¿Por qué Galicia como exemplo do voto electrónico?

Quisera saber porqué Galicia sempre figura como exemplo de aplicación útil do voto electrónico. Hoxe, concretamente, atopeime con esta aseveración dúas veces, a última delas di textualmente:

 

“En Galicia (España), donde la población rural está muy dispersa, las comunicaciones terrestres no son muy buenas… cuando el día de votación llueve (algo muy habitual) está demostrado que la abstención aumenta.
Por lo tanto los sistemas de votación remota pueden ayudar a solventar algunos problemas de acceso a los centros de votación en muchos lugares. Estos sistemas mejorarán la calidad de la democracia.” (ver fonte aquí).
 
Disposta xa a pensar na existencia dalgún documento serio que avalase esta afirmación, rastrei toda a información que me foi posible e o certo é que non atopo nengunha analise que faga pensar que o voto electrónico sería útil en Galicia (se alguén o ten, agradezo a súa comunicación).
 
Por tanto, e segundo parecen amosar estos textos, autores destos comentarios din que, dado as ‘malas comunicacións’ que temos en Galicia e ao lonxe que están as diferentes comunidades locais (iso sen pensar na choiva) o máis lóxico é que se aplicamos un mecanismo de voto electrónico (a través de Internet ou de SMS, por exemplo) obviamente a participación electoral aumentará.
 
Ademáis dunha afirmación con moito risco de falsedade (non hai probas que faga pensar na súa certeza) o que me amosa é unha falta de coñecemento de Galicia moi aguda. Efectivamente esta comunidade autónoma está preñada de comunidades pequenas (aldeas) separadas entre elas, pero por moi pouca distancia na maioría dos casos. E ademáis, que se diga que as dificultades orográficas dificultan a comunicación en pleno século XXI parece, canto menos paradigmático.
 
Podo asegurar que hai zonas en Andalucía, Extremadura, Asturias, Castela a Mancha, tan o máis complexas nestos parámetros que Galicia. Pois iso, síntome na obriga de precisar que se o que se pretende é dicir que o voto electrónico pode ter utilidade para aquelas personas que viven lonxe dun colexio electoral, pódese dicir en termos xerais, pero considero que non é xusto que Galicia sexa o sepiterno exemplo desta aseveración.
 
Asemade, como galega, considero que se hai que poñer un exemplo ou posible colectivo de electores susceptible de emprega-lo voto electrónico son os mariñeiros (que en Galicia hai uns cantos). E non vin en ningún manual de voto electrónico que se falara deles.
 
Certamente, cando saen ó mar por temporadas longas, e uns comicios electorais coinciden nesa data, o mariñeiros non poden votar (obviamente, en alta mar non hai correos), para este grupo sí creo que podería ser útil o voto electrónico (agora non votan se non están en terra).
 
Pero pareceme unha verdadeira incongruencia dicir que Galicia podería precisar o voto electrónico para sacar do aislamento ós galegos que viven nas aldeas. Pode que a baixa participación se de por outros motivos, como pode ser a motivación o que, suporía, que aínda que se tivese a posibilidade de votar por outras canles, tampouco se fixera.
 
Por tanto, que cando se fale da pertinencia do voto electrónico en Galicia sería adecuado aportar algún dato serio porque as suposicións e divagacións son susceptibles de desconfianza.