Dec 15, 2005 0
A participación cidadán na web do Parlamento de Galicia
Quixera facer unha mención especial á páxina web do parlamento galego: www.parlamentodegalicia.es, un dos principias órganos de representación cidadán da nosa comunidade. Un portal cheo de información cumprimentada de actividades e novas dos representantes galegos. Inclusive se pode seguir o debate dos orzamentos para o ano 2006 no parlamento mediante arquivos audiovisuais. Una ferramenta de información aceptable pero de participación nula.
Ademáis de información institucional –moi importante porque en moitas ocasións os cidadáns nos sabemos con exactitude qué tarefas desempeñan as nosas institucións- así como da composición actual –e datas precedentes- dos parlamentarios, tamén se pode acceder ao Boletín Oficial de Galicia, a emisións audiovisuais en directo e arquivos, entre outra información de interese.
Sen embargo, non existe ningunha posibilidade de que os cidadáns se comuniquen cos seus parlamentarios a través desta páxina web. A diferencia doutras comunidades autónomas –poño por exemplo os parlamentos vasco, andaluz, extremeño, as cortes de aragón, entre outros- os parlamentarios galegos non teñen publicado un enderzo electrónico (só un teléfono de centraliña por grupo parlamentario ou un número de fax) para recoller as suxestións e comunicacións dos seus representados.
É, sen dúbida, unha reflexión para a “nova” composición. Se onte apuntábamos que os galegos son os que menos se conectan a Internet dende os fogares, en relación cos cidadáns das outras comunidades españolas, unha das liñas de estudo é ¿Ofrecen os nosos representantes oportunidades ou motivación para iso?
Como referencia propoño una análise que José Luis Dader levou a cabo sobre a relación dos cidadáns a través do correo electrónico cos membros do Congreso dos Deputados é qué leva por tíduo: Sólo el 17,4% de los parlamentarios españoles responde a los e-mails de los ciudadanos.
PD. Sería pola miña banda inxusto non indicar que na páxina web do parlamento galego publicase un número de teléfono, un fax é o enderezo electrónico do webmaster, a que matizo que enviei unha consulta relativa aos enderezos electrónicos dos parlamentarios e aínda non tiven resposta.
Recent Comments