Martes 06 de Marzo de 2007

Interactuar co alcalde?

Que poderían facer os representantes dun muncipio mediano-pequeno para aproveitar Internet e achegarse ós seus cidadáns? Algo tan simple como intercambiar correos electrónicos, facer listas de correo para estar ó tanto de diversos temas ou, incorporar os instrumentos que utilizamos a miúdo na rede para interconectar a unha comunidade de veciños e representantes... En fin, sería interesante que a práctica de Jun  se extendera a outros municipios (o alcalde non só publica o seu enderezo electrónico na portada do web do Concello e, o que é máis importante, respondeos a unha velocidade envexable, senón tamén que se retransmiten os plenos municipais, entre outras iniciativas). Pero sendo conscientes destas limitacións, penso que con pouca vontade os alcaldes deste país poderían ir facendo algunha práctica ciberdemocrática.

Concordo plenamente con Lorenzo Cotino cando di que non hai que empezar a casa polo tellado, senón con pequenas mostras sociais e efectivas (non é preciso que agora todos vaiamos a votar por Internet, de pronto, sen recibir antes unha adecuación do tema, é preciso invertir noutras cuestión moito máis importantes que nunha empresa que faga todo unha infraestructura para emplear nun día). Sen esquencer que o fomentar a formación entre os non usuarios é fundamental para levar a cabo prácticas igualitarias.

En fin, falar de interacción cos representantes municipais cando en Galicia un bo número de concellos non teñen aínda páxina web, sen ir máis lonxe o meu concello, é canto menos irrisorio.

 

Posted by eva at 19:42:32 | Permanent Link | Comments (2) |
Comentarios
1 - Hola. Menudo xeito de actualizares o blog! Só sinalar que ata que os políticos non se decaten das potencialidades reais das NN TT todo seguirá igual. Abrirá un de cada cen un blog, que pechará pasadas as eleccións. Por certo, persoalmente non me gustaría que se perdese o ritual do voto en urna, malia que recoñezo que para os que estamos empadronados lonxe de onde residimos habitualmente é unha lata. (Comment this)

Escrito por: abobriga at 2007/03/08 - 18:21:23
2 - Ola!!! Sí, un xeito un pouco provocador.. foi premeditado ;) Non creo que se perda o ritual democrático do voto na urna, e máis, penso que os investimentos teñen que ir por outro lado. En canto ó tema de que os políticos se den conta... penso que aínda non se deron conta de que os internautas queremos algo máis que propaganda política. É dicir: non queremos que en precampaña se abran un blog e despois se esquenza de el para sempre, queremos que teñen un blog durante toda a lexislatura. En fin. Que se lles ve o plumeiro. Grazas e agora salto ó teu blog! (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/03/08 - 21:48:00
Escribir comentario