Domingo 04 de Marzo de 2007

Novas esperanzas, vellos mitos

As esperanzas que dende fai uns anos Internet está despertando na nosa sociedade xa non novas. E non porque sexamos pesados repetindo o discurso, senón porque algo similar ó que actualmente está alentado a Rede e outras ferramentas TIC é un sentimento moi similar ó que no seu momento -posiblemente- despertara a prensa, a radio e, como non, a televisión.

Todas estas ilusións de unha democracia na que os cidadáns estean máis implicados e máis activos, xa as motivaron, máis o menos intensamente, os medios antes citados.

Podemos pensar que hai agora algunha diferencia que posibilite un cambio realmente significativo de cara ós cidadáns, sen que se convirta nun instrumento máis para que os políticos determinen e controlen a interacción? Pode Internet facer algún cambio nesta democracia representantiva dos países occidentais? Que expectativas esperan cidadáns-usuarios e políticos con estos novos medios?

Por unha banda que dúbida cabe de que Internet é o novo canal-reto mediático dos políticos, como no seu momento o foron (e son) os medios de comunicación de masas, aínda que as posiblidades de Internet abren novas esperanzas: os cidadáns que dalgún xeito están presionando nesta canle pretenden unha participación continua, durante a lexislatura política, e non só co voto nas eleccións e referéndums. Abre, por tanto, un novo campo político menos tradicional aínda que igual de añorado noutras épocas, con novas ilusións e vellos tópicos.

Por tanto, é posible que no escenario político xurdan novas figuras políticas, como agora están os asesores de imaxen ou xefes de prensa, para dar cobertura ás demandas ciberdemocráticas.

Pero ben é certo que os políticos -nesta democracia competitiva e bipartidista- poden verse desorientados pola información e falta de control, entendido como agora se entende nas campañas electorais- xa que a Internet non copia, polo momento, ese bipartidismo que os medios de comunicación defenden e practican.

Pero tamén é certo que hai que ter en conta que os cidadáns véñense caracterizando pola súa escasa participación: "O talón de Aquiles das experiencias democráticas do noso tempo está constituido -segundo o parecer da maioría- pola apatía do cidadán indiferente á política e despolitizado. A maioría non se interesa pola política [...]", de Sartori.

Por iso, é preciso profundizar na cuestión e non deixarse levar polo encantamento destos novos medios. É necesaria máis formación política na cidadanía, e non me refiro ás agresivas e pesadas noticias que recibimos a través dos medios tradicionais, e sí no relativo a falta de compresión dos sistemas e funcionamento das institución. Do contrario o cidadán participativo será un cidadán aleatorio ou cuns intereses particulares definidos e ausente do sentido común.

Posted by eva at 19:39:20 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario