Tui e Valença: unha comparación das webs municipais

A suxestión de Iván Rodríguez, e coa súa colaboración, fixemos unha discreta análise entre as páxinas web oficiais de dúas localidades: unha galega e outra do próximo Portugal. Por cuestións de semellanzas de poboación e industriais (ambas turísticas, próximas xeográficamente, entre outras variables) eleximos a pontevedresa de Tui (16.680 habitantes) e a lusa de Valença (14.187 habitantes).

A análise plantexada partía das seguintes cuestións:

1. ¿A páxina web é sinxela de atopar?

2. ¿A páxina web é fácilmente navegable?

3. ¿É accesible?

4. ¿Ten información turística (dirixida á visitantes)?

5. ¿Ten información municipal (dirixida á cidadanía da localidade)?

6. ¿Está actualizada?

7. ¿Permite alguna forma de participación da cidadanía?

Algúns dos resultados son os seguintes:

1. Para saber si as respectivas páxinas web son doadas de atopar, fíxose unha primeira búsqueda a través de google. Tanto no caso de Tui como no de Valença o resultado foi óptimo no primeiro intento.


2. Ao abrir á páxina web de Tui o resultado foi unha presentación ‘flash’ e a continuación nunha xanela coa mensaxe de “En construcción“. A esquerda aparece un menú con ligazóns a ‘Turismo’, ‘Visítenos’ e ‘Varios’. Cabe mencionar que a páxina só se pode consultar en castelán (o ‘botón’ da versión en galego e inglés non funcionan).

No caso de Valença a páxina web tamén se abre cunha presentación e a continuación aparece unha xanela con varias mensaxes, cabe suliñar que os textos (que se moven de forma parpadeante e de dereita a esquerda) así coma algunha das imaxes dificultan a lectura. A esquerda aparece un menú con ligazón a ‘Administraçao municipal’, ‘Freguesias’, ‘Valença em noticia’, ‘Actividade Económica’, ‘Museus’, ‘Turismo’, ‘Desporto e Lazer’ e ‘Links’.


3. En canto a accesibilidade das respectivas páxinas, cabe dicir que nin a web de Tui nin a de Valença teñen versións adaptadas para persoas discapacitadas.


4. No que se refire a información para o cidadán / a cidadá alleo/a á localidade, o sitio web de Tui ofrece información tanto de lugares de interese para visitar como outra información relativa a restaurantes, alugamento (‘en construcción’), etc. O mesmo acontece coa páxina de Valença, onde tamén se tope atopar información sobre alugamentos, restaurantes, rutas turísticas, etc.


5. Da información que o Concello de Tui ofrece ós seus cidadáns a través da páxina web pódese mencionar a seguinte: ‘Tui hoy‘ (en construcción), ‘Agenda‘ (con información relativa ó ano 2005), ‘Cultura‘ (con información relativa ós horarios e datos de contacto do Museo Diocesano, Museo Catedralicio e o Centro de Interpretación da Natureza), ‘Organigrama do Concello’ (non funciona a ligazón), ‘Noticias‘ (sen información), ‘Callejero’, ‘Cámara de TVG’, ‘El Tiempo’ e ‘Loterías’ (con ligazóns a outros sitios web).

En canto a información que a Câmara Municipal de Valença ofrece os seus veciños a través da web suliñamos a seguinte: ‘Administraçao municipal‘ (onde o cidadán pode atopar información dos membros da corporación municipal, así como reglamentos, requerementos -non funciona o enlace- e contactos das diferentes institucións municipais). Asemade, pódese atopar información (turística, adminsitrativa, xeográfica…) das distintas freguesias que compoñen o municipio, noticias, e outra información coma enderezos deportivos ou de polígonos industriais. Hai que ter en conta que a páxina web de Valença abre (na primeira xanela de información) con datos relativos ó orzamento de Valença para o 2006 e con información da recalificación do municipio.


6. ¿Está a información actualizada? Na web de Tui non parece que haxa actualización máis alá da creación da mencionada páxina, mentres que no caso de Valença a última actualización data do 26 de xaneiro.


7. Sobre as posibilidades de participación cidadá da páxina web, pódese dicir que nin o sitio de Tui nin o de Valença ofrecen posibilidades de interacción cos veciños (foros, chats, etc.) Pero, a diferencia de Tui, na web de Valença sí aparece publicado un amplo directorio de enderezos electrónicos, postais e contactos telefónico. No caso de Tui nin sequera aparece un contacto co administrador da web.


Non é xusto con este rápido estudo facer unha conclusión consistente pero sí se pode apuntar, despois desta visita as dúas webs municipais, que a páxina de Valença está dirixida máis o cidadán da localidade que ó turista, ó contrario que a páxina de Tui.


Esta é unha idea. Sería interesante ver se esta hipótese é extrapolable a maioría das webs municipais galegas e portuguesas.

¿Participación cidadán no Congreso?

