Administración&Cidadanía

Esta mañá estiven na Casa de Galicia en Madrid na presentación da revista “Administración&Cidadanía” da Escola Galega de Administración Pública. Aínda que posiblemente non estaba previsto falar de goberno electrónico nin participación cidadá, o tema empezou no turno de preguntas e continuou despois.

Teño que dicir que foi moi interesante coñecer personalmente a Ramón Bouzas Lorenzo (que xa mencionábamos no mes de xuño) e, como non, a Guy Petters, con quenes puiden intercambiar algunha impresión da participación cidadá e os novos medios.

O Prof. Petters dixo algunhas ideas que quero apuntar aquí: “O goberno electrónico é un tema de moda [...] pero tampouco é a panacea”, neste eido “ten os seus pros e os seus contras, por unha banda é unha forma de relacionarse do mesmo xeito cós cidadáns pero por outra banda” deshumaniza os servizos. “Así, pode ser moi incluinte pero por otro lado tamén pode xerar rexeitamento por parte dos cidadáns”.

Internet parlamentario

O último número da revista de estudios de comunicación ZER, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade do País Vasco, publica un artigo feito en colaboración co meu director de tese, José Luis Dader. Co título: “Internet parlamentario en España (1999-2005): los recursos para el contacto ciudadano y su uso, con una comparación europea” é froito dun seguemento de anos.

Publico, có desexo de que sexa de utilidade e interés para alguén, unha traducción do resumo do artigo:

As páxinas web das cámaras parlamentarias e dos propios representantes, xunto cós enderezos públicos de correo electrónico dos deputados e senadores para o intercambio de mensaxes cós cidadáns, abren a expectativa dunha democracia electrónica ou ciberdemocracia, na liña das aspiracións da chamada ‘democracia deliberativa’. A comparación realizada entre os recursos de contacto ofrecidos polos parlamentos británico, francés, italiano e español amosa un atraso relativo das Cortes de España. En experimento adicional de consulta electrónica a tódolos deputados e senadores españoles coa dirección pública de contacto xenera un índice moi minoritario de respostas ó suposto cidadán de a pé que enviaba as mensaxes. A cifra obtida de respostas é inferior incluso á dun estudo similar de 2001, que xunto có anterior de 1999, é utilizado como base de comparación.

O resto do artigo atópase no número 20 da citada revista.

Preparativos web para as próximas eleccións

Fai uns días, durante a Festa da Rosa do PSC, fixeime que o presidente do goberno apoiabase nun atril quewww.psoe.es publicitaba o enderezo dunha páxina web: socialistes.org un detalle que, de aquí adiante, será algo máis que habitual: dende páxinas persoais (quizáis blogs) ata sitios web feitos expresamente para as campañas.

Case sen darnos conta xa é algo habitual que os políticos utilicen Internet como medio propagandístico. Cabe suliñar que isto non ten nada de malo e ata é algo totalmente lícito, o que xa non creo tan apropiado é que nos fagan creer que están fomentando formas de “participación cidadá”, cando únicamente tratan de atrapa-la atención do usuario/elector para que proporcione o seu voto.

Curiosamente Internet adaptado as campañas electorais foi unha das accións que primeiro xurdiron dentro da vida política coas novas ferramentas tecnolóxicas. Foi no primeiro debate presidencial, no ano 1996 entre Bill Clinton e Bod Dole. Foi nese momento cando Dole fixo algo que ningún candidato tivera feito antes: anunciou o enderezo da súa páxina web e convidou ós cidadáns a visitala.

Nese ano 96 evidenciouse que Internet sería un componente significativo para as campañas electorais. A partir dese momento, os partidos políticos publicaron as súas propias páxinas web e os candidatos os seus diarios de campaña.

Nos próximos días proliferarán os blogs políticos e outras novidades webs que terán como obxetivo os vindeiros comicios. O que aconteza despois (o que permanezca despois) está por verse.

 (Documentación: Richard Davis (1999) The Web of Politics)

A participación con tino

Nestes últimos meses a miña visión da participación cidadá mudou significativamente. Tiven varias experiencias que na práctica, no día a día, demostráronme que o común dos cidadáns (insisto, sen precisar e falando en termos xeráis) non está preparado para formar parte activa da vida política.

Sei que esta reflexión ten máis detratores que adeptos pero é unha cavilación personal cultivada durante meses de ‘hibernación’.

Para empezar, teño as miñas dúbidas de que ós políticos se lles pague para que abran foros, chats ou calquera outra canle na que os cidadáns se podan desafogar mediante descalificacións ou palabras malsoantes (penosamente, ocorre na maioría deles). Entendo, por tanto, que amosen certo rexeitamento a mostrarse como blanco.

En segundo lugar, non estou a favor da participación dos cidadáns que, amparándose na liberdade de expresión e demáis dereitos do individuo, actúen con intereses persoais e ocultando parte da súa verdade. É dicir, daqueles individuos que alegando o dereito de expresión manifestan opinións sen nengún tipo de fundamento deliberativo.

Finalmente, considero que a inclusión asidúa da participación cidadá nas cuestións públicas vai esperar: Certo que Internet e os novos medios abren novas formas de participación e, con elas, novas (ou vellas) reivindicacións, pero as decisións duns cuantos para os máis é un tema moi serio que, na miña opinión, non debería mostrarse coma unha fenda aberta para todo o que queira.

Por tanto, a estas alturas penso que non debemos apostar polo uso dos novos medios para incrementa-la propaganda política nin tampouco como unha panacea para que calquera individuo (sen a debida e cumplimentada información) poda dicir o que guste.