May 7, 2006
Arteixo e a alfabetización dixital
Onte estiven por Arteixo e tiven a oportunidade de coñecer a unhas persoas do Concello (Suso e Quico) que traballan moi de preto en temas de alfabetización dixital. Concretamente Quico é a persoa que leva a ‘Aula de Informática’ (uns quince postos con acceso a Internet) e comentoume que acostuman a dar clases de alfabetización dixital a maiores. Dicíame -case textualmente- que lle parecía moito máis productivo ensinarlle ós maiores que ós máis novos, pois sonche moito máis agradecidos.
No remate da conversa apuntaba que en dúas semanas van a a iniciar un curso de alfabetización dixital con marroquíes, pois Arteixo conta cunha amplísima comunidade de xente vida dende Marrocos (uns catrocentos).
Falando con eles, e que o dicían con tanta humildade, pensaba para min que estas accións noutros lugares serían moito máis coñecidos. En Galicia, penso eu, aínda non estamos moi habituados a facer ‘postas en común’ de ideas e coñecementos de xente que traballa na mesma liña.
Eu estarei atenta a este novo curso que os compañeiros de Arteixo van a facer en dúas semanas. Se a alguén máis lle interesa, poden atopalos no Concello (departamento de Informática).
Un rapaz de orixe marroquina que vivía en Arteixo gañou ou case gañou un certame de contacontos que fixeron en Carballo. Coincido contigo.