Viernes 29 de Septiembre de 2006

Administración&Cidadanía

Esta mañá estiven na Casa de Galicia en Madrid na presentación da revista "Administración&Cidadanía" da Escola Galega de Administración Pública. Aínda que posiblemente non estaba previsto falar de goberno electrónico nin participación cidadá, o tema empezou no turno de preguntas e continuou despois.

Teño que dicir que foi moi interesante coñecer personalmente a Ramón Bouzas Lorenzo (que xa mencionábamos no mes de xuño) e, como non, a Guy Petters, con quenes puiden intercambiar algunha impresión da participación cidadá e os novos medios.

O Prof. Petters dixo algunhas ideas que quero apuntar aquí: "O goberno electrónico é un tema de moda [...] pero tampouco é a panacea", neste eido "ten os seus pros e os seus contras, por unha banda é unha forma de relacionarse do mesmo xeito cós cidadáns pero por outra banda" deshumaniza os servizos. "Así, pode ser moi incluinte pero por otro lado tamén pode xerar rexeitamento por parte dos cidadáns".

Posted by eva at 20:43:48 | Permanent Link | Comments (3) |
Comentarios
1 - querida eva;

aunque no hablo bien gallego, a lo mejor tú si puedes entender este video:

http://www.youtube.com/watch?v=Et6SVESpquI (Comment this)

Escrito por: emerson osvaldo velasquez at 2006/10/18 - 01:39:22
2 - Que ledicia atoparte e lerte!!! Supoño que non esquecerás os comezos na Coruña, aprendimos moito. Xa hai anos. ¿Lembras? Un bico (Comment this)

Escrito por: Silvia Rozas at 2006/11/06 - 00:34:07
3 - Silvia!!! Imposible esquencer toda esa etapa!!! Ainda lembro aquela primeira tarde....
o meu mail é: campos.eva@gmail.com, escríbeme e cóntame!
Moitos bicos fortes
 (Comment this)

Escrito por: Eva at 2006/11/06 - 09:24:50
Escribir comentario