Vigo estrea os ‘Cadernos cidadáns’

‘Cadernos Cidadáns’ xa é unha realidade e nin máis nin menos que na miña terra. Por iso, antes de empezar a explicar os pormenores do tema en primeira persoa teño que soltar que me sinto satisfeita de que por primeira vez neste camiño profesional que estou seguindo unha cidade galega sexa a pioneira. Agora os detalles…

Podo dicir que levamos meses traballando no tema (gracias compañeiros do día a día) e gardando o segredo pero hoxe, despois de voltar de Vigo (cómo chovía…) e de ver toda a difusión que os medios de comunicación (a casa Europa Press ou o a web de referencia para min Código Cero e outros medios de Granada, Fuerteventura o Palencia, entre outros) teño que engadir algunha cousa máis que non sae na prensa.

No se puede mostrar la imagen “http://www.codigocero.com/200x200/cidadans_net.jpg” porque contiene errores.

Imos por partes: Europa Press, coa referencia do director de Novos Proxectos, (despois de intentar todo cos políticos por intentar fomentar un espazo de debate público a base de propostas e deliberación) empezou a traballar na idea de cómo encauzar a participación cidadá a través da liberdade de expresión entre os veciños dunha determinade comunidade pero co apoio dun Concello e o seu goberno. Así xurdiu a idea de ‘Cuadernos ciudadanos’ cun dos obxectivos claves: crear redes sociais dixitais dentro dun determinado municipio.

A concelleira de Participación de Vigo, Marta Iglesias, amosou dende o principio un apoio firme a esta idea. Así foi como, coa súa colaboración, a idea de ‘Cuadernos Ciudadanos’ foi cobrando forma e convertíndose en ‘Cadernos cidadáns’.

Aclaro: É un proxecto novo, por iso é mellorable en todos os seus aspectos (empezando polo técnico). Pero tamén penso que é unha idea interesante xa que detrás do que cada cidadán poda expresar hai un goberno que, como mínimo, observará e oirá o que digan os vigueses.

Pola miña banda asumo o compromiso (persoal e profesional) de analizar o detalle e a repercusión que os comentarios dos blogs de Vigo teña nas accións dos seus políticos.

Agora sería moi intersante para min recibir as vosas recomendacións e suxestións. Graciñas de antemán.

Un blog político con comentarios

Ante esta moda dos blogs políticos parecía que todos se iban a apuntar o tanto facendo un diario na rede pero, eso sí, coa modalidade de ‘bloc’ e non de ‘blog’; é dicir: diarios sen permitir a opción de comentarios. Pois non. Resulta que o alcalde de Lugo, José L. Orozco, acaba de sacar un blog en toda a regra: Tódolos lectores poden facer comentarios.

 

Ademáis de información bibliográfica, artigos propios e información do seu Concello o alcalde está publicando neste blog información con moita frecuencia, hoxe mesmo -sábado- aparece a súa última anotación.

Outro dos aspectos máis interesantes deste blog é, no meu parecer, que o alcalde non fai unha mera descripción das súas tarefas diarias coma alcalde, como en certo modo viña facendo Anxo Quintana no seu Diario de campaña nas eleccións autonómicas. Directamente expón reflexións propias que poden ou non estar vencelladas a algún acto ou anécdota propia na súa axenda de alcalde. E todas estás reflexións están sometidas ao debate dos lectores para que opine e falen delas.

Todas as anotacións teñen comentarios (moitos deles moi duros) pero non hai cousa que, sendo verdade, non se poda calar con razóns. Por explemo, o post de ‘Botellón’ foi un dos máis debatidos e comentados entre os seus lectores.

Non podo rematar esta anotación de hoxe sen expoñer que tamén me resulta interesante o uso que indistintamente o alcalde fai do galego e do castelán. Iso denota unha maior naturalidade no uso da nosa lingua.

Oxalá este exemplo de político con blog e comentarios sexa seguido por outros representantes. Seguiremos observando pegadiños a rede….

 

A rede para acadar simpatizantes

Fai pouco estiven falando cunha persoa vencellada ao novo colectivo con revindicacións políticas que está xurdindo en Cataluña, é Ciutadans de Catalunya, para ver de qué forma están aproveitando Internet para establecerse na sociedade é darse a coñecer. Desta forma teño que empezar a dicir que despois de enviar un e-mail xenérico de petición de información o webmaster da páxina contactou conmigo en menos de 48 horas (coa fin de semana por medio) e tivemos a ocasión de falar de vagariño.

