Miércoles 31 de May de 2006

E a participación?

Fai uns días un dos parlamentarios galegos con blog (José Manuel Lage) publicou no seu caderno unha anotación do estilo que, na miña idea, deberían ser os textos publicados polos membros do Parlamento nos seus blogs: Intentar achegar a súa actividade política ós cidadáns e non para contarnos a súa vida persoal.

Inmediatamente,  varios usuarios participaron deixando a súa opinión a favor ou en contra do proposto por Lage e dou lugar a un interesante debate, pola variedade de puntos de vista.  

O que máis me chamou a atención é que un dos participantes intentou levar o que non parecería ser máis que un cruce de diferentes opinións a un campo persoal.  O usuario en cuestión ofendeuse polas opinións doutra participante que eran diferentes ás súas.

Curioso, pero o usuario molesto é un político.  

Levoume varios días asimilar que aínda que algúns representantes (como Lage) estén dando pasos interesantes neste camiño de experimentación coas novas tecnoloxías, a outros aínda lles falta o máis importante: saber escoitar e, sobre todo, saber participar.

Posted by eva at 10:31:37 | Permanent Link | Comments (5) |

Martes 23 de May de 2006

Ideíñas.net dun proxecto de participación cidadá

A través do blog de O Outeiro dei cun debate que dende fai un mes se está dando sobre a iniciativa de participación cidadá a través de Internet 'Ciudadanos2010.net'. Os ánimos sempre relativizan os males e as críticas permiten mellorar.
 
Sen embargo -e que conste que eu tiña a mesma visión e a que se habitúa a fomentar nos ambientes críticos ata que me metín de cheo no allo- cando un empeza a falar con alcaldes, políticos, e demáis axentes un vai vendo a cruda realidade. Aclaro que algúns políticos son verdadeiros exemplos neste mundo da 'democracia dixital' (e dos que temos que aprender cada día) pero lamentablemente son os menos...
 
Podería facer un listín con frases que vou acumulando na cabeza e que resumo (obviamente de forma anónima): "un equipo de goberno está onde está para ser votado" e, en consecuencia, para gañar as eleccións, por tanto as críticas "que caían as que teñan que caer" pero darlle o gusto á xente de criticar porque sí, non resulta. Estas argumentacións son algunhas das que periodicamente caen dos representantes.
 
Uns dos aspectos máis criticados a esta iniciativa é que no sexa anónimo e que no rexistro os usuarios teñan que dar o seu DNI. Claro que pode ser criticable pero a experiencia demostra que cando un da a cara (ou o nome) pois acostumamos a medir máis as palabras. E iso os políticos coñéceno así que de partida é practicamente unha condición: Os representantes queren ter garantías de que non vai ser un espazo de insultos e calumnias sen máis. En segundo lugar, tamén se apunta que "aínda que no é excluinte solicítase ó usuario no proceso de rexistro de qué localidade é" pois ben ese dato requírese únicamente para obter datos estadísticos que (sen vencellalo nunca co nome), unidos a outros de participación, investigadores especializados neste ámbito (Observatorio del Voto electrónico, IESA, etc.) poden traballar para mellorar na construcción da democracia dixital.
 
Finalmente, pareceme moi interesante a aportación de Pedro Prieto Martín, ó que se alude neste debate de "Otra democracia es posible", pero pareceme pouco aplicable ó ambito no que se está a desenvolver a iniciativa de 'Ciudadanos2010.net'. É dicir: antes de "recomendar" (e digo esta verba con moito tino) tódalas opcións de participación é preciso coñecer o ámbito de actuación. E este ano compartido dame para asegurar que se realmente se ofrecesen unha variedade de opcións a maioría delas non serían actualizadas. Porque: é preciso ter uns políticos implicados, ter uns cidadáns mentalizados na participación, ter un dinamizador ou encargadado de mediar calquera iniciativa de participación cidadá implicado, neutral e convencido da democracia dixital. Iso, sen esquencer o importante número de políticos que aínda non sabe prender ordenador, o amplísimo grupo de cidadáns (sobre todo no ámbito rural) que aínda tembla ó escoitar a palabra "Internet" e o difícil que é atopar ese dinamizador convencido e convincente.
 
Estas claves -sen esquencer o aspecto económico, porque 'Ciudadanos2010.net' é gratuito para os concellos pequenos- fan que unha iniciativa de participación cidadá sexa ou non posible e interesante.
 
É realmente necesario pensar en formas de mellora de canles de participación cidadá. E esta iniciativa da que estou a falar, por ser das primeiras, é moi mellorable. Pero tamén é ben certo que non son válidas únicamente as propostas ideolóxicas porque cando un intenta levalas a cabo verá que aínda, e desafortunadamente, non é tan doado...
Posted by eva at 23:57:44 | Permanent Link | Comments (1) |

Sábado 20 de May de 2006

Un paseiño polo Congreso...

