Vigo estrea os 'Cadernos cidadáns'
'Cadernos Cidadáns' xa é unha realidade e nin máis nin menos que na miña terra. Por iso, antes de empezar a explicar os pormenores do tema en primeira persoa teño que soltar que me sinto satisfeita de que por primeira vez neste camiño profesional que estou seguindo unha cidade galega sexa a pioneira. Agora os detalles...
Podo dicir que levamos meses traballando no tema (gracias compañeiros do día a día) e gardando o segredo pero hoxe, despois de voltar de Vigo (cómo chovía...) e de ver toda a difusión que os medios de comunicación (a casa Europa Press ou o a web de referencia para min Código Cero e outros medios de Granada, Fuerteventura o Palencia, entre outros) teño que engadir algunha cousa máis que non sae na prensa.
Imos por partes: Europa Press, coa referencia do director de Novos Proxectos, (despois de intentar todo cos políticos por intentar fomentar un espazo de debate público a base de propostas e deliberación) empezou a traballar na idea de cómo encauzar a participación cidadá a través da liberdade de expresión entre os veciños dunha determinade comunidade pero co apoio dun Concello e o seu goberno. Así xurdiu a idea de 'Cuadernos ciudadanos' cun dos obxectivos claves: crear redes sociais dixitais dentro dun determinado municipio.
A concelleira de Participación de Vigo, Marta Iglesias, amosou dende o principio un apoio firme a esta idea. Así foi como, coa súa colaboración, a idea de 'Cuadernos Ciudadanos' foi cobrando forma e convertíndose en 'Cadernos cidadáns'.
Aclaro: É un proxecto novo, por iso é mellorable en todos os seus aspectos (empezando polo técnico). Pero tamén penso que é unha idea interesante xa que detrás do que cada cidadán poda expresar hai un goberno que, como mínimo, observará e oirá o que digan os vigueses.
Pola miña banda asumo o compromiso (persoal e profesional) de analizar o detalle e a repercusión que os comentarios dos blogs de Vigo teña nas accións dos seus políticos.
Agora sería moi intersante para min recibir as vosas recomendacións e suxestións. Graciñas de antemán.



Comentarios Recientes
estou paseándome por algúns blogs d