Entre as reflexións que ambos compartimos destaco as seguintes:

  • Sen Internet, este colectivo non chegaría o número de afiliados e simpatizantes aos que está acadando. Hoxe en día –en palabras deste especialista- quen se queira facer oir na sociedade se non utiliza Internet non ten moito máis que facer. A Rede é, para este grupo, a principal canle para conseguir afiliados.

  • Internet permite que os simpatizantes procedan de diferentes puntos. Ademáis de cidadáns cataláns tamén –a través de Internet- abundan, por certo, varios de A Coruña, Madrid, entre outros puntos do territorio español.

  • Internet permite a libre expresión para un colectivo que pode non atopar facilidades nos tradicionais medios de comunicación. Efectivamente, a ‘Axenda Setting’ fai que os grupos politicos xa establecidos controlen as axendas dos periodistas e un colectivo con novas reivindicacións pode non atopar un espacio neste texido mediático.

En canto as cuestións internas, este webmaster tivo a amabilidade de contarme que:

  • Só unha persoa se dedica a xestionar os temas relacionados coa web deste partido que, co crecemento que está tendo (en canto a afiliados) de contado se verán obrigados a destinar novos recursos.

  • Tódolos correos electrónicos se contestan (segundo afirmou). Van dirixidos a una web xenérica de información e, a partir de ahí, canalizanse a persoa indicada.

  • A maioría dos correos electrónicos son –segundo as mesmas fontes- de apoio ao manifesto deste colectivo ou de solicitude de información. Moi pouco son os que se dedican únicamente a insultos ou mensaxes despectivas.

Este é un exemplo de cómo un colectivo pode aproveitar Internet para constituir e darse a coñecer nesta nova sociedade da, xa, información.

O resto da información, coma non, pódese atopar na web deste grupo: http://www.ciutadansdecatalunya.com/

 

A democracia dixital, un debate da participación cidadá na vida política

Dende que as novas tecnoloxías se introduciron na nosa sociedade, hai certos axentes que se dedican a observar se estas ferramentas da información levan consigo prácticas substanciais que fomenten a participación cidadá nas cuestións políticas. Certamente, a desafección política que se está a vivir nas sociedades democráticas occidentais está promovendo que dende algúns recunchos da sociedade se vexa nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) a posibilidade de que os cidadáns e o seus representantes teñan un contacto máis directo sen o filtro dos tradicionais medios de comunicación.
Esta posibilidade propiciou que moitos analistas e investigadores do ámbito da Comunicación Política expuxeran diferentes hipóteses coas conclusións aínda por ver: se por unha banda se pensa que as Tecnoloxías da Información e da Comunicación poden eliminala patía e o desencanto político que grandes sectores sociais senten na sociedade actual e que a súa aplicación nos servizos públicos pode ser aproveitada para obter un maior rendemento nos mesmos; por outra banda considérase que a introdución destas tecnoloxías no ámbito público non vai a mudar nin os xeitos, nis os retos, nin tampouco os obxectivos da política.
As teorías máis realistas esbozan que as ferramentas tecnolóxicas (coma por exemplo Internet e os teléfonos móbiles, entre outras) non van a significa-la transformación dos sistemas políticos de Occidente –é dicir, Internet non vai trasladala política ós cidadáns- mais defenden que achegan novas vías de comunicación e de intercambio de información para os cidadáns que realmente teñen interese nas cuestións políticas. Deste xeito, aínda que as tecnoloxías non van a ocasionar que as prácticas da democracia participativa vaian cumprirse (ó menos a curto prazo) si ofrecen unha implicación máis achegada entre os políticos e os cidadáns máis interesados.
Precisamente, un dos aspectos que causa máis olladas no proceso de aplicación das TIC ó ámbito político é a participación cidadá nas cuestións públicas e non se pode confundir esta participación coa xestión de documentos coa Administración Pública, pois iso non é máis que unha mellor de servizos públicos, senón na posibilidade que teñen os cidadáns dunha determinada comunidade para informarse, deliberar e decidir sobre asuntos da mesma.
Artigo publicado en Código Cero
Nun primeiro termo, hai que pensar no interese que poden amosa-los usuarios para intervir nas cuestións públicas e, en segundo termo, nas posibilidades reais de acceso que eses electores poden ter á información pública. En base a este argumento, pensar nunha cidadanía máis activa, ben instruída, que recompila información e expresa as súas opinións, é acertado para describila situación dalgúns cidadáns, daqueles que están politicamente interesados e motivados. Para este sector da poboación, Internet si pode significar un importante avance no proceso de reunir información e de entrar en contacto con quenes establecen decisións. Non obstante, para a gran maioría dos habitantes non terá estas consecuencias.
Con todo, aínda queda moito que percorrer no vieiro do acceso universal de tódolos cidadáns á Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Finalmente, hai que ter presente o interese ou a posibilidade dos gobernos e das institución públicas para facilitar información, e a probabilidade real destes cidadáns para atopala. Neste sentido, pódese considerar que, até o intre, a maioría dos representantes políticos están máis preocupados por cuestións coma o control da información e a intromisión na intimidade persoal de cada individuo ca por velar porque este dereito democrático de acceso a información se vexa cumprido.
Neste contexto é mester formularse o papel que os axentes políticos, sobre todo o dos gobernos, exercen na Rede. Ademais da responsabilidade dos cidadáns cómpre referirse á dos políticos en canto aproveitan esta falta de entusiasmo dos cidadáns para cumpri-los seus obxectivos propagandísticos en lugar de fornece-lo coñecemento libre entre os individuos. O problema é que, segundo consideran moitos analistas, os políticos trasladaron á Rede os seus discursos tradicionais e manteñen o sentido da información: ora falan da ausencia de entusiasmo e interese dos cidadáns para participar na vida política, ora cústalles desenvolver propostas que promovan esa participación.
En definitiva, estase vendo que a Red ofrece novas posibilidades ós cidadáns de a pé, principalmente ós que realmente están interesados na política, para participar na vida pública.
No en tanto, aínda existen moitas trabas para que esas posibilidades poidan levarse ao fin: ben pola responsabilidade do propio individuo (por descoñecemento ou interese) mais, sobre todo, porque os gobernantes aínda seguen amosando máis interese na poboación coma conxunto (a través dos medios de comunicación de masas) cá nos cidadáns coma individuos.

