Jul 25, 2006
Xornalismo cidadá no Correo Galego
Levo varias semanas observando a páxina web de El Correo Gallego e opción de que os lectores poidan publicar comentarios. Paréceme unha sabia decisión chea de dosis de humildade (o que tantas veces lles/nos falta ós xornalistas).
O diario El Mundo alardea de ser o primeiro “sitio Web español que permitiu que os lectores valorasen a importancia e transcendencia das noticias” (algo que ahora é ben superado por Meneame ou Chuza, a modo de exemplo).
Pero o que está a facer El Correo Gallego (algo que tamén fai 20minutos) é na miña opinión moito máis importante: Trátase de darlle importancia e credibilidade ó que din e poden aportar os cidadáns. Algo que outros moitos (entre os que están tódolos diarios coñecidos de Galicia) aínda non fan.
E o resultado é interesante sobre todo para as informacións de ámbito local:
* Fai uns días o diario do que estamos falando publicou unha nova dun veciño que tivo una accidente nunha praia dunha comarca galega. O xornalista publicou uns datos e foron detallados por varios veciños testemuñas que estaban na zona. Que validez ten esta información cidadá? Neste caso, para min, moita más que a que pode precisar o xornalista que publicou o que a Cruz Vermella ou Protección Civil lle indicou.
* Por outro lado está aquela información que permite un debate sobre un tema concreto, por exemplo: a situación política dun municipio.
Paréceme que esta forma de facer xornalismo de El Correo Gallego terá que ser exportada a outros medios, creo que o voto de confianza que lle da este xornal ós seu lectores a través da web debe ser tida en conta.
Pd. Fixen a proba en diversas ocasión emitindo os meus comentarios as novas para ver se eran censuradas e canto tempo tardaban en publicarse. Ningunha delas foi retirada (ningunha era ferinte e insultante) e o comentario que máis tempo tardou en actualizarse foi un de catro minutos.

Felicidades por tu cuaderno: es muy interesante. Gallegos y canarios… hermanados por la secular emigración a las Américas y por Atlántico… No leo El Mundo (ni escucho la COPE): es una cuestión de ética personal, de principios. Idiota, sí, de acuerdo, pero que le vamos a hacer: cada uno es cada uno y yo soy así… Saludos desde Gran Canaria.
Muchas gracias, Carlos. Estaría encantada de visitar tu cuadernos pero me resulta imposible acceder al enlace.
Coincido en que os comentarios nos medios apórtan moito valor, pero no Diario de Ferrol (www.diariodeferrol.com) levan moito tempo facendoo, e a verdade é que ata o de agora non tivo moito éxito. Quizais a causa é que o deseño web do Diario non axuda á participación. Non o sei.
Ti que sabes disto bótalle un ollo.
Ola Xaime. Moitas grazas polo teu comentario. Non coñecía a opción de comentarios do Diario do Ferrol -e iso que fun unha xonalista de El Ideal Gallego, a mesma casa- pero aínda así resistome a pensar que pode ser comparable. Na carreira eu tiven un profesor que sempre dicía que o día que un xornal abrise a súa portada cunha “Carta ó Director” sería un momento histórico e poderíamos empezar a falar de ‘xornalismo cidadán’. Para buscar a opinión en calquera dos xornais da Ed. La Capital (Ideal, Diario de Ferro, Diario de Arousa..) un ten que ler a nova enteira. Penso que foi algo anecdótico pero que non había intención real de deixar un espazo para os cidadáns. Oxalá esté confundida.
En canto ó da maquetación, totalmente de acordo. Nin que dicir ten que aparecen publicadas ata as esquelas!!! Penso que están adaptando o seu xornal de papel á Internet, pero que non fan un verdadeiro xornal online.
El asunto de la web lo lleva una empresa distinta que nada tiene que ver con el Diario de Ferrol en papel; se limitan a “colgar” las noticias que se les envía y punto. Sí que podría hacer un diario online más decente, ciertamente.