Medios e blogs de políticos

Onte estiven no encontro Net.es 4 que conclúe hoxe en Madrid e da última mesa quédome cunhas reflexións que intercalaron Rafael Estrella e Antoni Rubí sobre a relación entre os xornalistas e os políticos a través dos seus blogs.

O certo é que Rafael Estrella fala cunha claridade do tema que se moitos dos seus (agora ex-) compañeros compartiran a visión o panorama da ciberdemocracia neste país sería moi diferente. Segundo dixo, nin os políticos están acostumados a utilizar o blog para crear contidos novos (a maioría deles que teñen un blog utilízano para colgar nel noticias ou artigos que publican nun periódico ou noutro medio) e os medios de comunicación non utilizan os blogs como fonte de información. Dicía Estrella a modo de exemplo que os xornalistas citan declaracións que recollen por outras fontes pero que nunca o citan como “según publica no seu blog”. Ten razón. Os xornalistas famos moito de políticos con blog ou damos a noticia de cando un político crea un blog, pero a noticia queda ahí, despois non hai un seguemento para ver se o político publica algo noticiable no seu blog.

 A esta idea interesante Toni Rubí engadeu unha idea ben clarilla: “Para iso, os políticos teñen que acostumarse a dar noticias a través das súas páxinas”.

Efectivamente.

Entrevista en Própolis Club

Grazas a Roc Fages, Própolis Club publica unha entrevista realizada fai uns días. Foi moi divertida a elaboración da mesma, espero que tamén o sexa a lectura! :

Entrevista a Eva Campos, periodista de Europa Press y especialista en temas de participación online. Eva Campos forma parte del agregador de blogs de PropolisClub con su Evacampos.blog
“Los servicios online que actualmente se ofrecen no satisfacen las demandas de los ciudadanos”

Esta es la primera entrevista que desde Propolis queremos realizar a las personas que desde su blog aportan información sobre el desarrollo del eGobierno y la eDemocracia. Empezamos, evidentemente, y por orden alfabético, con los que integran el agregador de blogs de Propolis. Pero no cerramos que una vez finalizada esta ronda continuemos con otras personas que también disponen de blogs de ese calibre, tanto en España como en el resto del mundo. En la primera entrevista hablamos con la periodista de Europa Press y buena conocedora del eGobierno pero, sobretodo, del ámbito de la participación ciudadana, Eva Campos. Campos nos da una visión muy real y fuera de tópicos sobre lo que ocurre actualmente en la administración y la democracia digitales. Tanto los poderes públicos como las instituciones civiles tienen aún muchos deberes que cumplir

Máis en: http://www.propolisclub.net/verinfo.asp?cerca=&offset=&tematica_id=&prof=4&info_id=3557

Ciberdemocracia

Aínda que  non puiden ir ao II Congreso Internacional de alfabetización dixital de Extremadura sigo coas detalladas crónicas dos compañeiros blogueiros -Administraciones en red- o éxito deste encontro.

Tamén celebro de que pouco a pouco se vaia falando da ciberdemocracia, pois ata o momento era un dos termos menos citados entre todos os demáis (democracia dixital, electrónica, etc.) para tratar de definir a introducción das novas tecnoloxías no ámbito político.

Lembro que hai uns anos, cando estaba traballando no DEA (Ciberdemocracia, presupuestos teóricos y estado de la cuestión, según una revisión bibliográfica), algunhas das críticas que recibía era que non importaba cómo se chamase (non importaba a infinidade de termos que aludisen á realidade), senón a realidade en sí.

É incuestionable a importancia destos cambios que conlevan as novas ferramentas no ámbito social e político e, precisamente por iso, penso que é preciso tratar de delimitar o que, dentro dunha determinada comunidade, se entende por cada significante. Pola información consultada ó longo destos anos, para min ciberdemocracia non é exactamente o mesmo que democracia electrónica (por exemplo).

Para profundizar no tema recomendo a lectura dos diversos artigos que José Luis Dader escribeu sobre a materia.