Viernes 01 de Diciembre de 2006

Ciberdemocracia

Aínda que  non puiden ir ao II Congreso Internacional de alfabetización dixital de Extremadura sigo coas detalladas crónicas dos compañeiros blogueiros -Administraciones en red- o éxito deste encontro.

Tamén celebro de que pouco a pouco se vaia falando da ciberdemocracia, pois ata o momento era un dos termos menos citados entre todos os demáis (democracia dixital, electrónica, etc.) para tratar de definir a introducción das novas tecnoloxías no ámbito político.

Lembro que hai uns anos, cando estaba traballando no DEA (Ciberdemocracia, presupuestos teóricos y estado de la cuestión, según una revisión bibliográfica), algunhas das críticas que recibía era que non importaba cómo se chamase (non importaba a infinidade de termos que aludisen á realidade), senón a realidade en sí.

É incuestionable a importancia destos cambios que conlevan as novas ferramentas no ámbito social e político e, precisamente por iso, penso que é preciso tratar de delimitar o que, dentro dunha determinada comunidade, se entende por cada significante. Pola información consultada ó longo destos anos, para min ciberdemocracia non é exactamente o mesmo que democracia electrónica (por exemplo).

Para profundizar no tema recomendo a lectura dos diversos artigos que José Luis Dader escribeu sobre a materia. 

Posted by eva at 00:41:45 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario