Sep 28, 2006
Internet parlamentario
O último número da revista de estudios de comunicación ZER, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade do País Vasco, publica un artigo feito en colaboración co meu director de tese, José Luis Dader. Co título: “Internet parlamentario en España (1999-2005): los recursos para el contacto ciudadano y su uso, con una comparación europea” é froito dun seguemento de anos.
Publico, có desexo de que sexa de utilidade e interés para alguén, unha traducción do resumo do artigo:
As páxinas web das cámaras parlamentarias e dos propios representantes, xunto cós enderezos públicos de correo electrónico dos deputados e senadores para o intercambio de mensaxes cós cidadáns, abren a expectativa dunha democracia electrónica ou ciberdemocracia, na liña das aspiracións da chamada ‘democracia deliberativa’. A comparación realizada entre os recursos de contacto ofrecidos polos parlamentos británico, francés, italiano e español amosa un atraso relativo das Cortes de España. En experimento adicional de consulta electrónica a tódolos deputados e senadores españoles coa dirección pública de contacto xenera un índice moi minoritario de respostas ó suposto cidadán de a pé que enviaba as mensaxes. A cifra obtida de respostas é inferior incluso á dun estudo similar de 2001, que xunto có anterior de 1999, é utilizado como base de comparación.
O resto do artigo atópase no número 20 da citada revista.
Eu realmente admiro a Dader, sobre todo dende un curso que deu en Santiago de “márquetin político”. Antes xa lle lera cousas (e vira a súa web) e despois seguín afondando até mesmo ler a súa tese, que debe ser de 1983 ou así, con aqueles gráficos tan “retro”. Tiven a oportunidade de falar con el de novo nunhas xornadas que organizamos o ano pasado. Envídioche o director de tese, realmente. De feito teríame gustado que el dirixira a miña, que presentei hai uns meses. Noraboa.
Ola! Sí, o certo é que é un gran profesional e un óptimo director de tese
Saúdiños!!!