O triste número das alcaldesas galegas

Sempre, pero hoxe estou especialmente reivindicativa coa situación actual da muller. Non nego que gracias ás nosas predecesoras hoxe moitas puidemos estudar na universidade e incluso ‘disfrutar’ de pequenas píldoras de libertade que as nosas avoas non tiñan. Pero éncheme de crispación cando se achega a celebración do día da muller traballadora (o aniversario do voto feminino quedará para outra ocasión) e aos nosos representantes brótalles da boca palabras de eloxios e reinvindicacións hipócritas que intentan cegar a realidade. Sinto moito pero non me creo as políticas que se están facendo.

Fai un ano o xa desaparecido Haro Tecglen escribiu un artigo sobre o 8 de marzo co que me identifiquei plenamente: a loita non é de mulleres contra homes. E a de todos xuntos para ir movendo esta sociedade. Dicíao para defenderse dalgunhas políticas feministas que intentan despreciar todo e canto caracteriza ao sexo masculino intentado impoñer o valor das mulleres. E quizáis, en moitos casos, os verdadeiros perigos ‘machistas’ están en comportamentos das mesmas mulleres. Sería un largo discurso que daría para unha análise enteira, cando en realidade con estas liñas só pretendía unha pequena introducción. Por iso, vou pasar a algo que quero deixar de manifesto hoxe aquí.

 

 

Despois de facer un pequeno percorrido por diferentes páxinas webs con información dos concellos galegos, obtiven o seguinte dato:

Dos 315 municipios de Galicia UNICAMENTE 19 está presididos por mulleres. Quere dicir isto que de 315 rexidores soamente 19 son alcaldesas, o resto ( nada menos que 296) son alcaldes.

Catro delas son da provincia de A Coruña (Cabanas, Melide, Muros e Valdoviño), dúas de Lugo (Guitiriz e Sober), cinco de Pontevedra (Bueu, Cuntis, Mos, Rivadumia e Vigo) mentras que Ourense é a provincia con máis alcaldesas: A Bola, Carballeda de Valdeorras, Cartelle, Cualedro, A Porqueira, Ramirás, San Cibrao das Viñas e Sandiás.

Una pequena lista que non fai máis que amosar unha triste realidade que nestos días se encherá de corseles… Todo o discurso debería ser máis natural. A solución está en homes e mulleres que vaian na misma liña. Algo que aínda está por ver.

Cando algúns políticos falan da Ciberdemocracia…

Fai un tempo descubrín un artigo da senadora australina Kate Lundy no que falaba da “Ciberdemocracia” e que recomendo a súa lectura.