O Congreso de Deputados ven de adxudicar a Indra e a Telefónica a parte máis voluminosa do seu “Plan de Modernización”. O tema vai ter un coste duns 13,946 millóns de euros.

Logotipo del Congreso grande Segundo informou Europa Press, con este plan preténdese situar á Cámara Baixa nos dous próximo anos nun nivel alto de excelencia dentro do sector público e da administración electrónica española. Pero para facer isto o Congreso pretende investir ata 17 millóns de euros daquí ó 2007.

Ademáis, segundo as mesmas fontes, pretende que os cidadáns accedan ó Parlamento e se impliquen na actividade parlamentaria. Es isto tradúcese en que “particulares e organizacións privadas poderán utilizar servicios interactivos e participar nalgúns procedementos parlamentarios”. Incluso poderán enviar as súas propostas e peticións, intervir en foros políticos e comunicarse cos parlamentarios de forma rápida e eficaz.

Sinto dicir esto, pero moito me temo que estas palabras non deixa de ser un discurso político, e que, o peor de todo, é que aínda que se intente non vai ser posible por unha razón que xa ven denunciando José Luis Dader dende fai bastante tempo: Os parlamentarios non responden ós correos electrónicos dos cidadáns ¿por desinterés? ¿por falla de tempo? ¿por descoñecemento?

Aí queda a dúbida. Se daquí a un tempo calquera cidadán pode intervir na vida parlamentaria, pode escribirlle un correo electrónico a un parlamentario e -o qué resulta moito máis increíble- que este representante político lle responda, entón retificaréi todo canto aquí queda dito.

Mulleres nos medios de comunicación

Hoxe a Xunta de Galicia asinou un “Acordo Galego pola Igualdade nos medios de comunicación: un compromiso de loita contra todas as formas de discriminación social“. Paradóxicamente, entre a lista de asistentes (representantes dos medios de comunicación galegos) únicamente aparece unha muller ¡de 22 xefes só unha muller! É unha mostra de cómo está o tema en Galicia. E teño entendido que son estes representantes os que van a “denunciar as opinións, actitudes, comportamentos ou decisións que promovan, inciten ou apoien o racismo, a xenofobia e a discriminación”, entre as que están as sexistas. Humildemente, cóstame pensar que vai ser verdade….

Pode que Rita Penedo pensara o mesmo cando se veu esta mañá no medio de 21 homes que firmaron este acordo. Obvio que todos estes varóns terán boa predisposición para cumprir o que hoxe firmaron. Pero non se pode deixar pasar unha crítica a esta situación.

O problema é que esta situación é extensiva a todo o territorio galego. Algo que non sé da en Cataluña, en Andalucía, no País Vasco…

É unha bagoa que as mulleres teñan tan poucas oportunidades en Galicia. Por iso máis de unha temos que emigrar. Igual que o fixeron os nosos país uns anos antes, e os nosos avós anteriormente.

Rita seguramente hoxe fixo historia. Oxalá que de aquí en adiante se siga escribindo en femenino e en masculino.

 

Un estudio indica que as páxinas web dos municipios galegos non contemplan ferramentas para permitir a participación dos cidadáns

Acabo de descubrir un interesantísimo estudio que RedeGalega.org ten publicado no seu sitio web. Nel, faise unha analise da presencia das páxinas web dos concellos galegos. Xornal.com publica unha a noticia que dí: O I Informe Técnico sobre a presenza dos concellos galegos en Internet, realizada por RedeGalega, tira como unha das súas conclusións que a “práctica totalidade dos webs municipais galegos, incumpren algunha lei”. Tras rastrear as súas 378 páxinas para saber qué se di sobre a participación ciudadán o resultado é o, lamentablemente, esperado: prácticamente inexistente.

 

Neste estudo a organización explica que por participación cidadán entende:

“Neste punto estudamos se o concello fornece algún sistema (típicamente algún foro ou taboleiro de mensaxes) que permita o contacto horizontal, o debate democrático cos cidadáns, a realización de suxestións, a resposta pública dos responsables municipais, etc. (a participación política, en definitiva). Entendemos aquí que un simple formulario de envío de suxestións ou de preguntas que non fiquen reflectidas nin contestadas públicamente é insuficiente neste sentido, así como a mayoría dos libros de visitas.

Según estos datos, a modo de exemplo, de toda a provincia de A Coruña só o Concello de Ames, Ferrol, Rois e Santiago cumplen con este parámetro de participación cidadán. Una cantidade moi simbólica ó lado de todo o conxunto.

Como apreciación personal, teño que engadir que a pesar de que a páxina web de Sada, segundo o estudio referido, non contempla ningunha ferramenta de participación cidadán a través da red, este municipo coruñés está adherido a un proxecto de participación cidadán onde o alcalde, os voceiros dos grupos municipais con representación no pleno, as asociacións interesadas e os mesmo veciños danse cita nun espacio virtual para debatir sobre cuestións relacionadas co seu Concello. E na mesa página web de Sada aparece un vínculo para acceder a este foro de participación cidadán.