara, Manuel Marín, está a levar a cabo para modernizar o Congreso.

Sorprendeume moi gratamente a actitude de Mateos xa que, todo por iniciativa propia, é un ciber-deputado. Pero tamén veño ca sensación de que o Congreso ten aínda moito que avanzar.

Creo que Marín está a facer unha gran aposta por actualizar a Cámara pero tamén teño a sensación de que habería que dotar ó Congreso de algo máis que de tecnoloxía.

No hemiciclo, e vendo tódolos termináis nos escaños, unha das preguntas que lle fixen a Mateos foi: Cantos deputados saben e soen utiliza-los? A resposta foi algo máis que un soriso. Creo que, ó igual que nos outros campos, a adaptación tecnolóxica pasa previamente pola formación e coñecemento.

Teño a seguridade de que se houbese na Cámara algún deputado máis como Mateos o Congreso modernizariase moito más a presa: Hai que ter gañas de facer desfacendo, e a moitos políticos cústalles, simplemente, recoñecelo.

 

Participación en contra da construcción de vivendas nas costas galegas

Vendo o exemplo de movilización cidadá en pro dunha vivenda digna (Plataforma por una vivienda digna, Wiki - Vivienda Digna, ou o cento de bicátoras que se publican con anotacións neste senso) en todo o territorio quisen facer un seguemento da movilización que está tendo lugar en Internet en contra da construcción de máis de 500.000 vivendas nas costas galegas:

Unha das miñas primeiras sorpresas foi que ó facer as primeiras perquisas nos buscadores máis coñecidos atopei un elevado número de ‘Ofertas inmobiliarias’ (incluso unha promotora ten o seu propio blog), que sobresaen sobre as publicacións críticas.

Por outra banda, tamén abundan os blogs con entradas adicadas ó tema (VigoBlog, Nomadas.Blog, Prazadorei, entre outros) pero non existe un blog específico do tema -quitando casos concretos como o da Mariña Lucense, de Nigrán ou de de Sanxenxo- e, por suposto, tampouco outro tipo de publicación, como pode ser un wiki.

Outra curiosidade é, na miña opinión, que ó revés do que pasou noutros casos, Internet vai por detrás das movilizacións e queixas cidadáns neste tema. É dicir, nas continuas movilizacións que estiveron levando a cabo en pro dunha vivenda digan a rede era un catalizador das reinivindacións e xeraba novas propostas e queixas (por exemplo, movilizacións colectivas) neste caso galego unicamente está servindo para facer públicas accións que existen, pero ser aproveitarse das posibilidades de Internet.

Haberá que ver si en Galicia se toma o exemplo de usuarios activos na rede e se aposta por ferramentas colaborativas para facer unha verdadeira reivindicación colectiva na rede que poida ter, ou non , posteriormente, outras reivindicacións nas rúas.

Deputados e medios de comunicación

Confeso que estos días ando un pouco sensible co tema: deputados sensibilizados ou non coas novas tecnoloxías?

Pero agora mesmo estou un pouco confundida:

Leo na revista ‘Tiempo’ unha reportaxe sobre os deputados do Congreso con blogs e despois da lectura (prometo escribir un e-mail ó xornalista e non quedarme nunha mera queixa de palabraría cobarde) estou un pouco decepcionada, debe ser que a conversa que esta tarde tiven coa miña amiga Teresa sobre a pésima situación do xornalismo -no que a capacidade de crítica e especialización dos profesionais se refire- inflúe no estado de ánimo que me aflixe no momento de escribir esta anotación.

O certo é que despois de ler a reportaxe teño a sensación de que non se trata nada máis que de tres follas enchidas de palabras que van e veñen, sen deixar unha idea clara ó final. A reportaxe -na miña opinión- explica ó uso dos blogs por parte dos deputados do Congreso e fai un tratamento como se fose o xogo do pim-pom: un di isto, outro dí o outro, pero ó final non queda nada claro.

Quen se molestou en estudar o tema e en facer unha exposicion dos feitos e valoración (por suposto, o máis complicado) non pode deixar caer en balde este tratamento informativo que esta revista fai da información. Trátase dun enfoque que non aporta máis que uns datos que xa son coñecidos. E sobre todo, é tremendamente propagandístico pois si ben é certo que estos 18 deputados que teñen blog fan unha labor pioneira, a maioría deles non deixa de facer propaganda da información do partido.

Por outra banda (e en recoñecemento a todos aqueles deputados que levan axundándome todo este tempo) xustamente aparecen na reportaxe os menos colaborativos de cara ós investigadores (non todos).

Debe ser que, como en todo o demáis, cando un ten unha cámara diante a motivación cambia.

Cantas mulleres somos?

Rematou e-findex, e non vou dicir máis do que xa dixeron algúns dos asistentes máis activos (Andrés, non hai fotos…) , salvo que foi un gran pracer coñecer persoalmente algúns dos autores dos blogs que supoñen para min unha visita habitual (Alberto Ortiz ou Rafael Chamorro) ou de voltar a ver a Carlos Guadián e atoparme con Juan Freire.

