Deputados e medios de comunicación

Confeso que estos días ando un pouco sensible co tema: deputados sensibilizados ou non coas novas tecnoloxías?

Pero agora mesmo estou un pouco confundida:

Leo na revista ‘Tiempo’ unha reportaxe sobre os deputados do Congreso con blogs e despois da lectura (prometo escribir un e-mail ó xornalista e non quedarme nunha mera queixa de palabraría cobarde) estou un pouco decepcionada, debe ser que a conversa que esta tarde tiven coa miña amiga Teresa sobre a pésima situación do xornalismo -no que a capacidade de crítica e especialización dos profesionais se refire- inflúe no estado de ánimo que me aflixe no momento de escribir esta anotación.

O certo é que despois de ler a reportaxe teño a sensación de que non se trata nada máis que de tres follas enchidas de palabras que van e veñen, sen deixar unha idea clara ó final. A reportaxe -na miña opinión- explica ó uso dos blogs por parte dos deputados do Congreso e fai un tratamento como se fose o xogo do pim-pom: un di isto, outro dí o outro, pero ó final non queda nada claro.

Quen se molestou en estudar o tema e en facer unha exposicion dos feitos e valoración (por suposto, o máis complicado) non pode deixar caer en balde este tratamento informativo que esta revista fai da información. Trátase dun enfoque que non aporta máis que uns datos que xa son coñecidos. E sobre todo, é tremendamente propagandístico pois si ben é certo que estos 18 deputados que teñen blog fan unha labor pioneira, a maioría deles non deixa de facer propaganda da información do partido.

Por outra banda (e en recoñecemento a todos aqueles deputados que levan axundándome todo este tempo) xustamente aparecen na reportaxe os menos colaborativos de cara ós investigadores (non todos).

Debe ser que, como en todo o demáis, cando un ten unha cámara diante a motivación cambia.

Category: Uncategorized

Tags:

3 Responses

  1. Eva says:

    Para seguir co tema crítico dos medios de comunicación. Leo na voz de Galicia que o Concello de Boiro conta cunha nova páxina web e… en toda a noticia non din a dirección da referida páxina ¡A min que mo expliquen! Esto non é profesionalidade
    http://www.lavozdegalicia.es/ed_barbanza/noticia.jsp?CAT=121&TEXTO=4886656

  2. Tranquila Eva, pero si es lo que está de moda ya sabes que de lo que se trata es de escribir… Tú a lo tuyo que de buen seguro será interesante y provechoso para todos,

    Saludos,

  3. Eva says:

    Gracias Carlos! Ya he escuchado el sonido del mar de la playa de Gavà ;) Pero que esté de moda no conlleva que lo tengamos que asumir como tal.

Leave a Reply