Mar 25, 2006
Un blog político con comentarios
Ante esta moda dos blogs políticos parecía que todos se iban a apuntar o tanto facendo un diario na rede pero, eso sí, coa modalidade de ‘bloc’ e non de ‘blog’; é dicir: diarios sen permitir a opción de comentarios. Pois non. Resulta que o alcalde de Lugo, José L. Orozco, acaba de sacar un blog en toda a regra: Tódolos lectores poden facer comentarios.
Ademáis de información bibliográfica, artigos propios e información do seu Concello o alcalde está publicando neste blog información con moita frecuencia, hoxe mesmo -sábado- aparece a súa última anotación.
Outro dos aspectos máis interesantes deste blog é, no meu parecer, que o alcalde non fai unha mera descripción das súas tarefas diarias coma alcalde, como en certo modo viña facendo Anxo Quintana no seu Diario de campaña nas eleccións autonómicas. Directamente expón reflexións propias que poden ou non estar vencelladas a algún acto ou anécdota propia na súa axenda de alcalde. E todas estás reflexións están sometidas ao debate dos lectores para que opine e falen delas.
Todas as anotacións teñen comentarios (moitos deles moi duros) pero non hai cousa que, sendo verdade, non se poda calar con razóns. Por explemo, o post de ‘Botellón’ foi un dos máis debatidos e comentados entre os seus lectores.
Non podo rematar esta anotación de hoxe sen expoñer que tamén me resulta interesante o uso que indistintamente o alcalde fai do galego e do castelán. Iso denota unha maior naturalidade no uso da nosa lingua.
Oxalá este exemplo de político con blog e comentarios sexa seguido por outros representantes. Seguiremos observando pegadiños a rede….

http://www.lugo.es i http://www.joselopezorozco.com apunten a la mateixa IP: 217.76.137.147
Encara que comparteixo la teva idea que un blog polític (o blog d’un polític) en sí mateix és una eina que es pot fer servir en fi de bé, hi ha coses que em preocupen com es resolen. En aquest cas, per exemple:
+ per què un domini propi i no pas una adreça “dins” de l’ajuntament de Lugo? Això vol dir molt més del que ens pensem. No és una qüestió de detall
+ és el blog d’una persona o és el blog de l’alcalde? Si és més aviat el d’un alcalde, crec que resultaria útil explicar què és això d’un blog, per què un blog per a un alcalde i què pretén aquest alcalde amb un blog. Si, en canvi, és el blog d’una persona (que resulta que és l’alcalde de Lugo), doncs potser plantejar-se no hostatjar-lo al mateix lloc que l’ajuntament…
Són detalls, potser, però crec que molt importants per a fer les coses ben fetes. Per tant, enhorabona a aquesta persona per creure que un blog li pot ser útil per a ….. Però també, recordar-li que un blog va molt bé per a fer pedagogia de les noves tecnologies (per tant, d’aquí la necessitat d’explicar ben bé què pretén amb el blog) i que no ha d’estar exempt de procediments administratius “correctes” (d’aquí la necessitat de resoldre la vinculació del blog amb la institució que representa).
(Uf, massa llarg, no?)
Xavi,
Non é moi longo o teu comentario e moitas gracias pola túa puntualización.
Verdadeiramente é un tema intersante o que plantexas e en canto teña ocasión voullo a preguntar. Seguro que non é máis que un tema técnico (digo eu) pero non se deron conta das implicacións que, coma ti dís, van moito más alá.
Graciñas!!!
Ok amb el què diu en Xavier, però, com a mínim, cal destacar el fet que l’alcalde permeti comentaris. Almenys, no elimina una de les capacitats d’interactivitat que permeten els blogs.
Roc!
Moitas gracias polo teu comentario. Coincido contigo, a diferección de IP é importante pero coma ti dis o verdadeiro reto é que un político escoite as opinións dos seus cidadáns, e ademáis que convide a iso…
Gracias pola vosa colaboración
O blog do alcalde de Lugo non é un blog ó uso, porque pra comezar é unha páxina web (www.joselopezorozco.com) pagada por todolos lucenses.
O alcalde de Cornellá polo menos tivo a decencia de facer o seu blog nunha páxina web que che permite facer blogs gratuitamente (blogspot.com).