Unha curiosidade:

A día de hoxe dos 339 deputados do Congreso (215 homes e 126 mulleres) un total de 294 teñen un correo electrónico público. Dos deputados polas provincias galegas (un total de 24, 15 homes e 9 mulleres) teñen un e-mail público 22. Tres deles (os tres homes) contan incluso con dous enderezos e outros dous (deputados pola Coruña) non fixeron público ningún correo (segundo a páxina do Congreso).

Moi interesante. Agora só resta escribirlles.

Pd. Zapatero ten a súa mentras que Rajoy resérvase.

Posted by eva at 21:03:48 | Permanent Link | Comments (0) |

Martes 16 de May de 2006

Bo día...

De tanto escoitalo xa me volvín inmune: O día de Internet. O caso é que o agotamento non pode pesar máis cas verdadeiras reivindicacións. Hoxe dicía Elena Veiguela que Galicia "debe ser productora e non só consumidora" para que poda entrar na Sociedade da Información. Iso decía ela na víspera do Día de Internet.

Eu prefiro non opinar. Pero nun día como hoxe (no que parece que tódolos políticos están ca orella posta na Rede) hai que dicir as cousas clariñas. E as miñas 'cousas clariñas' son, entre outras.

Queremos:

  • Unha Internet más barata
  • Unha rede más rápida
  • Un acceso más plural (para os que non poden ver, nin oir, nin ver) e universal (Que pasa coas zonas sen cablear..?)
  • Que se esquenzan as palabras sen sentido e incomprensibles (co único fin eleitoral)
  • Que haxa unha verdadeira alfabetización dixital con programas feitos con xente que sabe o que fan e non con oportunistas
  • Que a rede teña por lema o coñecemento e non o consumo
  • Que a administración empregue os cartos que gasta en licencias noutros fins máis útiles
Seguro que se me esquencen moitos, pero se todos pedimos igual e non nos conformamos con aplaudir estaremos indo polo bo camiño...



Posted by eva at 23:31:22 | Permanent Link | Comments (2) |

Lunes 15 de May de 2006

Cidades singulares

Con un pouco de deformación profesional enfréntome a noticia das medidas adoitadas polo Goberno para 'afianzar a converxencia dixittal no marco do Plan Avanza'. Entre outras medidas, nace o programa de 'Cidades singulares' para darlle continuidade o programa 'Cidades dixitais'.

Teño a sensación de que esto dos programas avanza moi rápido, moito máis rápido que o coñecemento dos cidadáns. Agora imos a polas cidades singulares e Que aportaron as cidades dixitais? E aínda máis delicado, Que son as cidades dixitais? Dame que poucos poden dar unha resposta.

Unha bágoa. Porque parece que todo é un discursiño político. Disque van levar Banda Ancha ás zonas rurales. Falan de 20 millóns de euros. De 'nivel de desenrolo da cidade no ámbito da Sociedade da Información' e doutras palabrerías que non parecen ser máis que iso. Verbas e verbas.

Mentras tanto, a conexión a Internet seguirá sendo das máis altas de Europa (iso sen falar das compañías) o número de persoas con acceso a Internet non medra tanto como se di e a fenda dixital aínda está sendo moi moi alta. E iso non se vai salvar dotando de máis tecnoloxías. Para qué se queren máis ferramentas se non se saben usar?

E da igual si se fala de 'cidades dixitais' ou de 'cidades singulares' porque a xente normal non entendemos a onde queren ir. Estou enganada?



Posted by eva at 21:22:00 | Permanent Link | Comments (1) |

Sábado 13 de May de 2006

'Un blog para cada cidadán'

Onte o Concello de Lalín presentou a súa plataforma de blogs da campaña 'Un blog para cada cidadán' que Europa Press está a facer en colaboración cos municipios para celebrar o Día de Internet. É o segundo alcalde de Galicia (e que conste que é na única comunidade que está a pasar) que despois de ter un blog propio (Orozco e Pepe Crespo) se apuntan a esta campaña. Agora está funcionando (e non é publicidade) en Vigo, Lugo, Arteixo, Santiago e Lalín.

Parece que no norte a campaña vai indo mellor que no sur. Un caso especial (xa o dicía un blogueiro fai uns días) é Asturias (están Avilés, Gijón, Carreño e parece que Oviedo) onde está 'todas' as cidades apuntadas. Na terra curmá hai dous alcaldes sen blog previo que o fixeron nesta plataforma (Avilés e Carreño).

Voltando a Galicia, o foro que parece máis maduro é Vigo. Obviamente, tamén foi o primeiro, pero parece que ahí si se está recreando iso que se decía "dunha comunidade virtual local" onde hai uns usuarios asiduos e outros que van vindo. Tamén Arteixo está despuntando con blogs interesantes: dende o da radio local ata o dos amantes da fotografía.

