Abstención
Despois dos resultados electorais os dous grandes partidos políticos desta democracia nosa anda rifando porque quen gañou as eleccions. Parece incríble pero como xa apuntaban algúns medios de comunicación "todos gañaron". A min dame un pouco de mágoa ver que ningún dos principais políticos fixo alusión a enorme abstención nestes comicios municipais.
O PSOE tivo 7.758.093 votos (en total)
O PP, 7.914.084 votos
E nada menos que 12.773.269 cidadáns non votaron.
Alem de causas externas a vontade dalguns, un gran número destes cidadáns non votou por desinterese, por non estar conforme coas alternativas e por outra serie de razóns semellantes.
Supoño que, canto menos, este dato merece unha reflexión e unha explicación dos nosos políticos..