María, moitas grazas polos teus comentarios. O certo é que outros invirten os cartos noutros temas, ó menos o alcalde de Lugo (con tódalas críticas que se lle poda facer) permite que os cidadáns lle digan as cousas. Non é unha páxina web propiamente dita e, na miña opinión, sí ten máis que ver cun blog. Se te refieres ó enderezo, non ten nada que ver que sexa http://www.joselopezorozco.com con que sexa un blog.
Graza a ti pola resposta.
O que quero decir é que o seu blog é unha copia calcada do seu enlace como Alcalde na páxina web do Concello.
Ou sexa que se algún lucense lle quere decir algo ó alcalde xa tiña forma de facelo na páxina web oficial do Concello. Isto é lóxico e considero que é un servizo público e que está ben feito.
O que non é un servizo público é facer unha páxina personal na que o mesmo alcalde di que quere expresar cousas que non sexan do se traballo como alcalde pero se te fixas o deseño da páxina http://www.joselopezorozco.com é mesmo deseño que ten o seu enlace na páxina web do concello (só se troca a cor azul por verde) http://www.concellodelugo.org/concello/alcaldia.asp, saen os seus bandos como alcalde e ten un link con as conversacions dixitais que ten como alcalde.
Non parece que queira marcar unha diferencia entre a sua faceta como alcalde e sua faceta persoal.
O enderezo non importa nin o uso, pero si tes unha páxina web (www.joselopezorozco.com) tes que pagar un servidor de Internet, cosa que non ocorre cando fas o teu blog como o Alcalde de Cornellá.
Por certo, ainda que isto non teña moito que ver, eu fun alumna do alcalde e douche a razón cando ti dis que é un home que permite que os cidadáns ou os alumnos lle digan as cousas.
Pero tamén che digo na miña expericiencia como alumna que o final sempre vai facer o que el quere ainda que non teña razón e a razón sexa do alumno.,
Pra rematar a miña noraboa polo teu blog.
. .
María, grazas pola túa visión persoal que, sen dúbida, enriqueceme moito. Estou plenamente de acordo contigo cando apuntas que o que non procede é que o alcalde teña un blog para falar de cousas que non son relativas á súa función pública como alcalde. Eso, sen dúbida, é unha certeza. O que parece facer (cando intentar dar opinións como cidadá de a pé) non é máis que achegarse ós cidadáns dicindo ‘Eu son coma vós’, pode ser ata un ‘marketing político’. Certamente, non ten discusión que si o seu blog non cumple a función de contar a súa tarefa como rexidor local que é non ten razón de máis que se pague cos cartos públicos dos lucenses.
GRAZAS María!
Bos días, Eva.
Atopei o teu blog de casualidade e me gostaría facer un comentario sobre os blogs de políticos e en concreto o blog do alcalde de Lugo.
Todolos blogs de alcaldes que atopei (Avilés, Cornellá, Portugalete) están metidos en páxinas web gratuitas agas o do alcalde de Lugo que ten o seu propio dominio (www.joselopezorozco.com).Non me parece ben isto, porque podendo facelo gratuitamente non ten porque pagar un dominio de seu.
En canto o que ti dis do marketing político no caso do alcalde de Lugo non ten moi diferenciada a sua faceta personal da sua faceta política. E mais, pouco a pouco e dun xeito moi intelixente (hai que recoñecelo) usa o que debia ser unha cousa persoal para acadar obxetivos políticos.
e as veces ten unha certa autocomplacencia consigo mesmo.
Como exemplo podes entrar no seu blog e ver que onte 9 de xullo, celebra os 6 meses de vida do blog. O problema é que o seu blog arrincou un 28 de febreiro co seu primeriro comentario “La perspectiva” como se pode ver no arquivo do blog ou ben indo a hemeroteca.
Polo tanto os 6 meses cumplense o 28 de agosto, ou sexa 1 mes e 19 dias despois do que el di.
Pra rematar co “marketing político” e como dixo María ben está que un político che escoite pero se vai a facer sempre o que lle pete ainda que non teña razón, parece coma se estivese rindo dun.