En fin, daquí ó 17, haberá máis que contar....

Posted by eva at 09:05:05 | Permanent Link | Comments (2) |

Domingo 07 de May de 2006

Arteixo e a alfabetización dixital

Onte estiven por Arteixo e tiven a oportunidade de coñecer a unhas persoas do Concello (Suso e Quico) que traballan moi de preto en temas de alfabetización dixital. Concretamente Quico é a persoa que leva a 'Aula de Informática' (uns quince postos con acceso a Internet) e comentoume que acostuman a dar clases de alfabetización dixital a maiores. Dicíame -case textualmente- que lle parecía moito máis productivo ensinarlle ós maiores que ós máis novos, pois sonche moito máis agradecidos.

No remate da conversa apuntaba que en dúas semanas van a a iniciar un curso de alfabetización dixital con marroquíes, pois Arteixo conta cunha amplísima comunidade de xente vida dende Marrocos (uns catrocentos).

Falando con eles, e que o dicían con tanta humildade, pensaba para min que estas accións noutros lugares serían moito máis coñecidos. En Galicia, penso eu, aínda non estamos moi habituados a facer 'postas en común' de ideas e coñecementos de xente que traballa na mesma liña.

Eu estarei atenta a este novo curso que os compañeiros de Arteixo van a facer en dúas semanas. Se a alguén máis lle interesa, poden atopalos no Concello (departamento de Informática).

Posted by eva at 19:01:36 | Permanent Link | Comments (1) |

Viernes 05 de May de 2006

López Orozco

Acabo de chegar de Lugo de falar de participación cidadá a través de Internet. O Alcalde desta cidade, José López Orozco, xa me tiña sorprendido noutras ocasións anteriores, no que ó fomento da participación cidadá se refire, pero dende logo esta mañá volvín a reafirmarme. Polo momento conta cun blog actualizado (e con comentarios!), tódolos xoves de fin de mes 'chatea' cos usuarios veciños e responde persoalmente ós correos electrónicos que os mesmos lle envían.

Xa nos gustaría que fose unha tendencia máis xeneralizada....

Posted by eva at 14:47:26 | Permanent Link | Comments (0) |

Jueves 04 de May de 2006

Gates e Concordia

Grazas ós compañeiros de Europa Press Asturias entereime de primera man que a Fundación Príncipe de Asturias vai galardoar a Gates co premio da Concordia. Tras a información, xurdiron as primeiras impresións (do premiado, claro), a axencia di nun teletipo:

ASTURIAS.-Premios.- Bill y Melinda agradecen el Príncipe de Asturias por su "liderazgo y compromisos para mejorar las vidas"

   OVIEDO, 4 May. (EUROPA PRESS) -

   Bill y Melinda Gates expresaron hoy su agradecimiento por el Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional. "Nos sentimos honrados de recibir el prestigioso premio que reconoce los esfuerzos conjuntos y los talentos de personas que pueden conducir a soluciones para algunos de los problemas más urgentes de la Humanidad", dijo el matrimonio.

   En un comunicado difundido por la Fundación Príncipe de Asturias, los galardonados se mostraron "optimistas y confiados" en poder contribuir a reducir "las más grandes desigualdades del mundo", a través de su fundación,  para "asegurar que más gente tenga la oportunidad de desarrollar su vida al máximo potencial". Bill y Melinda Gates aseguraron además que la fundación que constituyeron en el año 2000 les ha permitido y brindado la oportunidad de "aprender y colaborar con gente de muchos países".

   Los galardonados felicitaron asimismo a la Fundación Príncipe de Asturias "por su liderazgo y compromiso para mejorar las vidas alrededor del mundo".

  El jurado encargado de fallar el galardón acordó hoy en Oviedo otorgar el premio al matrimonio por su "generosidad y filantropía ante los males que siguen asolando al mundo".

 Seguro que o tema vai dar moito moito do que falar!

Posted by eva at 23:24:31 | Permanent Link | Comments (2) |

Miércoles 03 de May de 2006

Desde Asturies

Ando por terras asturianas, como dí o meu colega Sarasquete, 'de xira'. Bueno, realmente é algo moi discreto.

Hoxe estiven todo o día no 'Concejo de Carreño' (cidade dixital) cun grupo de mulleres maiores de 50 anos tratando de movernos por Internet. É curioso, mentras uns opinan que hai que centrarse en colectivos realmente activos eu sego pensando que merece a pena estar dándolle ó rato para intentar mostrar a unha persoa que ten que probar. Se despois de saber qué é decide que a Rede non lle aporta nada, parabéns, pero esa afirmación é con coñecemento de causa. Penso que, de partida, non se pode eliminar a nadie sen darlle a oportunidade.

Tan só é a  miña idea. Seguramente moi inxenua...

 

Posted by eva at 22:47:33 | Permanent Link | Comments (0) |
1 2