Miércoles 02 de May de 2007

e-Democracia, e-Goberno & e-Administración

Unha das cuestións máis curiosas coas que me estou atopando na bibliografía sobre esta materia é que unha multitude de autores españois están relacionado os conceptos de e-democracia, e-goberno así como de e-adminitración cunhas estructuras piramidais que deberían ser discutidas.

Nun primeiro grupo están aqueles autores que colocan no pico da pirámide o e-goberno, e debaixo del figuraría a e-administración e a e-democracia. Nun segundo, son aqueles que parten da e-Administración no pico da pirámide e despois colocan o e-goberno e a e-democracia.

No terceiro, no que me ubico, están os que consideran que a e-democracia (tendo en conta que se establecen diferencias entre a e-democracia, a democracia dixital e a ciberdemocracia) e un sistema político que parte da idea de que o poder reside no pobo e a partícula "e" ven facendo alusión a aplicación das NTIC. Dentro desta idea, a democracia está constituido polo poder xudicial, polo poder lexistativo e o executivo. E sería precisamente neste último onde se ubicaría o e-goberno, aludindo ó presidente de goberno e os ministros (sendo o goberno nacional) e a e-adminitración, que abarca as institucións gubernamentais. Desta forma, a pirámide en sí debería ser a e-democracia, para facer referencia en calquera dos seus tres puntos os poderes nos que se sustenta.

Esta clasificación tan absolutamente simple non ven máis para tratar de racalcar que, na miña idea, non se pode dicir que a democracia dixital é a parte do goberno electrónico que permite a comunicación entre os cidadáns e os gobernos. Se é así, algo está fallando na intepretación básica do noso sistema político.

Posted by eva at 20:22:35 | Permanent Link | Comments (1) |
Comentarios
1 - Me gustaria comentar con todos vosotros, lo que Antonio Fumero ha denonimado "Diaspora Digital" http://antoniofumero.blogspot.com/2007/06/dispora-digital.html y jaime Estevez "Migraciones Digitales" http://nosotroslosmedios.blogspot.com/2007/06/las-migraciones-digitales.html uno de los fenómenos más curiosos y recientes que se dan en el marco de esa plataforma para la participación local de la ciudadanía. Nuevamente la bella localidad cordobesa de Montoro marca un hito en la red de redes. (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2007/06/05 - 21:55:10
Escribir comentario