Martes 13 de Febrero de 2007

Congreso

Despois dun ano pasado moi axitado o 2007 comenzou agasallándome cunha ponte que me permitirá, polo momento, centrarme de cheo na investigación.

O certo é que dende agora véxome sumida nun proceso de invernación no que actualizar o blog non ten moita cabida, será que cando unha se pon a leer unha barabunta de artigos ten a sensación de que canto máis lee menos sabe daquilo que lee. En fin, son os síntomas que todos aqueles compañeiros que xa pasaron por isto me advertiron.

Como última idea, qué dúbida cabe que a ciberdemocracia ou democracia dixital está adquirindo moitas variantes. No meu caso, aposto por ver qué se está facendo na Internet Parlamentaria: espero nos vindeiros meses poder despexar unha chea de dúbidas que agora me envolven en forma de preguntas de investigación.

Posted by eva at 20:26:48 | Permanent Link | Comments (1) |
Comentarios
1 - ¡Ánimo Eva! Al principio puede ser un poco desesperanzador, pero en un mes te darás cuenta de los frutos recogidos y que van a más.
Mantennos al tanto de tus avances vía bog, vale?.
Abrazos desde Segovia (Comment this)

Escrito por: Ignacio at 2007/02/20 - 17:08:37
Escribir comentario