Qué fan as asociacións galegas con Internet?

Lendo un texto de Levy no que dicía: “Los guardianes del buen gusto, los garantes de la calidad, los intermediarios inevitables, los portavoces ven sus posiciones amenazadas por el establecimiento de relaciones cada vez más directas entre productores y usuarios de la información” lembreime de Cass R. Sustein, un dos analistas que máis fascinada me teñen neste mundo da ‘Ciberdemocracia’- cando plantexaba (coa súa ‘polarización de grupos’) algunha discordancia entre as posibilidades de interacción na Rede dos individuos e as relacións ‘no mundo real’ dos colectivos de cidadáns (asociacións).

En certo modo, varios estudosos do tema plantexan que as asociacións están a facer un uso moi similar ó que están a facer os partidos políticos de Internet: confórmansen coa primeira fase, a da información (Irene Ramos Vielba fala detalladamente do tema destas fases) pero moi poucas veces pasan a interacción e prácticamente nunca chegan á parte da deliberación.

Para facerme unha idea de cómo están a aproveitar algunhas asociacións galegas Internet (dende as súas páxinas web) fixen unha busca aleatoria nun buscador mediante os criterio: ‘Asociacións de Veciños’ . Os primeiros resultados referidos a Galicia foron os seguintes:

Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme.- Ademáis de información da comunidade, no que a ferramentas de interacción se refire, a web desta asociación permite ó usuario participar nun chat, nun foro aberto así como enviar correos electrónicos ós voceiros da asociación.
Asociación de Veciños do Freixo O Peirao de Outes.- Da mema maneira dan información sobre a asociación, pero tamén na páxina web contan cun interesante fondo de fotografías antigas e datos históricos do municipio. Dentro dunha sección de ‘Opina’ permite que os usuarios deixen nun formulario as súas mensaxes, firmen un ‘Libro de visitas’ pero, a diferencia do colectivo anteriormente mencionado non permiten ningún opció para que, de forma aberta, os usuarios abran temas de debate.

Asociación de Veciños ‘A follateira‘.- Mentres que as dúas páxinas web anteriores estaban en galego ésta atópase íntegramente en castelán. A parte de ser un sitio con moi pouca información (baile, gaitas, actividades…) conta cun deseño un pouco pobre e a única opción de interacción é o enderezo dun correo electrónico.

Asociación de Veciños Camiño Coia conta cunha páxina realmente exemplar (integrada dentro do Concello de Vigo).Por riba de calquera consideración conta cunha “Asociación Virtual” que permite solicitar melloras para o barrio, consultar cuestións do colectivo, colaboracións ou facerse socio.

Queiramos ou non, Internet xa está modificando as formas de actuar dos representantes dos cidadáns na sociedade. Os gobernos, os políticos están facendo o posible por subirse ó carro. E parece que as asociación tampouco se quedan atrás.

 

Category: Uncategorized

Tags:

3 Responses

  1. Eva, na Asociación de Veciños “Tras do Rio” da aldea de Tarrio, Bugallido, Ames non temos páxina Web, estamos integrada na páxina do Concello de Ames. Si vas a páxina Web do noso Concello verás a nosa Asociación e un enlace da mesma lévate a un blog. Está integramente en galego, pois é o idioma da nosa asociación e da maioría dos veciños. Olléalo e xa me dirás
    Unha aperta

  2. Eva says:

    Moitas grazas pola información. Vou a ollalo con calma e seguimos a conversa!

Leave a Reply