Pero tamén teño que dicir que unha vez máis (e os anos parecen que non pasan para iso) o número de mulleres presentes non é para nada comparable co de homes, e para non falar do ámbito da política.

E remato con algún comentario reflexivo-pesimista: A onde imos con tantos blogs? Serven de algo as bicátoras que existen por existir, sen ter nada máis que contar? Os políticos, teñen algunha validez os cadernos persoais cando empregan a súa lexitimidade para falar de cuestións que non son para nada profesionais?

Nos vemos en e-findex!

A partir de esta tarde estaremos en las ‘Jornadas de la blogosfera’ e-Findex que se celebrarán en Cáceres. Para la mesa del sábado (que compartiré con Jaime Gragera Rodríguez, Rafael Chamorro y Alberto Ortiz de Zárate, y con Carlos Guadián como moderador) he preparado una comunicación que copio el resumen:

 “El uso del correo electrónico y de los blogs por parte de los diputados ha abierto dos nuevas vías de comunicación e interacción entre los representantes de la Cámara y los ciudadanos. Mientras que el e-mail es ya una herramienta institucionalizada por el Congreso, los blogs aún representan un canal incipiente de comunicación. En la siguiente exposición se presenta un análisis descriptivo de estas bitácoras para conocer qué nuevas oportunidades de información e interacción se están gestando con la expansión de los blogs de los diputados”.

Más info: http://esnips.com/web/diputados

Listas masivas, por que sí?

Unha das deputadas do Congreso comentoume por correo electrónico que as listas de distribución están dificultando a interacción vía e-mail entre a cidadanía e os representantes. Ela dicíame literalmente:

“El correo electrónico se presta a los abusos y lo más molesto son las listas, hay quien cree que por invadirnos el buzón con mails vamos a ser más receptivos, es todo lo contrario, es mucho más efectivo un mail de un ciudadano explicando su problema que 500 mails todos iguales, que dificultan el trabajo por el tiempo que te hacen perder y acabas desconfiando de sus intenciones”.

E certamente, eu estou dacordo con ela. Lémbrome, por exemplo, das listas masivas das que fan usos grupos de presión (irremediablemente, lémbrome de ‘Harteoir.org‘) e pregúntome se -ademáis do que din os propios representantantes- estos grupos están a facer un favor ou non as posibilidades de participación cidadá na vida política a través de este medio tecnolóxico.

Polo de agora: esta deputada fechou a opción de comentarios no seu blog e varios parlamentos autonónimos aplican fortes filtros que impiden que moitos correos electrónicos dos cidadáns cheguen aos parlamentarios.

E con este, xa van tres

O vindeiro mes de novembro terá lugar a terceira edición do Congreso Online do Observatorio para la Cibersociedad baixo o lema “Conocimiento abierto, software libre”.

No ámbito que nos ocupa, será un lugar no que se expoñerán diferentes ideas e apotacións sobre a ‘Democracia, Cidadanía e Participación’.

Alí estaremos!

Lecer@xunta.es

Fai uns días lin en Código Cero que a Vicepresidencia da Xunta acaba de habilitar un e-mail (lecer@xunta.es) para recibir “suxerencias e comentarios dos maiores de Galiza”.

Antes de apresurarme a emitir un xuízo, probei a enviar un correo electrónico facendo unha propuesta e unha consulta, polo momento non recibín resposta (imos esperar algo máis…).

Pero aínda así non saío do meu asombro: Segundo un recente estudo publicado polo Instituto Galego de Estadística, so un 2,4% dos galegos maiores de 55 anos utilizou Internet durante o ano 2004.

Canto menos, parece unha medida un pouco drástica propoñer un correo electrónico como forma de que os maiores fagan suxestións.

Pregúntome se, ante estas cifras, dende a Vicepresidencia se pensa facer algunha campaña de alfabetización para os maiores, se os correos que se envíen van a ter resposta (ou unicamente van funcionar como un buzón de suxestión) ou se só se trata de crear esta dirección, darlle difusión a través dos medios de comunicación (por certo, Cantos farían algo máis que publicar a nota de prensa enviada pola institución?) e crear un ‘ilusión’ de democracia participativa….

 

Resultados dunha primeira práctica de participación cidadá a través da rede

Acábase de publicar unha análise sobre a participación cidadá a través de Internet de 25 municipios andaluces (con menos de 10.000 habitantes) nos que os seus cidadáns, asociacións e representantes políticos opinaban sobre diferentes cuestións relativas a cada concello.

Unha posible liña de traballo na que seguir avanzando para ver os defectos dunha incipiente participación cidadá nos pequenos municipios españois.

O informe completo localízase en: http://www.europapress.net/archivos/Informe_Guadalinfo-Ciudadanos2005.pdf