Preparativos web para as próximas eleccións
Fai uns días, durante a Festa da Rosa do PSC, fixeime que o presidente do goberno apoiabase nun atril que
publicitaba o enderezo dunha páxina web: socialistes.org un detalle que, de aquí adiante, será algo máis que habitual: dende páxinas persoais (quizáis blogs) ata sitios web feitos expresamente para as campañas.
Case sen darnos conta xa é algo habitual que os políticos utilicen Internet como medio propagandístico. Cabe suliñar que isto non ten nada de malo e ata é algo totalmente lícito, o que xa non creo tan apropiado é que nos fagan creer que están fomentando formas de "participación cidadá", cando únicamente tratan de atrapa-la atención do usuario/elector para que proporcione o seu voto.
Curiosamente Internet adaptado as campañas electorais foi unha das accións que primeiro xurdiron dentro da vida política coas novas ferramentas tecnolóxicas. Foi no primeiro debate presidencial, no ano 1996 entre Bill Clinton e Bod Dole. Foi nese momento cando Dole fixo algo que ningún candidato tivera feito antes: anunciou o enderezo da súa páxina web e convidou ós cidadáns a visitala.
Nese ano 96 evidenciouse que Internet sería un componente significativo para as campañas electorais. A partir dese momento, os partidos políticos publicaron as súas propias páxinas web e os candidatos os seus diarios de campaña.
Nos próximos días proliferarán os blogs políticos e outras novidades webs que terán como obxetivo os vindeiros comicios. O que aconteza despois (o que permanezca despois) está por verse.
(Documentación: Richard Davis (1999) The Web of Politics)
