20 de Marzo de 2007

A rede non é un instrumento de democracia...

...(può anche esserlo, ma del tutto marginalmente) di Rodòta no seu libro Tecnopolitica. Aínda que utiliza esta idea para falar dun novo paradigama da democracia, a "democracia continua", creo que non está demáis descontextualiza-la para reflexionar sobre outra opinión que xa apuntaron diversos autores:

Seremos máis democráticos con Internet?

A idea parece evocar a un troco máis profundo có instrumental. Antes de falar dunha nova democracia -máis participativa e menos representativa- sería preciso repensar os fundamentos da democracia cidadá para ver se realmente a aplicación das TIC terá o seu lugar ou se, polo contrario, todo este discurso será unicamente un discurso sen sentido.

Posted by eva at 18:43:10 | Permanent Link | Comments (8) |
Comentarios
1 - ¿Y qué es eso de la democracia continua? ¿Puedes explicarlo? (Comment this)

Escrito por: Alorza at 2007/03/21 - 10:12:29
2 - Una explicación seria le llevó a Rodotà 169 páginas (si tenéis ocasión de leeros el libro no os lo perdáis, está en italiano pero no tiene difícil compresión) pero en resumen es algo así como una democracia continuada, lo contrario que una democracia representada cada cuatro años con un voto. No estaría mal, ¿verdad? (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/03/21 - 11:17:03
3 - Eva:
Intuio certo esceptitísmo nas tuas verbas, expresadas neste post.

Pero eu penso que a tecnoloxía, é unha actitude, ao mesmo tempo que unha ferramenta, que permite dotar de certa visibilidade dos pensamentos, en un entorno virtual, pero tamén audiovisual.

Hai moitas interpretacions co respecto da utilización das novas tecnoloxías, e o seu aporta a democrácia representativa. Outra cousa é pensar ( ou repensar) si estas poden facilitar unha democrácia deliberartiva, utilizando as TIC.

O que eu teño claro, é que todo irá en función da actitud, e tamén do exemplo que poidamos facer.

Unha aperta. (Comment this)

Escrito por: Enrique Castro at 2007/03/21 - 14:03:48
4 - Ola Enrique, sí que son un pouco escéptica en que unhas ferramentas por si soas poidan facer unha revolución da que se está falando (a modo de control dos políticos) pero son tremendamente optimista na vontade e actitude cidadá, ahi está a clave, na miña idea. Dicía Macquiavelo que unha multitude de individuos pode ser más forte cao Príncipe..
Parabéns polo teu novo blog! (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/03/21 - 14:35:42
5 - Sabes que a miña opinión é bastante optimista, aínda que ás veces se trate todo dun fenomenal exercicio de wishful thinking. Son consciente de que os cambios reais (fóra de early adopters) que Internet pode provocar van moito máis lentos. E son consciente igualmente que é moi probable que esta revolución non sexa máis ca unha "revolución simbólica", como dixo Mazzoleni.
Sendo realistas, nin eu me creo de todo esas cousas da ciberdemocracia plantexada como unha ágora plural e racional. Ou esa viable democracy da que xa falaba Michael Margolis en 1979, baseada nun intenso intercambio comunicativo.
Pero así e todo, penso que Internet facilita a comunicación (e iso non é pouco), e o debate, vía foros, comentarios, construción colaborativa de discursos. Ese é o vehículo, agora hai que conducilo. (Comment this)

Escrito por: zerovacas at 2007/03/21 - 22:59:21
6 - Respecto ó teu último párrafo, e ahí onde está a clave, a cuestión e Quen o reconducirá? (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/03/22 - 10:49:38
7 - Nós. Refírome aos cidadáns. Non falo dun novo sistema político, senón de que internet sirva como ferramenta para que os cidadáns se organicen e recuperen iniciativa. (Comment this)

Escrito por: zerovacas at 2007/03/22 - 16:54:29
8 - Entón.. estamos na mesma... Pierre Lévy: http://pt.wikipedia.org/wiki/Pierre_L%C3%A9vy (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/03/22 - 17:08:17
Escribir comentario