Miércoles 03 de Enero de 2007

Parte hartu! e outras percepcións

O Parlamento Vasco acaba de poñer en marcha unha iniciativa (Parte hartu!, que quere dicir ¡Participa!) para achegar a institución ós cidadáns. A crónica de Iñaki en 'Administraciones en red' é realmente boa. A pesar de que a iniciativa non me chega de lonxe vou tratar de dar a miña opinón o máis obxetiva posible.

Ante todo creo que como acostuma a pasar nestes casos a idea sempre xurde por interés duns poucos que, a súa vez, teñen que loitar contra outros moitos. Por tanto, non creo que haxa que dar palmadiñas coma si a iniciativa estivese sendo un absoluto cumio pero dende logo creo que hai que tomala como referencia para poder seguir avanzando neste campo da participación cidadá.

Fai uns anos a Asamblea de Madrid promoveu unha serie de conversacións instantáneas (que duraron un ano) con diferentes deputados. Non tivo moita repercusión e quedou esquencida (así, a nova páxina web da Asamblea nin fala desta interesante iniciativa).

Por iso, imos ver:

É importante que os parlamentos traten de achegarse ós cidadáns. En primeiro lugar porque a maioría de nós non sabemos realmente as importantes funcións que estas institucións teñen para a comunidade. Se se abriran canles realmente interesantes de participación, as leis poderían estar participadas polos cidadáns.

Tamén é certo que esta idea require dar unha percepción de utilidade para o cidadán, que neste  portal pode quedarse pequena.

Pero é preciso lembrar que os principáis axentes que deberían estar implicados non parecen telo moi claro. Empezando polos medios de comunicación, seguindo polos políticos e seguindo polos cidadáns.

Unha das críticas que eu lle faría é que probablemente se esta idea partira do traballo colaborativo dende o principio os diferentes axentes tomaríanna coma unha idea propia e non coma unha allea que lle ven imposta. Cómo coordinar este traballo colaborativo é, obviamente, o verdadeiramente difícil. Pero a rede vennos dicindo que, en xeral, o imposto xera rexeitamento.

En fin, efectivamente podemos cuestiona-los fins, critica-la forma, e, sen dúbida, dicir que hai que mellorar. Pero todo iso recoñecendo o mérito das persoas que, dende dentro desta institución, poñen todo o interés e entusiasmo para que a participación cidadá vaia vendo a luz, sorteando máis obstáculos que incentivos. Sería unha mágoa que esta iniciativa perdera de ser un pasiño máis para seguir mellorando a ciberdemocracia neste país.

Posted by eva at 14:47:17 | Permanent Link | Comments (3) |
Comentarios
1 - Excelente comentario, Eva. Creo, como tú, que el parlamento Vasco ha emprendido esta iniciativa con buena voluntad y creo, como Iñaki, que no se ha sabido entender cómo interesar a la gente. Tú das algunas claves que dan en el clavo: "se esta idea partira do traballo colaborativo dende o principio os diferentes axentes tomaríanna coma unha idea propia e non coma unha allea que lle ven imposta".

Yo sigo con mi soniquete: ¿se han molestado los parlamentarios en escuchar las conversaciones que ya existen?, ¿han participado en ellas?, ¿cómo pretenden entonces que nosotros lo hagamos en su casa? (Comment this)

Escrito por: Alorza at 2007/01/03 - 15:08:11
2 - Alorza, qué rapidez! :-)
En mi opinión, los impulsores de esta iniciativa se encuentran con dos grandes frentes: implicar a los ciudadanos y a los políticos (probablemente de diferente partido al suyo). Lo primero han creído poder solventarlo con los medios de comunicación y con campañas a pie de calle pero lo segundo es más delicado. Además (y es sólo una idea personal) hay muchos políticos que no tienen, además de ni una pizca de interés de ceder parte de su terreno al ciudadano, tampoco idea de cómo se manejan las TIC, los ordenadores en concreto.
El Plan de Modernización del Congreso de los Diputados contempla un apartado que en mi opinión es FUNDAMENTAL: formación a los políticos. Puede sonar chirriante, pero es verdad. No podemos empezar a hablar de participación si los políticos están a años luz y utilizan el discursito de la Sociedad de la Información y la democracia participativa a través de las TIC como halo de modernización, pero con una profundidad absolutamente nula.
En este caso concreto yo creo (como tú) que hay muy buenos propósitos por parte de las personas del Parlamento que se han entusiamado con ello. Pero se encuentran con una serie de problemas que no serán fáciles de solucionar.
Eso, por hablar sólo de la idea teórica de la iniciativa. (Comment this)

Escrito por: Eva at 2007/01/03 - 17:06:21
3 - Se só para ler a prensa por internet xa treman moitos. .. (Comment this)

Escrito por: abobriga at 2007/01/10 - 12:12:42 in reply to: 2
Escribir comentario