Martes 29 de Noviembre de 2005

Máis Internet para os representantes

Navengado volvín a atoparme, por casualidade, cunha información dos "pupitres dixitais" do Congreso dos Deputados que xa están funcionando. Pregúntome se a estas alturas "sus señorías" seguirán igual ou máis conectados que fai uns meses.

Posted by eva at 23:25:10 | Permanent Link | Comments (1) |

Lunes 28 de Noviembre de 2005

A verdadeira revolución faise en silencio

Os pasados días 10 e 11 de novembro tiven a sorte de volver a encontrarme cos meus compañeiros "dinamizadores de Centros Guadalinfo" da rede que se extende por Andalucía. Ademáis das anécdotas e pormenores, nesta cita "Encuentro de Dinamizadores Guadalinfo" algúns deles deron conta das súas pequenas accións que día a día fan nos seus centros: lugares onde a xente se conecta gratuitamente a Internet e, ademáis, pode recibir cursos e orientación. As personas que están ó cargo desta rede de centros andaluces son os dinamizadores que teñen como tarea silenciosa a tan soada "alfabetización dixital".

Posted by eva at 23:09:05 | Permanent Link | Comments (3) |

Sábado 26 de Noviembre de 2005

¿Qué pasa na política galega coa tecnoloxía?

Gracias a un traballo en colaboración coa miña colega Mentxu Ramilo para ver o índice de implicación dos parlamentarios autonómicos en termos de participación cidadán, teño a sensación de que Galicia é unha das comunidades menos animadas no desenvolvento do que os tecnócratas veñen a chamar "democracia electrónica". Para iniciar esta análisis fixemos previamente un estudo do estado da cuestión en Galicia. O resultado: Nada alentador. Iremos dando conta do mesmo puntualmente.

O certo é que creo que falla a "promoción". Por exemplo, nas pasadas eleccións autonómicas Galicia dou un salto neste aspecto e incorporouse, segundo a miña visión, no tren das novas tecnoloxías. Sen embargo, nadie dixo nada, nadie fixo nada.Nen sequera os propios protagonistas seguiron o camiño.

Aínda que o resultado deste traballo que fixemos desta campaña electoral -análisis das web dos partidos e dos candidatos que concurrían ás eleccións- está pendiente de publicación non me resisto a contar algunhas das conclusión as que chegamos.

Posted by eva at 15:56:39 | Permanent Link | Comments (4) |

Outros investigadores

Posted by eva at 00:04:21 | Permanent Link | Comments (0) |

Viernes 25 de Noviembre de 2005

Os novos medios tecnolóxicos e a participación cidadán

As tecnologías da comunicación cibernética ou electrónica  introducíronse xa na vida política e aínda que non existe unanimidade de criterios á hora de denominar esta realidade –“democracia dixital”, “democracia electrónica”, “e-democracia”, “ciberdemocracia”- nin tampouco á hora de describir as súas características, os defensores da participación cidadán na vida pública viron nestas ferramentas tecnolóxicas unha nova oportunidade para devolver parte do control da xestión pública ós cidadáns.

Os novos medios tecnolóxicos supoñen unha revolución nos sistemas democráticos occidentais básicamente por dúas razóns: porque o cidadán pode obter unha maior cantidade de información e, en segundo lugar, porque pode comunicarse directamente cos seus representantes.

A pesar das posibilidades instrumentais que ofrecen as tecnoloxías para a información e a interacción, os analistas do ámbito da comunicación política poñen en dúbida que na práctica estas dúas accións podan levarse a cabo polas seguintes argumentacións:

A) No  que se refiere ó acceso directo dos cidadáns á información plantease que os cidadáns non teñen o suficiente interés na política. Existe unha amplía maioría que non está interesada en invertir tempo e esforzo en buscar información e en contrastala, prefiren que os políticos se ocupen destos temas. Sen embargo, para o sector da cidadanía que realmente está interesado en formar parte da vida política estas ferramentas tecnolóxicas supoñen un gran avance na búsqueda de información e nas posibilidades de deliberación. En termos xerais, Internet e os novos medios non van a facer que á gran maioría lle xurda un repentino interés pola política pero sí son un valioso avance para os cidadáns realmente interesados nas cuestións públicas.

B) Outro dos temas latentes é que os cidadáns non contan coa suficiente información para que poidan informarse dos temas políticos coherentemente. Por exemplo, as administracións son moi celosas á hora de expor informacións nas súas páxinas web e os gobernos seguen aínda moi pouco preocupados por garantir o dereito dos cidadáns a acceder á información. É preciso mencionar, tamén, os problemas da organización da información na rede que pode ocasionar que os cidadáns non consegan a documentación que buscan e poden facilitar que os individuos se refuxien nos grupos ou comunidades que teñen as súas mesmas ideas de forma que as súas relacións se reduzcan únicamente á daqueles que pensan e actúan igual. Así, poderíanse abortar as posibilidades de deliberación entre os cidadáns dun sistema democrático que precisan coñecer argumentos diferentes para acadar un consenso equilibrado. Por iso, moitos dos expertos nestos temas valoran o papel dos medios de comunicación porque consideran que garantizan que os individuos se expoñan á informaciones e opinións diferentes ás súas.

C) Un dos anhelos da participación cidadán é a interacción entre os gobernados e os gobernantes. E, a pesares de que as ferramentas tecnolóxicas facilitan o diálogo, a maioría dos analistas consideran que a interacción está moi lonxe de ser un modelo de comunicación porque a maioría dos contidos políticos de Internet están concebidos por unha minoría que controla tanto as mensaxes coma a dirección da comunicación. En definitiva, que os discursos sexan ou non bidireccionais depende de si os políticos teñen en conta ou non as opinións dos cidadáns. A maioría dos poderes políticos utilizan as súas páxinas web coma elemento de promoción en lugar de facilitar debates entre os cidadáns.

En conclusión, Internet e as outras ferramentas tecnolóxicas ofrecen novas posibilidades de participación ós cidadáns realmente interesados na política, pero existen aínda moitas limitacións para que poidan levarse a cabo, ben pola responsabilidade do propio individuo (que non ten coñecementos ou non ten interés) ou ben polos representantes que amosan máis interés en utilizar os novos medios para seguir dirixíndose á poboación coma colectivo uniforme que coma cidadáns con razóns.

Posted by eva at 19:42:20 | Permanent Link | Comments (0) |