Viernes 27 de Enero de 2006

17 de maio: Día das Letras Galegas e Día de Internet

Despois da primeira edición o ano pasado do “Día de Internet” este ano repítese o acto. E por si fose pouco coincide co día das nosas letras (Día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel Lugrís). Podemos pensar que se nalgún momento tivemos oportunidade de facer ruído rivindicando a nosa cultura ese día pois agora está máis eclipsado por outra festividade. Esa pode ser unha idea (moi pouco intelixente, na miña opinión). Outra sería que os nosos gobernantes aproveitasen a oportunidade e a potencialidade da rede para impulsar as  nosas letras a través de Internet. Como ben di Luis Arroyo: Trátase de facer o mesmo pero vestidos de Internet.

 

Posted by eva at 08:00:13 | Permanent Link | Comments (3) |

Miércoles 25 de Enero de 2006

Unha reflexión na UE

Susana del Río pasoume esta mañá o programa dun seminario que Barakaldo vai a acoller o próximo 6 de febreiro para reflexionar sobre a sociedade civil é a Unión Europea. O tema pareceume interesante: Estarán catedráticos, políticos de referencia no ámbito da UE ... pero sobre todo porque dende que me facilitou a información non paro de pensar: Se ós cidadáns nos costa participar no ámbito local -porque non hai suficiente interés ou non hai ás canles suficientes- ¿Cómo será posible canalizar a participación cidadán na UE?


Posted by eva at 22:31:08 | Permanent Link | Comments (0) |

Lunes 23 de Enero de 2006

Máis Taller Web 1.0

Non falla. Todos os compañeiros que nos demos cita os pasados días 19 e 20 de xaneiro en Vitoria falamos hoxe do mesmo: da grata experiencia que foi traballar en equipo sobre un mesmo obxectivo, co nome de Taller Web 1.0 . Comenzo o repertorio de citas, xa que todas elas -aínda que co mesmo tema- teñen o seu toque persoal entorno a idea traballada ó carón de Mentxu Ramilo. Obviamente, tratáronse temas de participación e se algo me quedou máis claro é que realmente para as institución tratar este aspecto na súas páxinas Webs é un tema moi delicado, por non dicir tembloroso.

Posted by eva at 20:42:47 | Permanent Link | Comments (5) |

Domingo 22 de Enero de 2006

Xente na rede

Carlos Guadián empezou a escribir sobre o primeiro día do Taller Web 1.0 que os pasados días xoves 19 e venres 20 tivo lugar en Vitoria. A experiencia mereceu a pena, así que unha vez máis o esforzo de Mentxu Ramilo deron os seus bos froitos. O mellor, aparte de facer un decálogo colaborativo de consellos para as páxinas webs das administracións públicas, foi a posibilidade de ver os compañeiros que de cando en cando ímonos xuntando neste obxectivo común de conseguir una sociedade en rede máis asequible e universal. Pero tampoco podo obviar o oportunidade que tiven de coñecer a xente realmente interesante, entre moitos outros, impresionoume José Luis Pardos, a quen moitos galegos lembrarán pola "Guerra do Fletán" en Canadá.


Posted by eva at 18:21:13 | Permanent Link | Comments (0) |

Domingo 15 de Enero de 2006

Cidadáns participativos, cidadáns máis felices

Casualmente atopeime cun párrafo no último libro de Eduardo Punset que alude directamente o que lle aporta a participación ós cidadáns: "Los estudios realizados por los profesores Bruno FreyAlois Stutzer han confirmado los resultados de un experimento con seis mil ciudadanos suizos. Los índices de felicidad aumentan en función del mayor grado de de participación individual de los ciudadanos en las tareas políticas. De hecho, no todos los cantones suizos ofrecen los mismos márgenes de libertad. (...) Se trata de un hecho sorprendente y totalmente incomprensible para los que nunca se ocuparon de velar por la felicidad de sus ciudadanos".

Posted by eva at 10:23:25 | Permanent Link | Comments (0) |

Jueves 12 de Enero de 2006

Alfabetizar ós políticos

Fernando Garrido tivo a amabilidade de pasarme o programa dunhas interesantes xornadas de alfabetización dixital que se van a celebrar en Madrid nos próximos días de febreiro e no que vai participar, entre outros, Antonio Gutiérrez Martín, a quen cito no tíduo do meu blog. É, segundo penso, a primeira vez que se celebran unhas xornadas deste contido en todo o territorio español. En relación co tema, pareceme digno de analise que en esto da "alfabetización" sexan os políticos quenes se atrevan a falar dela como si se tratase dun ben para os cidadáns e coma se eles estivesen nun estado superior de alfabetización.

Pois ben, a realidade di que os representantes políticos (principalmente de adminstracións locais) teñen moito que alfabetizarse dixitalmente...

Posted by eva at 09:06:49 | Permanent Link | Comments (0) |

Miércoles 11 de Enero de 2006

¿Democracia?

"Esta profunda y casi increíble obstinación de los partidos políticos en seguir adelante con un proyecto que no le interesa a nadie, y que incluso empieza a asquear a todo el mundo, puede explicar, en sí misma, muchas cosas. Por mi parte, cuando me hablan de nuestros <valores democráticos>, me cuesta sentir la emoción requerida; mi primera reacción es, más bien, echarme a reír a carcajadas. Si hay algo de lo que estoy seguro, cuando me piden que elija entre Chirac y Jospin y se niegan a consultarme sobre la moneda única, es que no vivimos en democracia". Trátase dun párrafo extraído do libro de Michel Houellebecq El mundo como supermercado pero tamén é unha idea moi pensada no ámbito das novas tecnoloxías aplicadas á política...

 

Posted by eva at 20:11:58 | Permanent Link | Comments (0) |

Martes 03 de Enero de 2006

Taller Web 1.0: un proxecto para mellorar as webs públicas facendo falar á cidadanía

Éste é o tíduo dunha noticia que o diario dixital de Novas Tecnolóxicas de Galicia Código Cero publica hoxe sobre o obradoiro que varias institucións vascas están a facer para mellorar as súas páxinas web e no que pode participar tódolos cidadáns interesados. É unha iniciativa de deliberación e traballo en conxunto.

Teño que resalta qué un traballo totalmente colaborativo que varios investigadores, co impulso de Mentxu Ramilo, estamos facendo totalmente de balde co único propósito de que as institucións sí escoiten á cidadanía.

Esperamos que a iniciativa contaxie a outras institucións. O noso esforzo sería, nese momento, compensado.

Os compañeiros de Código Cero, grazas polo voso apoio.

 

Posted by eva at 20:35:11 | Permanent Link | Comments (0) |