Normalmente cando se fala de participación dase por entendido que vai acompañada do termo ‘política’, é dicir: entre cidadáns e políticos, pero a participación pode resultar moi frutífera noutros ámbitos.
Un amigo (cuns cuantos anos para saber do que fala) que sempre que alguén lle di que é apolítico ponse furioso: “Quen pode ser apolítico? Aquel que non se entera onde vive”. É verdade. E para confirmalo busquei o que dí a Academia -para que non haxa confusións- e para a RAE a Política é a actividade do cidadán cando intervén nos asuntos públicos coa súa opinión, co seu voto ou de calquera outro xeito.
Se entendemos que calquer asunto é un asunto público -non delimitidada a actividade dos que se adican á Política- podemos pensar que poden existir outras comunidades de participación. Os Wikis xa son unha forma diso, sen dúbida, e en moitos casos xa se están aproveitando para facer traballos colaborativos, pero sería posible aplicar as TIC ás cofradías ou sindicatos, por exemplo?
Todas estas reflexións non veñen de balde. Estou traballando nunha inciativa de participación que involucra a estudantes e profesores, e nun paso posterior, a politicos, de diferentes institutos en diferentes cidades españolas (Madrid, Murcia e Barcelona). Estou segura de que inciativas que se poden chamar “en sentido horizontal” son máis frutíferas que as verticais, por iso custa moito máis esforzo.
En primeiro lugar, porque non son actividades aisladas que se podan poñer en marcha co traballo dunha soa persoa, require a colaboración e involucración de toda unha comunidade.
En segundo lugar, porque as propostas fanse de abaixo a arriba, e non ó contrario: son os gobernados os que marcan os temas de debate, e non os gobernantes os que din de qué se vai a falar.
En terceiro lugar, require un compromiso por parte de tódolos participantes: as contribucións serán sensatas -sen falta o sentido común das persoas- e tódolos farán a súa contribución
E, finalmente, a iniciativa está rexida por unha percepción de utilidade real por parte de tódolos participantes.
Estos poden ser os requisitos mínimos para que se de unha participación. O resto -iniciativas inviduais que no precisan para nada dunha comunidade para botar a andar- poden ser outros experimentos, pero de seguro que non son participación.
Recent Comments