Participación anónima o non?

Cando falamos de participación cidadá unha das primeiras bases que se cuestiona e si debe ser anónima ou se os participantes se han de identificar para tal fin.

Hoxe viña lendo  no metro un artigo dun brasileiro sobre a ‘Democracia e Internet como esfera pública virtual’ que aborda precisamente esta cuestión: “Algúns autores defenden que este anonimato contribúe para establecer unha condición máis paritaria de participación no debate, xa que as desigualdades do mundo real (estereotipos culturais, de xénero, papeis sociais, diferencias de estatus, etc.) sofren un apagamento”.

O que este autor ven a dicir é que cando un cidadán participa nun ambiente libre de medo, intimidación ou ó ríduculo a deliberación é moito máis rica.

Está claro que o anonimato pode ir en detrimento da participación dos representantes pero a identificación vai en contra dos cidadáns. Obviamente, a identificación inflúe, non só na variedade dos puntos de vista que apunta o autor mencionado, senón tamén na representatividade da participación: cando os cidadáns se teñen que rexistrar é menor o número deles que participa.

Sen embargo, está demostrado que cando un participa de forma anónima (se se entende por anónimo Internet…) faino de modo moito máis paisonal, dicindo incluso cousas que un non pensa exactamente, tórnase, entón, máis impulsivo.

Estamos, sen dúbida, ante un problema á hora de propoñer canles de participación cidadá.

Se ben é certo que os cidadáns, en termos xeráis, aínda teñen que ‘madurar’ (tamén informarse e ser máis modestos á hora de enfrentarse a un proceso deliberativo para a participación) tamén o é que  os representantes escúdanse neste argumento para rexeitar a maioría das formas de participación cidadá en Internet. Aínda, cidadáns e políticos, teñen que percorrer este recorrido.