Participación en contra da construcción de vivendas nas costas galegas

Vendo o exemplo de movilización cidadá en pro dunha vivenda digna (Plataforma por una vivienda digna, Wiki - Vivienda Digna, ou o cento de bicátoras que se publican con anotacións neste senso) en todo o territorio quisen facer un seguemento da movilización que está tendo lugar en Internet en contra da construcción de máis de 500.000 vivendas nas costas galegas:

Unha das miñas primeiras sorpresas foi que ó facer as primeiras perquisas nos buscadores máis coñecidos atopei un elevado número de ‘Ofertas inmobiliarias’ (incluso unha promotora ten o seu propio blog), que sobresaen sobre as publicacións críticas.

Por outra banda, tamén abundan os blogs con entradas adicadas ó tema (VigoBlog, Nomadas.Blog, Prazadorei, entre outros) pero non existe un blog específico do tema -quitando casos concretos como o da Mariña Lucense, de Nigrán ou de de Sanxenxo- e, por suposto, tampouco outro tipo de publicación, como pode ser un wiki.

Outra curiosidade é, na miña opinión, que ó revés do que pasou noutros casos, Internet vai por detrás das movilizacións e queixas cidadáns neste tema. É dicir, nas continuas movilizacións que estiveron levando a cabo en pro dunha vivenda digan a rede era un catalizador das reinivindacións e xeraba novas propostas e queixas (por exemplo, movilizacións colectivas) neste caso galego unicamente está servindo para facer públicas accións que existen, pero ser aproveitarse das posibilidades de Internet.

Haberá que ver si en Galicia se toma o exemplo de usuarios activos na rede e se aposta por ferramentas colaborativas para facer unha verdadeira reivindicación colectiva na rede que poida ter, ou non , posteriormente, outras reivindicacións nas rúas.