Viernes 18 de May de 2007

Recopilando programas electorais....

Levo varios días afastada da realidade virtual tratando de dixerir unha chea de programas electorais para ver que tipo de contratos me ofrecen firmar estos políticos. Fixen unha pequena proba e comprobei cantos dos webs dos partidos que se presentan as eleccións na cidade de A Coruña e na de Madrid tiñan publicado o seu programa electoral. A verdade é que só uns cantos (IU de Madrid, por exemplo) tiña algunhas dicas pero non o programa completamente colgado, salvo o PSOE á Comunidade de Madrid.

 A segunda proba foi enviar un e-mail solicitando o programa a aqueles partidos que non o tiñan colgado e... Despois dunha semana e media todos os partidos de A Coruña me remitiron o programa e de Madrid só IU. Os que mandaron o programa fíxeronno dentro dos tres primeiros días e dende entón estou lendo o contido deles para ver qué ofertan.... (democracia competitiva

Estiven tentada a enviar un e-mail a algunos dos meus colegas para ver cantos deles van votar e cantos leron o programa electoral dos respectivos partidos. Logo  pensei que sería un pouco malvado, nada máis que para calmar a miña curiosidade así que sumín da prática, ainda que conservo a curiosidade. Sería interanse ver cantos dos cidadáns len os programas electorais, tendo en conta que ésta é a día de hoxe a única prática participativa que temos nesta democracia e os programas son contratos que os políticos se comprometen (digo comprometen) a cumplir.

Aparte dos contidos, este pequeno tanteo amosoume que os partidos canto máis grandes, canto máis "Aparato de partido" -como pode ser o caso do PP e do PSOE de Madrid- máis lonxe está do cidadán. Canto máis profesionalizado o político, máis lonxe do cidadán... Xa o dicía Sartori.

Seguirei lendo ainda que, unha vez máis, penso que xa teño decidido que vou facer nas próximas eleccións.

Posted by eva at 17:23:27 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario