Mar 25, 2006 16
Un blog político con comentarios
Ante esta moda dos blogs políticos parecía que todos se iban a apuntar o tanto facendo un diario na rede pero, eso sí, coa modalidade de ‘bloc’ e non de ‘blog’; é dicir: diarios sen permitir a opción de comentarios. Pois non. Resulta que o alcalde de Lugo, José L. Orozco, acaba de sacar un blog en toda a regra: Tódolos lectores poden facer comentarios.
Ademáis de información bibliográfica, artigos propios e información do seu Concello o alcalde está publicando neste blog información con moita frecuencia, hoxe mesmo -sábado- aparece a súa última anotación.
Outro dos aspectos máis interesantes deste blog é, no meu parecer, que o alcalde non fai unha mera descripción das súas tarefas diarias coma alcalde, como en certo modo viña facendo Anxo Quintana no seu Diario de campaña nas eleccións autonómicas. Directamente expón reflexións propias que poden ou non estar vencelladas a algún acto ou anécdota propia na súa axenda de alcalde. E todas estás reflexións están sometidas ao debate dos lectores para que opine e falen delas.
Todas as anotacións teñen comentarios (moitos deles moi duros) pero non hai cousa que, sendo verdade, non se poda calar con razóns. Por explemo, o post de ‘Botellón’ foi un dos máis debatidos e comentados entre os seus lectores.
Non podo rematar esta anotación de hoxe sen expoñer que tamén me resulta interesante o uso que indistintamente o alcalde fai do galego e do castelán. Iso denota unha maior naturalidade no uso da nosa lingua.
Oxalá este exemplo de político con blog e comentarios sexa seguido por outros representantes. Seguiremos observando pegadiños a rede….

Recent Comments