Máis Taller Web 1.0

Non falla. Todos os compañeiros que nos demos cita os pasados días 19 e 20 de xaneiro en Vitoria falamos hoxe do mesmo: da grata experiencia que foi traballar en equipo sobre un mesmo obxectivo, co nome de Taller Web 1.0 . Comenzo o repertorio de citas, xa que todas elas -aínda que co mesmo tema- teñen o seu toque persoal entorno a idea traballada ó carón de Mentxu Ramilo. Obviamente, tratáronse temas de participación e se algo me quedou máis claro é que realmente para as institución tratar este aspecto na súas páxinas Webs é un tema moi delicado, por non dicir tembloroso.

En termos de participación, Jon Gómez Goikolea demostroume ser un claro exemplo de aposta pola participación nas institucións públicas, nin máis nin menos que no Parlamento Vasco (prometo desta seguir as súas recomendacións con Saphiro). Non sen razón, Jon -na proposta final para as administracións públicas- recomendou que os representantes políticos asumiran “a participación cidadán coma obxectivo”.
Tamén me quedo cas reflexión de Lorenzo Cotino cando no debate da participación “si”, “non” ou “como” apuntou que as administracións non debe confundir a participación con publicar un enderezo de correo electrónico nas súas Webs. Pareceume un recordatorio obvio pero, lembrando algúns dos sitios webs institucionáis polos que naveguei recentemente, pensei que efectivamente as administracións non o teñen tan claro.

Ademáis de Goikolea e de Cotino, había moita máis xente: Xuntas Xerais, Concello de Vitoria e un largo etcétera, que arroupado por compañeiros coma Xavier Fernández, Carlos Guadián, Roc Fages, Bell Llodrá, Clara M. Chu e moitas outras personas que, coa inestimable axuda da cidadanía, deronlle forma ó Decálogo de Vitoria-Gasteiz.

Agora, só resta ir a polo Taller Web 2.0…