Dec 3, 2005 0
Partidos pequenos e grandes redes
Un dous autores que más me fixo reflexionar neste mundo da “invasión” tecnolóxica foi Cass R. Sunstein quen plantexa que cando os individuos están desorientados na rede -por exemplo, cando buscan información en Internet e síntense saturados- tenden a refuxiarse nos grupos ou comunidades cas mesmas ideas. Desta forma, cando o individuo únicamente se relaciona con membros de estos grupos prodúcese o que o autor denomina “polarización de grupos”. É dicir, sen estar en contacto con ideas diferentes ás propias o individuo só escoita as mesmas, introdúcese nunha especia de caixa de resonancia e tende a volverse máis extremista na súas opinións.
O que plantexa Sunstein é que a saturación de información pode abortar as posibilidades de deliberación entre os cidadáns nun sistema democrático. Este profesor da Universidade Chicago considera que as personas teñen que estar en contacto con outras ideas e opinións diferentes ás propias para que o individuo se expoña a diferentes informacións e opinións e así podan acceder a unha información variada e ampla.
Isto que parece algo obvio non o é tanto. De feito, a modo de exemplo, ó ler a Sunstein lembrábame dun autor portugués que denunciaba que os actuáis sistemas político só favorecían o bipartidismo, as posibilidades de elección reducíanse a dúas xa que as demáis quedaban cunha representación tan miúda que á hora de representar ós cidadáns reducíanse a mínima expresión.
E pregúntome ¿Favorecerán estas novas tecnoloxías este bipartidismo ou polo contrario fará que os partidos políticos máis pequenos poidan ter agora más representación na sociedade?
Recent Comments