Un saúdo
Ola Eduardo, agrádame moito recibir un comentario teu. Estou totalmente de acordo co que apuntábades previamente María e ti, en canto ó dominio gratuito. Habería que saber porqué optou por un de pago. Teño entendido que ademáis do blog tamén chatea periódicamente cos seus cidadáns, Que experiencia tendes disto? Reforza a opinión que apuntades do blog? Moitísimas GRAZAS!
Eva
Bos dias, Eva.
Estiven mirando o dos encontros dixitais do Alcalde de Lugo.
Segun a nota de prensa da paxina web do concello (http://www.concellodelugo.org/concello/noticia.asp?s=13&id=1916) estes encontros mensuais permitiran contactar con Alcalde en tempo real para plantexarlle calquera dúbida ou cuestión.
O primer encontro foi 0 24.02.05 (http://www.lugo.es/concello/encontroshistorico.asp?fecha=24/02/2005)
Vou analizar as preguntas ou dúbidas que lle fan relacioadas con temas onde interveña o Concello en todo ou en parte. Evidentemente preguntas que lle fan relaciodas co Plan Ibarretxe, Museo da Romanización (pertence a Xunta), etc. ou ben felicitacións ou críticas xerais non as teño en conta.
Veremos por tanto se usa os encontros para acrarar esa dúbidas ou cuestións dos veciños ou quizais para quedar ben con eles dicendolles boas palabras e si a todo, pero sin arranxar nada (“marketing político”)
1) LLe preguntan que para cando estará a nova ponte sobre o Miño. Contesta que o estudo se licitará o proximo mes de marzo. O anuncio de contrato para licitación dese estudo non se fixo en marzo. Fixose o 1 de xuño (BOE nº 130). A adjudicación deste estudo se fixo o 14.02.06 (BOE nº 38) O estudo ainda non está feito. Despois fará falla facer o estudo medioambiental, adxudicar as obras a unha empresa e facer a ponte. É imposible que esté feita no 2007 como di o Alcalde.
2) Lle preguntan que cando se van a rotular as calles do barrio de San Lázaro. Di que no mes de marzo. Non puiden comprobar si se fixo en marzo. So sei que os rótulos están postos
3) Lle preguntan que cando se entregan as vivendas sociais de c/ Aquilino Iglesias. Di que no menor tempo posible e cando pasen unha revisión do Concello.
O Concello recibió o 21.12.04 a comunicación da Xunta do remate das obras para que se fixera a revisión polo Concello. Esa revisión se fixo o 02.03.05 e o informe ó dia seguinte. Como podes ver o informe non debía ser moi doado de facer (se fixo nun día) polo que non parece moi xustificable que se tarde mais de dous meses en ir a facer esa revisión polo Concello.
De todas formas na Voz de Galicia do 16.04.05 o Alcalde di que por parte do Concello actuose con dilixencia. Os pisos ainda tardaron mais en entregarse os veciños porque a concesión de licencia de primeira ocupación que lle corresponde facer ó Concello non se fixo ata 13.09.05
4) Lle piden un parque de skateboard.Di que está aprobado o proxecto para facelo no primeiro bancal do Parque de Rosalia (Rua Vila de Foz). As obras remataron en novembro de 2005, pero o que se fixo alí non foi unha pista de skateboard, fixose unha pista de patinaxe para patins con rodas, non para taboas de skateboard, ou sexa se asfaltou de novo o bancal do parque(por certo non é unha pista de patinaxe cerrada, tamén ten uso peatonal). O parque de skate preveese facer no Parque de Frigsa. Esto foi anunciado polo concelleiro de Obras o 07.01.06. Voltouse a anunciar polo concelleiro de Deportes o 26.05.05,
Din unha volta polo parque de Frigsa (vivo a menos de 50 metros) e as obras ainda non comezaron.
5) Esta che vai a interesar moito polo teu traballo tan relacioado con Internet
Lle piden que se poidan facer trámites administrativos online. Contesta o alcalde que pronto porque ten presuposto para elo. Se entras na páxina web do concello veras que hai un link chamado “Oficina virtual”, pero o único que podes facer aquí é descargar impresos de instancias e solicitudes, Non é por tanto unha oficina virtual onde podas facer as tuas xestions desde Internet
Ben, ¿que che parece como comezo?
SeguireI a proxima semana.
