Medios e blogs de políticos
Onte estiven no encontro Net.es 4 que conclúe hoxe en Madrid e da última mesa quédome cunhas reflexións que intercalaron Rafael Estrella e Antoni Rubí sobre a relación entre os xornalistas e os políticos a través dos seus blogs.
O certo é que Rafael Estrella fala cunha claridade do tema que se moitos dos seus (agora ex-) compañeros compartiran a visión o panorama da ciberdemocracia neste país sería moi diferente. Segundo dixo, nin os políticos están acostumados a utilizar o blog para crear contidos novos (a maioría deles que teñen un blog utilízano para colgar nel noticias ou artigos que publican nun periódico ou noutro medio) e os medios de comunicación non utilizan os blogs como fonte de información. Dicía Estrella a modo de exemplo que os xornalistas citan declaracións que recollen por outras fontes pero que nunca o citan como "según publica no seu blog". Ten razón. Os xornalistas famos moito de políticos con blog ou damos a noticia de cando un político crea un blog, pero a noticia queda ahí, despois non hai un seguemento para ver se o político publica algo noticiable no seu blog.
A esta idea interesante Toni Rubí engadeu unha idea ben clarilla: "Para iso, os políticos teñen que acostumarse a dar noticias a través das súas páxinas".
Efectivamente.
