Viernes 27 de Avril de 2007

Censura de comentarios en bitácoras de políticos

A raíz da última entrada desta bicátora (que por certo foi moi ben acollida no blogomillo) xurdíu un novo tema: Os candidatos borran comentarios dos seus blogs, Como se interpreta? Ese tema, polo que puiden ver, levanta críticas entre os cidadáns que pretenden que os políticos reciban no seu blog todo tipo de comentarios e que, por suposto, non os borren.

Pois ben, creo que é preciso distinguir entre a participación canalizada a través de institucións e a participación canalizada a través de grupos políticos.

É dicir, non é o mesmo un blog (ou otra vía de interacción) que se cree dentro dunha institución (un concello, unha universidade, un parlamento) para dar cabida a tódolos cidadáns (dunha ou outra tendencia ideolóxica, de diferentes pareceres e intereses) é outra cousa moi diferente é unha bitácora dun político onde ésta persona (ou grupo), como autor do mesmo poderá dar resposta ou non a tódolos cidadáns, pero dende logo non ten a obriga de representar a todo o mundo (para algo, na súa orixe, existen os partidos, con diferentes sectores de representados). O que está claro é que, por iso, os seus contidos do blog corresponden unicamente a ese político e é totalmente lícito que eles administren os comentarios que queiran recibir. Queiramos ou non, un blog é persoal, e como tal calquera blogueiro ten o dereito de facer na súa bicátora o que considere oportuno.

Así que, aínda que nos guste máis ou menos, penso que os políticos blogueiros non só non son criticables porque elimen ou non comentarios, senón que ademáis considero que moitas veces é incluso saudable que censuren aqueles comentarios que non aportan debate, nin ideas, só insultos con certa paixón e impulsividade.

Recoñezo que a miña postura pode ser tamén criticable, pero dende logo os que defendemos a participación cidadá somos conscientes de que un dos obstáculos principais parte da mesma cidadanía e da súa actitude (pouco) cívica para enfrentarse a estos procesos.

Posted by eva at 15:48:45 | Permanent Link | Comments (4) |
Comentarios
1 - Censura ou moderación de comentarios? A mesma palabra censura indica que algo non pode ser dito. E non estou dacordo con que sexa así na blogsfera.

Si tomamos o noso blog como a nosa casa dixital, a nosa principal representación na rede, considero que unha política de moderación de comentarios é necesaria: cada quen que diga o que queira, mais non na miña casa.

Dito esto, concordo coa separación que fas das ferramentas dos partidos e das ferramentas institucionais. E faime pensar sobre o que falamos hai uns días. Agora vexo que esa participación debe estar institucionalizada, debe ser realizada a través de ferramentas públicas e non dos propios partidos. Unha participación open-source. (Comment this)

Escrito por: Andrés at 2007/04/27 - 23:47:44
2 - Eu penso que se non temos Lista Abertas para poder votar ós que realmente nos interesan cando menos deberamos esixirlle Blogs Abertos ós que baixan á area da Blogosfera coa pretensión de que están favorecendo a Participación Cidadá...!

Non creo que un político abra un Blog Persoal... se é persoal entón que pintan as siglas do partido, os informes políticos por non falar dos MEDIOS ECONÓMICOS cos que se constrúen tales bitácoras e Sites... eu penso que deberan ter algo máis de vergonza allea cando nos están colando gato por lebre...? (Comment this)

Escrito por: Erasmo at 2007/04/29 - 20:39:07
3 - Tes razón Erasmo, é bastante contradictorio. Por unha banda temos uns partidos moi pechado (cunha democracia interna nula) e por outra temos uns candidatos que publican un blog e nos din que lles axudemos a facer o programa político (por exemplo, un dos candidatos de Noia, o meu pobo: http://rafaelgarciaguerrero.blogspot.com/). Na miña opinión, aínda non saben moi ben cómo agarrar ó tema de Internet e todo o que implica. (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/04/29 - 22:37:04
4 - Non só iso... senon que como de costumbre todo o que TOCAN remata por MORRER de INANICIÓN...!

Tiven a opotunidade de queixarme dos Blogs que non admitían comentarios libres e recibín dúas respostas de POLITICOS EN ACTIVO no mesmo sentido: recoñecían o TEMOR a ser crucificados polos seus opoñentes políticos se permitían comentarios...!

Lástima pero para eles esta era unha excusa suficiente... para mín é a corroboración da súa total falta de honestidade política e ata persoal...!

Por unha parte pido o VOTO para cambiar cousas... e logo digo que as túas críticas igual me poden perxudicar na miña CARREIRA POLÍTICA...!

INCONSISTENTES e timoratos no fondo todo fachada e pouco máis...!

 (Comment this)

Escrito por: Erasmo at 2007/05/20 - 20:52:39
Escribir comentario