BO FIN DE SEMANA
Caramba, Eduardo! Que interesante todo canto me contas e que completo!… despois da segunda parte e así direiche unha conclusión final.. ainda que xa se pode adiviñar! Grazas e boa finde para ti tamén!
Bos días, Eva.
LLe preguntan que para cando o Centro Tecnoloxico de Alimentación (CETAL). Di que a primeiros de marzo teránse novas.
Vou rematar co encontro dixital do Alcalde de 24.02.05.
Por certo todolos datos atopeinos na Voz de Galicia que ten un bo motor de búsqueda e acceso gratuito a sua hemeroteca. Non podo decir o mesmo do diario local “El Progreso”.
Evidentemente tes que ir a edición dixital do día seguinte o da data que eu poño, porque as edicións locais da Voz non se actualizan diariamente..
6) Lle preguntan por unha subvención na C/ Catedral 30. LLes di que o seu expediente está en marcha. No encontro dixital do 31.03.05 lle din que o expedente está parado porque hai un informe pendente e o responsable está de vacacions. Contesta que se encargará persoalmente de axilizar os trámites. Pasei por ali e a casa segue coma sempre e cho digo porque me decatei que é a casa onde está o Pub “Rivendel” (son parroquiano habitual).
Estos mesmos de Catedral 30 e outro lle comentan (encontro do 31.03.05) o dos borrachos que se atopan sempre na Porta da Catedral que da a Praza de Pio XII insultando os peons. Lles di que si hai insultos que denuncien a policía pero que reflexioen sobre o que Xesus de Nazaret dicia sobre os pobres no Evanxeo. Uns minutos máis tarde lle insisten e lles di que el tamén está preocupado e que se manda a Policía Local de forma disuasoria.
Na Voz de Galicia do 14.05.06 se di que unha excursión dun colexio de Vigo tivo que ser escoltada na sua visita á Muralla pola policía tras seren insultados e importunados por estes borrachos. No verán estes borrachos trocan de zona buscando a fresca e van os xardíns da Praza da Constitución, xusto enfronte do Cuartel da Policía Local.
7) Lle preguntan que para cando o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O Alcalde lles di que a aprobación inicial para Maio 2005. O Plan aprobouse en Xunta Local o 26.01.06
O CETAL foi unha promesa electoral presentada en roda de prensa o 05.03.04 por Xosé Blanco e o alcalde. O CETAL conlevaría según Xosé Blanco a creazón de uns 3000 postos de traballo en Lugo
O 08.04.05 asinouse o convenio para crear a unidade de xestión e dinamización que é o xermen do CETAL prevéndose nesta fase inicial a creazón de 87 postos de traballo. En setembro do 2005 foron contratadas 3 persoas (2 administrativos e 1 técnico) que forman a dita unidades de xestión e dinamización.
Por non constituirse o CETAL en 2005 o MInisterio de Agricultura tivo que prorrogar ó 2006 unha subvención de 3 millons de euros.
O 03.03.06 o Alcalde di que os traballos van mais rápidos do previsto e que para xuño estará constituida a Fundación que rexirá o CETAL. De momento non está constituida
9) Lle preguntan pola colocación de bandas rugosas na Ronda da Muralla e na Avda. Ramón Ferreiro. Di que se colocarán. Non están colocadas
10) Lle preguntan pola renovación da C/ Noriega Varela, Di que lle corresponde os propietarios do Barrio do Carme e que si se desenvolve o Barrio se desenvolve a rúa. O 14.07.06 antes as numerosas queixas dos veciños se anuncian melloras nesa rúa. O concelleiro de Obras di que non se trata da urbanización da rúa, só de melloras no pavimento.
11) Lle preguntan que para cando estará rematado o Centro Sociocultural de Frigas. Di que para primavera 2007. O 02.05.06 anunciase a construccion dunha nave para asociacions de tipo social. As obras ainda non comezaron
12) Lle preguntan polas negociacións para o centro de mantemento de avions en Rozas. Di que hai moita xente traballando nelo. A dia de hoxe non hai nada feito.
13) LLe preguntan que cando convocará as prazas de bombeiros e policiass locais, Di que está esperando unha sentenza pero que para antes do 2006.
A oferta de emprego púbrico (as distintas convocatorias ainda non sairon) saiu no BOE nº 150 de 24.06.06.