Entre outras ideas, Lundy esboza a idea de que as tecnoloxías da información (como ferramentas concretas fala do voto electrónico aplicado ao parlamento ou o correo electrónico) axilizaría a burocracia que actualmente caracteriza a maoría das administracións públicas. Igualmente apunta que inevitablemente estos novos medios (coas novas xeracións) actualizarán as formas de traballar dos parlamentos.

“As lexislaturas son máis eficaces e productivas despois da introducción dos dispositivos electónicos”, di a senadora e, por tanto, é inevitable que os parlamentos se vai actualizando en nivéis tecnolóxicos.

Pero esta senadora tamén fala da participación cidadá: Internet permite a participación de masas no proceso democrático e a Ciberdemocracia é unha realidade (referíndose ao caso de EEUU). Outra das ideas que apunta é que “antes de calquera cambio real neste área, os gobernos teñen que reparar inxustizas de acceso a Internet” para que non haxa cidadáns de primeria e de segunda, en función do súa particiación na rede. O máis interesante é que unha política sexa tan claramente crítica cos seus colegas e co mesmo sistema de funcionamento do parlamento (neste caso australiano). Non me imaxino no noso país falando con tanta precisión da falla de transparencia informativa, de ineficacia na administración pública e da necesidade de tomar conciencia destes novos medios.

Impresións dun alfabetizador

Manuel Recio é un alfabetizador dixital. Apelidos (coma digo eu) e tíduos a parte, é un compañeiro (discreto no seu traballo) que vai recorrendo pobo a pobo, cidade a cidade tódolos municipios adheridos ao programa de participación cidadá www.cidadans.net. Así, ten ás súas cóstas encontros personales con políticos dende Chauchina (Granada) a Llodio (Álava), pasando por Soria, Valencia de Don Juan (León), Mocejón (Toledo) e un cento máis de municipios. Obviamente, persoa con tanto día a día ten cousas moi interesantes que contar:

Por exemplo cómo reaccionan os diferentes alcaldes cando, portátil en man, se lles presenta falando de que gracias a Internet poden fomentar a participación dos seus cidadáns no municipio. Non hai máis que velas caras para dicir que cada lugar é un mundo.

Dende “Se eu son moi democrático” e despois elimina do foro tódalas propostas dos cidadáns que non lle son afín ata unha innumerable lista de políticos que, por vergoñan, non din que non teñen idea de cómo se prende un ordenador.

Esta é a labor do noso alfabetizador. A de tratar de dicirlle a cada un dos políticos cómo facer que o seu municipio sexa máis democrático escoitando a opinión dos seus conveciños. Cada visita, cada alcalde, cada político é unha anécdota (conste que algunhas moi positivas), pero todos aqueles que queirar saber máis destas anécdotas quixotescas non deben perderse os “Cadernos do alfabetizador” que tras cada visita vai deixando en cada municipio. Algúns dos mellores son os de Aguilar de Campoo, Alcañices ou Villaralbo. Todo un mundo por descubrir.

Brión e a súa praza pública

Hai proxectos en Galicia que aínda están por descubrir. Tal é o caso de Infobrion.com. Unha iniciativa froito da cooperación de investigadores, técnicos e profesionais da nosa universidade de Santiago de Compotela, do Concello de Brión e de varios centros educativos da locadlide.

Infobrion.com ten, entre os seus obxectivos, acadar que “O Concello de Brión sexa un espazo con visibilidade na Internet e que tódolos seus veciños poidan acceder ó emprego das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación”. Tal iniciativa no cabe en cabeza nengunha que non sexa merecedora nin dunha soa cita na páxina web do municipio de Brión. Despois de navegar polas dúas páxinas web unha ten que decir: ¡Obviamente a iniciativa primeira é o resultado dun grupo de cidadáns interesados!

Unha das seccións máis interesantes, dende o meu punto de vista, é o da “Praza Pública” e, certamente, neste espacio calquera persoa que teña algo interesante que dicir de Brión pode suxerilo neste foro. Así, hai intereses de tódolas cores: ¿Cómo podemos dinamiza-lo asociacionacionismo cultura no noso concello? ¿Qué opinas da banda de música de Brión? E outros debates para os cidadáns.

Esta claro que as iniciativas cidadáns, neste mundo da democracia dixital, están tendo moita máis forza que calquera outra (básicamente das que proveñen dos políticos). Infobrión.com é unha mostra máis de que os gobernos van lamentablemente varios pasos por detrás das demandas da sociedade.