Apr 27, 2006 0
O Día de Internet ven vindo….
Dame que nas próximas semanas imos oir falar moito do Día de Internet.
Confeso que son bastante escéptica e ás veces sorpréndome gratamente. Fai un tempo temía que non se fixera nada en conxunto entre o Día de Internet e o Día das Letras Galegas, pero hoxe vendo o listado dos promotores que teñen un evento programado para ese día leveime a grata sorpresa de que, ó menos, hai catro promotores galegos dispostos a facer ruido (e outros máis que aínda se darán de alta nos vindeiros días). 
O caso é que un dos promotores ( A Consellería de Innovación e Industria) ten varios eventos, un deles chamoume especiamente a atención: o que se vai a levar a cabo nos telecentros. Unha das actividades que farán para o 17 de maio dí así:
“Dende os telecentros galegos imos celebrar o Día de Internet e das Letras Galegas a través dun concurso de equipos.
Achégate ao teu telecentro e infórmate!”
Na primeira edición do Día de Internet (25 de octubre de 2005) Mentxu Ramilo dicía:
“Soy de las personas que piensan que si hay “día_de_algo”… malo, malo… Es porque ese “algo/alguien” está en riesgo/peligro o en inferioridad de condiciones. Mañana es el “Día de Internet“. No sé si en su momento hubo “Día de la Radio” o “Día de la Televisión”. Supongo que cuando mi abuela me contaba que se reunían en la casa del vecino que tenía la primera tele, aquello era “el_día_de_fiesta”.
Posiblemente teña as súas contras subirse a este carro. Pero dende logo, o que sí parece claro, é que tal e como estamos aínda hai moito que facer neste camiño, e facendo ruido é, tal vez, unha forma tan válida como tantas outras…


Recent Comments