Miércoles 28 de Marzo de 2007

Iso non é participación cidadá

Estaba claro que o máis repetido de "Tengo una pregunta para usted" iba a ser a anécdota do café (que por certo, foi a única pregunta que lle fixo ó presidente baixar á realidade e dar unha resposta minimamente comprensible nun marco netamente retórico). Se ben amosou o lonxe que están os representantes de nós (se  non saben canto vale un café, Como pensar que nos comprenderán co tema de Vivenda, de acceso a postos de traballo e toda esa chea de problemas cos que temos que loitar no día a día?).

Pero o tema non é o cafeciño, que xa lle sae a barola. Senón se podemos crer ou non que ese programa encaixa dentro do que se chama participación cidadá. Ante todo, a min gustaríame saber cales foron os criterios para selecionar a mostra e en segundo lugar quixera coñecer porque non había debate.

 En fin, para min un programa de pregunto e respondo o que queria no é "participación" e unha entrevista clásica, o único é que mudan os actores.

Con calma. Pero aínda non temos o que buscamos.

Posted by eva at 19:56:07 | Permanent Link | Comments (5) |
Comentarios
1 - A min pareceume unha proposta "antiga", que chega a España con 10 anos de retraso.

De verdade que RTVE non pode artellar unha verdadeira participación dos cidadáns? Con debate como ben dis, pero tamén usando as NNTT para potencia-lo contacto directo: chats? ferramentas tipo Chuza! para a selección de preguntas, ... propostas acordes cos tempos.

Mais, sabes? A pesar das reticencias do modelo e da vacuidade da posta en escea, por un momento sentinme contento de poder ver ó presidente ante "nós".

Será que en España, esta iniciativa sí é moderna. (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2007/03/29 - 16:34:38
2 - Oye riquiña,lo suyo es que te documentes y despues hagas el post.Sin saber los criterios de selección te arriesgas a decir que no es participación ciudadana.Muy propio de los que se dan de entendidos si. (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2007/04/12 - 16:06:30
3 - Estimado anónimo,
Quizás no hayas entendido el post, entiendo que está escrito en gallego y si no se comprende la temática del blog, agudizado por la lengua en la que escribo, puede dar lugar a malentidos. En cualquier caso, no creo que eso otorgue el derecho a nadie de opinar insultando. Te puedo asegurar que he seguido el proceso con mucha atención, y por eso digo que eso no es participación en los términos de deliberación que yo concibo la participación ciudadana en la política. (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/04/12 - 18:06:47
4 - "Ante todo, a min gustaríame saber cales foron os criterios para selecionar a mostra " tu te lo dices todo.
Yo no he insultado (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2007/04/13 - 08:53:02
5 - No meu entender, participación debe levar deliberación. E os cidadáns facían preguntas o político respondía outra cousa (o que lle parecera) e os cidadáns non podían replicar. Precisamente, fai poucos días repetiuse a experiencia nun canal madrileño coa presidenta da comunidade. Unha cidadá preguntoulle polo metro e ela respondou o que lle dou a gana, algo que por supusto non era unha resposta relacionada cos problemas do metro. Trato de dicir que con este formato non se "beneficia" por igual ó cidadán que ó político. (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/04/13 - 09:28:59
Escribir comentario