Miércoles 10 de Enero de 2007

Canto vale a miña identidade?

Levo uns días cavilando nun tema que se bem parece obvio preocúpame bastante. Nunca fun moi partidaria de rexistrarme naqueles sitios onde a unha -para enviar unha simple mensaxe ou expor unha opinión- ten que dar un tipo de información totalmente persoal e privada, entre ela o número do DNI.

O tema xa é moi antigo. Os cidadáns / usuarios temos o perigo de cometer atropelios (mentir, difamar...) ós nosos representantes que, indefensos, teñen que permanecer alerta de que esta información non se descontrole. Podo chegar a entender en determinados contextos que os cidadáns sexamos moi agrevisos e, sen unha prepación deliberativa previa, as consideracións sexan máis impulsivas que razoables. Pero aínda así, teño unha grande dúbida:

Que fai esta xente coa nosa información? Se me rexistro nunha páxina web dun municipio para enviar (mediante formulario, non vaia  ser que cun enderezo dun correo electrónico saturemos o buzoncillo do receptor) Quen ve esa información? Anda o meu DNI paseándose nas mans dos operarios de turno que, ó mesmo tempo, pode utilizalo para outras cuestións?

Noutros debates xa falamos de que esta información está protexida pola Lei de Protección de Datos. Pero sinto moito, non creo que sempre se cumpra. Quen controla que tódolos sitios onde se pide esta información se cumpla a Lei? Xa tiven acceso a algúns onde se di que se cumple e logo non é verdade.

Todo esto ven a colofón dunha noticia que saíu onte en relación a China. Obviamente non é comparable o tema pero o que trato de dicir é que nas sociedades coma a nosa, na que se di que a nosa identidade é libre, non é totalmente así. Cómo se xestionan os chamados portáis de participación cidadán onde o cidadán para participar ten que dar toda a información persoal xa mencionada?

Asemella ser unha peza máis que no argumento de que os políticos, polo momento, son os que seguen controlando o xogo da comunicación nesta ciberdemocracia.

Posted by eva at 07:08:43 | Permanent Link | Comments (4) |
Comentarios
1 - Eu tamén pensei no tema. O que está claro e que a versión máxima de 1984 pode vires a través desas pequenas medidas de control. Xa ves as leas que tiveron no UK por mor da tarxeta de identificación. (Comment this)

Escrito por: abobriga at 2007/01/10 - 12:08:44
2 - Falando de DNI y sobre todo de xestión dos portais de participación cidadá, ¿que ocorre en Portugalete? Hai unha xente dalí que anda facebdo blogs en moitos dos blogs dos cadernos cidadáns pedido axuda pola censura que din sofrir do Concello de Portugalete
Exemplo: ( http://vigo.cidadans.net/)
Non e o primeiro caso, ti xa comentaches o caso de Montoro.
Todo isto ven para confirmar que penso que Internet para os políticos non é mais que outra ferramenta de manter o cargo. (Comment this)

Escrito por: SANTIAGO at 2007/01/24 - 13:28:14
3 - Ola Santiago,
En primeiro lugar moi grazas polo teu comentario. O tema da participación cidadá no ámbito político é moi moi complexo. Eu xa non estou vencellada ó proxeto de CadernosCidadáns. Pero está claro que os políticos non abrirán nunca un portal de e-participación se non están seguros do que vai pasar (ben restrinxindo o ámbito de participación, ben moderando os portais). No caso que me plantexas pode ocurrir que se mezcla un moderador que segue diariamente os cadernos cuns cidadáns que teñen una forma de expresión un tanto peculiar. En fin, un tema moi complexo o que non podo dar resposta.
Pola miña banda, xa que e-participación é un tema moi amplo estoume especilizando na participación no ámbito parlamentario, traballando nunha investigación no Congreso dos Deputados. Espero que efectivamente Internet sexa algo máis que unha ferramenta para manter o cargo. (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/01/24 - 14:40:25
4 - Xeralmente cando teño que dar información provada para rexistrarme nalgo, o que fago é mentir. Así se explican os estranos spams que teño a veces. Despois na blogosfera case sempre vou a perfil descuberto, pois tampouco teño nada que ocultar e as miñas opinións na vida real son por todos ben coñecidas. (Comment this)

Escrito por: mendinho at 2007/02/08 - 20:15:31
Escribir comentario