A sentenza saiu o 18.03.05. Nela o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulaba a convocatoria de 16 policias interinos por parte do Concello. Esta convocatoria aprobarase o 10.07.02 e o TSXG anulouna entre outras cousas porque a os interinos non se lles exisia o mesmo que a os policias fixos (permiso de conducir coches patrulla, pasar os cursos da Academia Galega de Seguridade, edade, etc)
O 04.04.05 o Concelleiro de Seguridades di que tan pronto se poida convocaranse as prazas de policias correspondentes os anos 2000 e 2001 (5 vacantes). A oposición pedía que se convocaran todalas vacantes dende o 2000 ata o 2004 (as 16 vacantes).
Vemos polo tanto que en Xuño do 2006 se convocan as vacantes de policias locais que habia en Lugo dende o 2000.
O Concello de Lugo ten moitas sentenzas desfavorables en materia de persoal. O TSXG advertiu moitas veces da tendencia do Concello de facer contratos laborais temporais para cubrir prazas de funcionarios, eludindo asi os controis legais que teñen unhas oposicions púbricas.
14) Lle preguntan pola árbore cortada en Avda. Coruña 122. Lles di que llo pasará ó responsabre de Xardins. Non sei cando se puxa a árbore, pero a árbore está posta que é o importante
15) Lle preguntan polo arranxo da Ronda do Carme. Lles di que se fará este ano 2005. As obras comezaron o 18.02.06
Bueno, con esto remata o encontro dixital do 24.02.05.
Perdoa se me enrollei de mais.
¿Qué che parece?
Un saúdo
Eduardo, ante todo parabéns e agradecementos pola cantidade de datos!!!
Que me parece? pois unha conversa típica dun político cos seus cidadáns. Non podemos pretender que López Orozco sexa alguen diferente, se a profesión marca a perspetiva de vida, e a dun político igual.
Algunhas das respostas son de risa (non sei se serán literais, pero dende logo soan a chiste) outras típicas (que algo vai estar rematado tal día e non está ata un ano despois, se está -supoño porque estos traballos son unha cadea de moita xente-) pero aínda así creo que estas conversas deberían telas un maior número de alcaldes cos seus cidadáns.
Unha pregunta: Probachedes a dicirlle todo e canto pensades?
Bos días, Eva.
As respostas do Alcalde que che puxen son literais (supoño que te refires as de Xesús de Nazaret o as do barrio do Carme) e podes velas nos seus encontros dixitais (tes un link no seu blog).
Ben está como ti dis que os alcaldes teñan conversas cos seus veciños e que saiban de primeira man os problemas destes para tentar de amañalos.
A miña conclusión sobre as conversas do Alcalde de Lugo é mais ou menos a túa, qué é un político “clásico” que presenta a novidade de usar as novas tecnoloxías para medrar políticamente.
En cuanto a tua pregunta, penso que xa moita xente lle dixo no seu blog o que pensaba disto.
e ante a falta de resposta simplemente optou por deixar de entrar no blog.
Se entras no seu blog, poderas decatarte de que dende fai uns meses o 95% dos comentarios son de simpatizantes dil e que xa case non hai comentarios de detractores.
Isto tamén se pode ver nos encontros dixitais, onde cada vez son menos as preguntas e dúbidas de casos concretos que lle plantexan os veciños e cada vez son mais os que contactan con il só para felicitalo.
Quizais os veciños estean cansos de plantexarlle cousas e recibir boas palabras pero non ver ningún feito ou tardar mais do debido en ver eses feitos..
Craro que quizais o que estea equivocado sexa eu. ¿Quen sabe?
Un saúdo e moitas grazas.
Ola de Eduardo! Moitas grazas polos teus puntuais comentarios. Onte estiven lendo un artigo e lembrabame todo isto canto ti apuntas: os políticos usan as novas tecnoloxías para facer un lavadado de cara, pero non hai un cambio profundo no discursos.
Eu penso que aínda así, o que ti apuntas, de que algo ten que quedarlle se os veciños lle din as cousas.
Vou tratar de falar con alguen do Concello para obter algún tipo de información ó respecto.
Moitísimas grazas pola túa información e datos!
Seguimos..