Feb 6, 2006 4
Mulleres nos medios de comunicación
Hoxe a Xunta de Galicia asinou un “Acordo Galego pola Igualdade nos medios de comunicación: un compromiso de loita contra todas as formas de discriminación social“. Paradóxicamente, entre a lista de asistentes (representantes dos medios de comunicación galegos) únicamente aparece unha muller ¡de 22 xefes só unha muller! É unha mostra de cómo está o tema en Galicia. E teño entendido que son estes representantes os que van a “denunciar as opinións, actitudes, comportamentos ou decisións que promovan, inciten ou apoien o racismo, a xenofobia e a discriminación”, entre as que están as sexistas. Humildemente, cóstame pensar que vai ser verdade….
Pode que Rita Penedo pensara o mesmo cando se veu esta mañá no medio de 21 homes que firmaron este acordo. Obvio que todos estes varóns terán boa predisposición para cumprir o que hoxe firmaron. Pero non se pode deixar pasar unha crítica a esta situación.
O problema é que esta situación é extensiva a todo o territorio galego. Algo que non sé da en Cataluña, en Andalucía, no País Vasco…
É unha bagoa que as mulleres teñan tan poucas oportunidades en Galicia. Por iso máis de unha temos que emigrar. Igual que o fixeron os nosos país uns anos antes, e os nosos avós anteriormente.
Rita seguramente hoxe fixo historia. Oxalá que de aquí en adiante se siga escribindo en femenino e en masculino.

Recent Comments